FIN DE CURSO

Prezadas familias parece que foi onte cando comezabamos con tanto nerivosismo ante as novas normas, protocolos... de adaptación á situación polo COVID e xa estamos aquí co final de curso, un curso raro, extrano... pero,  non podemos estar máis contentos co vivido, comportamento exemplar do alumnado e profesorado; por eso agradecemos a todos o seu traballo e ás familias a súa comprensión.

Grazas por axudarnos a acadar os obxectivos dunha forma exemplar e desexamos unhas moi boas e merecidas vacacións!.

A organización das actividades fin de curso é a seguinte:

  • Día 21 de xuño:
    • Actividades lúdicas na Pista para o alumnado de infantil e primaria, durante o horario lectivo de mañá
    • Acto de graduación do alumnado de 4º de ESO- Retransmitirase en directo no Facebook ás 17:00h: Graduación Cuarto Eso As Mirandas

 

  • Día 22 de xuño:
    • Fin das actividades lectivas de todo o alumnado, coa entrega de notas ao alumnado de infantil e primaria- O horario será o habitual do centro.

 

  • Día 25 de xuño:
    • Entrega de notas alumnado da ESO ás 12:00h.