SAÍDA A "CASA DA FONTE"

O pasado 6 de outubro realizamos unha saída a granxa escola Casa da Fonte, situada en Mañente. Alí, desfrutamos dunha xornada lúdica observando a natureza e os distintos animais que alí conviven (galiñas, porcos, cans, vacas, cabalos...).

Xosé, o encargado, guiounos pola granxa a medida que nos ía ensinando algunhas cousas que non sabiamos. Díxonos que tiña 19 cans!!!

 

GALERÍA DE IMAXES

 

OBRADOIRO POSTRES TERRORÍFICOS

O día 30 de outubro todo o alumnado do centro participou nun obradoiro de elaboración de postres terroríficos a partir das 13:30 horas.

As súas elaboracións serviron de sobremesa para ese día no comedor.

 

 

Así quedaron as nosas creacións! Clicade na galería de imaxes para ver o resultado.

Fixemos: Cabazas estrañas, A mazá con boca, Os plátanos pantasma, Os ollos tolos, O tarado verde ollo loco e As mazás tolas.

 GALERÍA DE IMAXES

 

 

DÍA DA BIBLIOTECA 2023

Dende 1997 o día 24 de outubro celébrase o Día Mundial das Bibliotecas, unha conmemoración impulsada polo Ministerio de Cultura e diversas institucións autonómicas. O lema proposto dende a Asesoría de bibliotecas escolares para este curso é 

 "TECENDO COMUNIDADES"

 

O cal pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns.

 

Información e imaxe recuperada de: https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=category/2/8

 

Para celebrar este día, dende o noso cole, fixemos diversas actividades ao longo destes últimos días para preparar a apertura da nosa biblioteca.  

 

Dende a materia de Proxecto Competencial o alumnado de primaria estivo a actualizar os carteis informativos da biblioteca, empregrando a aplicación de edición gratuíta Canva e, a ordear exemplares de nova incorporación seguindo a CDU (Clasificación Decimal Universal).

 

        

 

 

 Unha das melloras que fixemos na cartelería da biblio foi a introdución de pictogramas, empregando a plataforma ARASAAC e o novo logotipo da biblio coa nosa mascota O mórcego plata. Unha vez impresos, colocámolos en lugares visibles. 

 

        

 

Na hora de ler, realizamos a apertura oficial da nosa biblioteca escolar e, con ela puxemos a andar moitas actividades de dinamización da mesma como Lecturas compartidas, Recuncho creativo, Contos en familia...

Todo o alumnado acudiu a biblio para comenzar coa formación de usuarios para o presente curso. Comezamos comentando as normas de uso deste espazo e a forma de clasificar os libros segundo a CDU, tamén vimos un vídeo explicativo sobre esta asunto. 

 

Tamén, nos repartiron os nosos carnés de usuario e os marcapáxinas que estivemos a decorar nas aulas estes días coa mascota da biblioteca. Encantáronnos!!

 

        

 

 

 

 

Ademais de todo isto, explicáronnos que a nosa biblio forma parte do Colectivo Lemos Le, unha agrupación das bibliotecas escolares e municipais da comarca de Lemos, que para conmemorar este día elaborou uns marcapáxinas deseñados por Estudio Gnomo (formado por Iria Iglesias e Dani Viéitez).

 

 

 

 

Clicando aquí, podedes acceder a páxina web do Colectivo onde poderedes atopar todas as novas do mesmo. 

 

Un/unha nenx que le, será un/unha adultx que pensa. 

Miguel de Cervantes Saavedra.

MAGOSTÍN 2023

Coa chegada do outono chegan dúas das conmemoracións que máis nos gustan: o Magosto e Samaín. Nós mesturamos ámbalas dúas e creamos o Magostín do CEIP Rosalía de Castro. Nos seguintes carteis podedes ver toda a información para o evento.

 

 

 

Mirade a nosa exposición de cabazas. Sodes verdadeirxs artistas!!!

 

Ademais, o alumnado de Infantil elaborou unha cabaza para os nosos amigos e amigas da residencia de persoas con discapacidade DOMUS VI. Nesta foto podedes ver o bonita que quedou adornando a recepción da residencia.  

 Primeiro o alumnado de Infantil foi apañar castañas a nosa zona verde, a continuación o alumando de 5º e 6º de primaria estivo axudando ao mestre encargado de asar as castañas a encher o bombo. Logo do xantar, tomamos as castañas como sobremesa. Mirade!

 


 

Despois do magosto participamos nos "Xogos de outono". Fixemos grupos multinivel para ir pasando polas diferentes estacións. No seguinte arquivo podedes ver os carteis de cada unha. Foi moi divertido pasar un rato todxs xuntxs!


 

GALERÍA DE IMAXES

 

PASÁMOLO DE MEDO!!!

Halloween Gifs Pt 2 | The Dots

OBRA DE TEATRO PINCONÚS

O venres día 13 ás 15:00 horas asistimos ao Centro Sociocultural do noso Concello para ver a comedia musical Pinconús. Unha obra para o público familiar, dirixida por José Campanari e con música de Piti Sanz. A entrada foi de balde e aberta a toda a comunidade educativa. 

Rímonos moito!

Actividade organizada pola ANPA do CEIP Rosalía de Castro.

 

 

TEMOS NOVAS PITAS NO COLE. (28 - 09 - 2023).

O xoves 28 de setembro, viñeron dúas novas pitas ao cole. Son dúas poliñas novas ás que aínda non lles puxemos nome.

A pesar de que o primeiro encontro coas outras pitas e o galo foi algo brusco, pouco a pouco estanse aclimatando e comezan a sentirse máis integradas no galiñeiro.

  Moitas grazas a Yolanda, nai de Theo por este fermoso agasallo!

Pin on vida

SALSA DE TOMATE

ORGANIGRAMA DO CENTRO

COLLEITA DO NOSO HORTO

MENÚ COMEDOR OUTUBRO

Distribuir contido