CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
"CONTO EN FAMILIA" Yolanda, nai de Theo, vén presentarnos o seu conto "O misterio do tulipán" (5 - 5 - 2023).
Enviado por Noelia o Dom, 07/05/2023 - 19:33E nesta segunda edición de "Conto en familia" tivemos a sorte de escoitar, en primicia, a primeira lectura en público do conto "O misterio do tulipán" escrito e ilustrado por Yolanda Álvarez.
Moitas grazas por compartir a túa arte con nós!
ENTREVISTA AO PAI DE SANTI: QUEREMOS SABER MÁIS SOBRE AS NOSAS PITAS. (4 - 5 - 2023).
Enviado por Noelia o Dom, 07/05/2023 - 19:25Este xoves, na "hora de ler", veu Santiago, (pai de Santi), para responder ás preguntas que lle tiñamos preparadas sobre as pitas do noso galiñeiro. Santiago respondeu a todas as cuestións unha por unha e aclarou todas as nosas dúbidas.
Moitas grazas pola túa visita e os teus consellos!!
PREPARANDO O NOSO HORTO. A FAMILIA DE THEO VEU PASAR O MOTOCULTOR. (4 - 5 2023).
Enviado por Noelia o Dom, 07/05/2023 - 19:19Este xoves o avó de Theo, a súa nai e o seu pai viñeron ata o cole para axudarnos a preparar a terra do horto. O alumnado de Infantil observou moi atento o proceso para despois sementar un rego de millo branco. Moitas grazas pola vosa axuda!
Máis tarde chegoulle a quenda aos maiores que remataron de sementar o millo e plantaron unha ducia de leitugas.
Os peques aproveitaron para levarlle un pouco de millo ás pitas e observar as plantas de amorodo que pronto producirán.
"CONTO EN FAMILIA". Unha nova actividade para a hora de ler dos venres. (28 - 4 - 2023).
Enviado por Noelia o Lun, 01/05/2023 - 14:12Neste terceiro trimestre, da comezo a actividade "CONTO EN FAMILIA".
Na "Hora de ler" dos venres, contaremos con diferentes familias que virán a contar, cantar, interpretar ou representar historias para nós.
A actividade iniciouse co conto ¡Nunca te olvidaré" que trouxeron Daniela, Dylan e a súa nai Alba: unha fermosa e emocionante historia pensada para nenos e nenas que aborda con moito tacto e naturalidade os temas da enfermidade de alzheimer e a morte.
Moitas grazas por tan fermoso e emotivo comezo!
OBRADOIRO DE HERBAS MEDICINAIS (27 - 4 - 2023).
Enviado por Noelia o Dom, 30/04/2023 - 21:13Este xoves tivemos no noso centro a Patricia Puga, que veu dende Mondariz a contarnos moitas cousas sobre as propiedades das plantas que temos no noso propio patio da escola.
Despois dun percorrido observando, tocando, ulindo e recollendo diferentes herbas, chegou o momento de seguir aprendendo a través do xogo: convertémonos nun grupo de vikingos con diferentes doenzas que debían ser sanados coas plantas curativas que tiñamos ao noso arredor.
O alumnado portouse de marabilla e poderá seguir aprendendo sobre as herbas a través dos libros e do xogo que trouxo Patricia e que agora tamén forman parte dos fondos da nosa biblioteca.
Moitas grazas a ANPA que se fixo cargo dos gastos desta actividade!
AS FAMILIAS COLABORAN NAS LABORES DO HORTO ESCOLAR (Abril de 2023).
Enviado por Noelia o Dom, 30/04/2023 - 21:01Chegou a primavera e con ela as labores do noso horto intensifícanse. As sementes de tomates que puxemos en marzo deron lugar a unhas fermosas tomateiras que precisaron ser trasplantadas en recipientes máis grandes. Mely (nai de Miley, Hendrick e Andy) e Elia (nai de Valentina e Enzo) viñeron a axudarnos con esta tarefa.
Tamén sementamos apio de Rumanía que trouxo Petrica (nai de Liza) xunto con plantas de perexil. E Sesé (nai de Hugo), Almudena (nai de Sofía) e Yolanda (nai de Theo) estiveron no patio renovando as plantas dos maceteros exteriores para que o noso cole luza máis bonito.
Moitas grazas a todas pola vosa colaboración!
"ZAPATIÑOS DE CARTÓN E A CARTA DOS BOSQUES" DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL. (21 - 04 - 2023).
Enviado por Noelia o Ven, 21/04/2023 - 19:54Para conmemorar o "Día do libro", o alumnado do noso cole acudiu á biblioteca municipal para participar na sesión de contacontos "Zapatiños de cartón e a carta dos bosques" levado a cabo por Anxo Moure.
Tivemos a sorte de compartir este tempo e este espazo cun grupo de residentes do centro para persoas con discapacidade "Domus VI" que disfrutaron con nós do espectáculo.
Moitas grazas por convidarnos!
"MERCADIÑO DO LIBRO" 18 e 19 de abril de 2023.
Enviado por Noelia o Ven, 21/04/2023 - 19:41Para conmemorar o "Día do libro" organizamos, por segundo ano consecutivo, o noso "Mercadiño do libro".
Coa intención de darlle unha segunda vida a aqueles libros que estaban esquecidos nos estantes das nosas casas, trouxémolos ao centro a cambio de "billetes de Rosalía" cos que poder mercar outros libros achegados por outras familias no noso mercadiño.
A actividade acadou unha grande participación e esperamos darlle continuidade en vindeiros anos.
PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS.
Enviado por Iria o Xov, 20/04/2023 - 10:25LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2023/2024
Todo o alumnado que solicitou praza está admitido provisionalmente.
(Poden consultar as listaxes provisionais no centro educativo)
OBRADOIROS DE EDUCACIÓN EMOCIONAL PARA TODO O ALUMNADO ORGANIZADOS POLA ANPA. (14 - 04 - 2021).
Enviado por Noelia o Dom, 16/04/2023 - 09:54A psicóloga Esther Mariño (clínica Nós) desenvolveu, na xornada do venres, obradoiros de educación emocional orientados ás diferentes idades do noso alumnado.
A través de distendidas conversas e actividades dinámicas achegámonos ás emocións e traballamos algunhas técnicas para o autocontrol e a resolución de conflitos.
Na imaxe pódese ver ao alumnado de infantil practicando a técnica da tartaruga.
Foi unha xornada moi interesante e produtiva. Grazas!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »