IV FEIRA : ECOESCOLARES

O luns, 6 de xuño, levaremos a cabo a IV Feira do Proxecto de centro: ECOESCOLARES. O nome foi  proposto e elixido por todo o alumnado do centro despois de informarlles que se ía a levar a cabo un proxecto  co tema Ecoloxía e Medioambiente.

Convídase a toda a Comunidade Educativa, e ao pobo de Ares, en xeral, a visitar a Feira que estará aberta ao público de 16:30 ata 18:00h. Agradecemos a colaboración do Concello, alumnado, persoal e familias do centro así como a todas as persoas que, desinteresadamente, puxeron o seu grao para o desenvolvemento do proxecto.

Consigamos, entre todos, que a Feira sexa un éxito!