CHARLA POLA IGUALDADE, DA VOZ DE AMELIA TIGANUS- ( Dpto de Orientación e CIM de Ares)
Actividade do Plan de Igualdade
Este luns 13 de xaneiro de 2020 en horario de 16:00 h. a 17:40 h., na aula de UUMM, o alumnado de 4º curso de ESO dos grupos A e B, asistiu a unha charla na que se incidiu na importancia da educación para a prevención da violencia sexual e de xénero. A charla foi impartida por Amelia Tiganus baixo o título de “Prostitución y pornografía: violencia sexual comercial”.
Amelia Tiganus, nacida en Rumanía, actualmente reside en Euskadi. Despois de superar, hai doce anos unha vivencia persoal relacionada coa prostitución e a rede de trata, converteuse en activista feminista e realiza charlas e talleres en defensa dos dereitos humanos das mulleres. Escribiu numerosos artigos e un libro. O seu labor é recoñecido e no pasado mes de novembro de 2019, recibiu un premio por parte do Ministerio de Igualdade.
Esta actividade, que contribúe ao desenvolvemento do plan de igualdade deste curso escolar, está organizada polo departamento de orientación, en colaboración co CIM de Ares.