Orde participación fondo solidario libros 2021-2022

Publícase a  Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), no enlace do centro ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o 21/05/2021 e rematará o día 22/06/2021 (este incluído).