Admisión curso 2022-2023
PROCESO DE ADMISIÓN (SÓ PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO) - CURSO 2022 –2023
Este proceso estará regulado pola Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG. 15/03/13), polo Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG. 26/12/2012) reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e a Orde do 12 de marzo de 2013 de desenvolvemento deste, modificada parcialmente pola Orde do 25 de xaneiro de 2017. A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, introduce nesta varios cambios, entre outros, os que afectan os criterios de admisión e a súa ponderación e polo DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 29 do 11 de febreiro de 2022, páx 10558)
- Os postos escolares ofertados polo centro para o curso 2022-23 son os que se sinalan no Anexo I.
- O prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 1 e o 21 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
- No caso de proxenitores separados, divorciados ou non unidos por ningún vínculo legal, a solicitude ten que estar obrigatoriamente asinada polos dous titulares.
- Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro elixido en primeiro lugar. En caso contrario perderá os dereitos de prioridade.
- Se un alumno/a cambia de centro deberá comunicar a renuncia á reserva de praza no centro de orixe antes de matricularse no novo.
- Se houbese máis solicitudes que prazas nalgún nivel educativo, solicitarase a documentación complementaria para o baremo entre o 25 de marzo e o 15 de abril.
- Posteriormente publicaranse, segundo o calendario que aprobe a Consllería, as listas provisionais e as listas definitivas de admitidos/as.
- O alumnado poderán usar os servizos de transporte e comedor segundo a lexislación vixente, marcándoo no impreso de admisión e presentando logo a correspondente solicitude específica cando formalicen a matrícula.
PRAZO: Do 1 ao 21 de Marzo de 2022
LUGAR:
- Por Internet:
- Na aplicación Admisión alumnado da páxina web da Consellería (enlace adxunto).
- Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia
- Nas oficinas do centro educativo
DOCUMENTACIÓN:
Publicación no Portal da Consellería e na aplicación admisión de alumnado os Anexos:
- ANEXO II- ED550B-C- IMPRESO SOLICITUDE ADMISIÓN (castelá)
- ANEXO II- ED550B-G- IMPRESO SOLICITUDE ADMISIÓN (galego)
Outra documentación a entregar:
- FOTOCOPIAS DO LIBRO DE FAMILIA
- FOTOCOPIAS DO DNI DE TODOS OS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR
- SENTENZA DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO (se é o caso)
- XUSTIFICACIÓN DAS NECESIDADES DE ATENCIÓN EDUCATIVA ESPECÍFICAS (se é o caso)
- CERTIFICACO DE MATRÍCULA DO CENTRO ANTERIOR (se é por traslado)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
2022-4_InstruciónsAdmisiónPicadoSolicitudes.v.02.pdf | 112.67 KB |
VACANTES CURSO 2022-2023_20220225112035.pdf | 54.78 KB |
ED550B-G-20222023.pdf | 1.31 MB |
ED550B-C-20222023.pdf | 1.32 MB |