MATRÍCULA - CURSO 2021-22
MATRÍCULA PARA O CURSO 2021-22
AVISO IMPORTANTE:
O horario da oficina administrativa para atención ao público no mes de xullo será de 10:00 ás 13:30h.
A PARTIR DO LUNS, 12 de xullo, PUBLICARANSE AS LISTAXES DO FONDO DE LIBROS E ESTARÁN A VOSA DISPOSICIÓN OS VALES DO MATERIAL.
INFANTIL E PRIMARIA:
- PRAZO: Do 20 ao 30 de xuño, só para o alumnado de nova incorporación ao centro (o resto matricularase automaticamente).
- DOCUMENTACIÓN: Sobre de matrícula a recoller no centro, a partir do día 22.
SECUNDARIA:
- PRAZO: Do 25 de xuño ao 10 de xullo (os/as que superen todas as materias ou promocionen ou titulen en xuño) e do 1 ao 10 de setembro (os/as que realicen a avaliación extraordinaria de setembro).
- DOCUMENTACIÓN:
- Sobre de matrícula con todo cuberto e asinado (entregarase ao alumnado o día 25 de xuño).
- Unha fotografía tamaño carné co nome e apelidos do alumno/a escritos por detrás.
- Para 3º e 4º da E.S.O. copia do ingreso na conta 2080-0211-61-3040003372de Abanca do importe do Seguro escolar (1,12 euros)
- Fotocopia do DNI.
SECCIÓNS BILINGÜES: As seccións bilingües, para o vindeiro curso académico son as que temos aprobadas: Plástica en 5º EP e Música en 1º e 3º de ESO
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS (TRANSPORTE E COMEDOR):
A utilización dos servizos complementarios de transporte e/ou comedor requirirá dunha solicitude específica (a disposición no centro ou na web do mesmo), que se entregará cuberta entre o 01 e o de 10 de xullo, para todos/as independentemente de cando se faga a matrícula.
IMPRESO PARA A SOLICITUDE DE SERVICIOS COMPLEMENTARIOS (pendente das instrucións da Consellería)
VARIACIÓN DE DATOS:
Se algunha persoa quere cambiar de Relixión a Valores Cívicos e Sociais, ou viceversa, ten que cubrir o impreso que a tal efecto se proporcionará nas oficinas do centro.
Tamén se houbo variación nos datos persoais (dirección, teléfono situación familiar, enfermidades, etc.), teñen a obriga de comunicalo, cubrindo o impreso correspondente.
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL para o curso 2021-2022
Nos seguintes enlaces podedes descaragar o listado de libros de texto e o material para o vindeiro curso académico :
- Libros de infantil
- Libros de primaria (agás 5º e 6º de Primaria que son aulas EDIXGAL)
- Libros de secundaria (agás 1º e 2º de ESO que son aulas EDIXGAL)