ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA 2021
Enquisa de diagnose da convivencia 2021
A Consellería de Educación, no senso de seguir avanzando na mellora da convivencia e no marco da Estratexia galega de convivencia escolar 2015-2020, pon en marcha a realización dunha nova enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.
Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (directores e directoras, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.
A enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos).
Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través da aplicación convivenciaxestion.
Documentos informativos:
ENLACE AO CUESTIONARIO PARA AS FAMILIAS : https://www.edu.xunta.gal/convfamil
(Achegarase mañá (15 abril) a información e a clave de acceso das familias a través do alumnado)
ENLACE AO CUESTIONARIO PARA O ALUMNADO (5º EP A 4º ESO): https://www.edu.xunta.gal/convobrig
O alumnado realizaranna baixo a supervisión do profesorado titor.
ENLACE AO CUESTIONARIO PARA O PERSOAL ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS : https://www.edu.xunta.gal/convpas