X Carreira Solidaria como Centro Embaixador de Save the childrens
Enviado por admin o Lun, 31/05/2021 - 13:56
Un ano máis e, xa van dez, celebramos a Carreira Quilómetros de Solidariedade no noso centro. Este ano, por mor das restricións debidas a pandemia :
- non puidemos facer o percorrido do alumnado e profesorado da ESO polas rúas de Ares
- non puidemos recibir ás familias do alumnado de infantil e da ESO no Pabillón educativo para o acto tan emotivo de solidaridade
Mais iso non foi motivo para que se volvese a transformar na festa da solidariedade, a Comunidade Educativa do CPI As Mirandas participou nas diferentes carreiras, actividades deportivas por todos os nenos e nenas que non teñen a mesma sorte que nós e que merecen unhas condicións mellores de vida, sobre todo neste tempo que estamos a vivir.:
- O alumnado e profesorado da ESO, o 21 de maio, participaron nunha carreira arredor da pista polideportiva coa colaboración da madriña da Carreira á que lle agradecemos a súa presenza como todolos anos, Paula Mayobre, así como a Deportes MARVI pola doazón das medallas da Carreira.
- O alumnado e profesorado de primaria, o 23 de maio, baixaron á praia para non xuntar aos grupos burbulla e acortar a distancia para non afogar coa mascara! A carreira fíxose ao aire libre nun día espectacular, e fixemos moitos xogos! Pasámolo moi ben, como se pode ver no vídeo que está abaixo.
- O alumnado de infantil, o 23 de maio, tamén correron polo patio de infantil por quendas dos grupos burbulla
">
Grazas a toda a comunidade educativa e aos que, dalgunha maneira, participaron nestes actos, esperemos seguir sumando e aportando cada ano o noso grao de area para que non se quede ningún neno e nena sen os seus dereitos máis básicos como a a educación e a sanidade.
»