DÍA DA ÁRBORE. En colaboración co Obradoiro de Emprego do Concello de Bóveda.(21 - 03 - 2023).

  Este ano retomamos o costume de plantar unha árbore ao comezo da primavera. Verónica, a directora do Obradoiro de Emprego do Concello e nai de Maia de Infantil, regalounos un concheiro que plantamos na zona verde do cole.

  As rapazas e rapaces do Obradoiro de Emprego Isa, Almudena, Santiago, Jorge, Bruno e Ángel; xunto coa súa monitora Montse estiveron nas pasadas semanas preparando un bancal de cultivo para nós.

  Hoxe, axudáronnos a plantar o concheiro, a colgar casiñas de paxariños nas árbores e a trasladar as plantas de amorodos da horta para o novo bancal.

  Moitas grazas pola vosa colaboración!

 

"DÍA DA MULLER" (8 - 3 - 2023).

  Un lazo morado por todas aquelas nenas e mulleres que viven en desigualdade.

 

ADMISIÓN ALUMNADO.

Alumnado de 6º de primaria con reserva de praza no IES Daviña Rey

Informamos ás familias do alumnado de 6º curso de Primaria que solicitou reserva de praza no centro IES Francisco Daviña Rey, que todas as solicitudes foron admitidas.

Información CEIP Rosalía de Castro-Bóveda

POEMAS MUSICADOS NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (23 - 02 - 2023).

  A comunidade educativa do CEIP Rosalía de Castro, quere compartir con vós diferentes versións do coñecido poema "Adiós ríos, adiós fontes".

  Esperamos que os disfrutedes tanto coma nós!!

 

 

 

 

FESTA DE ENTROIDO E QUEIMA DO MECO (17 - 02 - 2023).

  O último da semana tivemos no cole a nosa festa de Entroido. Grazas ao bo tempo puidemos empregar as novas instalacións deportivas como pista de xogo e baile.

  Puxemos os disfraces que máis nos gustaban e aproveitamos a zona de terra colindante para levar a cabo a tradicional "queima do Meco".

  O alumnado de 5º e 6º co deseño deste Meco, quixo levar a cabo unha crítica á realización do mundial de fútbol en Qatar, un país que (entre outras cousas) non recoñece os dereitos das mulleres nin das persoas pertencentes ao do colectivo LGTBIQ+


MALETA VIAXEIRA DE BANDA DESEÑADA (09 - 02 - 2023)

  Chegou ao noso cole unha nova "Maleta viaxeira" desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares. Teremos esta ampla variedade de libros de banda deseñada ata o remate deste mes para disfrutar dela na "Hora de ler".

 

Distribuir contido