8 MARZO- CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER E AGRADECEMENTO AO CONCELLO E A FANPA
Enviado por admin o Mér, 17/03/2021 - 18:07
A Dirección do CPI As Mirandas informa á Comunidade Educativa que o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, celebrouse no centro, como ven sendo habitual, o Día Internacional da Muller. Este curso non puido levarse a cabo as actuacións conxuntas co Cim do Concello e as institucións e Asociacións de Ares; nembargantes leváronse a cabo moitos traballos como podedes ver nos seguintes enlaces:
- MULLERES DA NOSA VILA . Entrevistas a mulleres que traballan en diferentes campos e quixeron compartir as súas experiencias co noso alumnado; polo que lles agradecemos esa colaboración.
- Agradecemento á concellería de Cultura de Ares polo agasallo realizado ao alumnado de 4º de ESO e á Biblioteca do centro de exemplares do libro "Libres e Vivas" da Editorial Galaxia:
- Agradecemento á FANPA de Ferrolterra polo recoñecemento e entrega do seguinte póster para o noso centro:
»