Escolares

MAGOSTÍN 2024

Como todos os curso chegou unha das festas que máis nos gustan do curso: O MAGOSTÍN!!!! 

A continuación, podedes visualizar o cartel que o equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares deseñou para esta festividade que mestura o Magosto e o Samaín. 

   

 

Dende hai semanas, na materia de Art estivemos a preparar decoración terrorífica para a nosa entrada. Mirade que chula quedou.

    

  

 O alumnado de Infantil tamén fixemos decoración para o corredor. Elaboramos o "Noso monstruario", constituído por unha colección de monstros terroríficos. Espectacular!!!

         

            

         

 

Os mestres déronnos unha sorpresa de medo! Decoraron todo para nós e o luns cando chegamos quedamos abraidxs!!

        

   

      

 

Como cada curso a exposición de cabazas foi espectacular! Mirade!

   

  

Como todos os curso na aula de Infantil, estivemos a facer a cabaza para mandar a Residencia Domus VI. Fixémoslle a entrega a nai de Clara, Alba traballadora da residencia, quen a levou ese mesmo día. Na semana que vén, temos previsto tostar as pebices e comelas. Están secando na nosa aula. Mirade que ben luce xa na residencia! Estamos encantadxs de que vos gustase tanto!

   

   

Halloween Gif - IceGif

Logo do xantar, fixemos o magosto. As castañas estaban deliciosas! Despois bailamos e brincamos no noso baile de disfraces de Samaín!

   

   

 

 

Halloween Gif - IceGif, png gif halloween

 

 

Estivemos a asar as castañas no bombo para despois do xantar comelas de sobremesa. Estaban boísimas!

      

      

   

   

   

MAGOSTO 2019 | CEIP Plurilingüe Virxe do Carme

 

Tamén, xogamos aos xogos do outuno. Bolos pantasma, encesta a cabaza, mímica monstruosa...Que divertido!!!

   

      

 

Ademais, fixemos un obradoiro de cariocas. Despois, estivemos a xogar un poquiño con elas! Foi moi entretido!

   

 

 

Halloween Ghost Pumpkin - Free GIF on Pixabay

 

 

 

FOI UN DÍA INESQUECIBLE!!

 

 

FABAS MÁXICAS!

Os alumnos de 3º e 4º de primaria estiveron a ler o conto das Fabas Máxicas de Dolores Hermida, da Editorial Kalandraka. 

AS FABAS MÁXICAS - Central Librera Real

 

Como xa sabedes, durante a primaveira sementamos no noso horto entre outros moitos cultivos, fabas. Pois ben, o verán pasou o foi o momento da recolecta. Unha vez finalizada mirade cantas recollemos. 

 

Algunhas das fabas gardarémolas para sementalas de novo na primaveira. 

 

Foi unha tarefa un pouco afanosa pero pasamos un bo rato e merecu moito a pena ver o resultado do noso esforzo durante o curso pasado. 

 

INGLÉS MANIPULATIVO

Na materia de Inglés estamos a traballar diversos contidos de maneira manipulativa, unha técnica de aprendizaxe moi útil e beneficiosa.

INGLÉS PARA TERCERO

Algúns estamos a traballar vocabulario relacionado ca casa e as súas partes e, tamén, aproveitamos para repasar adverbios de lugar e preposicións cunha casiña de bonecas que a mestra de Inglés trouxo para a nosa aula. 

   

   

 

Os máis maiores estamos a traballar as contraccións en Inglés cun mural colaborativo para colgar na aula e que todo o mundo teña ese apoio visual se temos algunha dúbida. 

 

 

Quedounos así de bonito!

 

Traballar así é moi divertido, aprendemos e asentamos contidos de maneira máis eficaz!

 

SOMOS MICÓLOGXS!

Hoxe, durante o tempo de recreo, aproveitando que facía bo tempo baixamos a desfrutar da nosa zona verde do patio e...mirade que sorpresa nos atopamos!!

 

 

Atopamos moitos cogomelos de dous tipos: Champiñón Xigante "bola de neve" e Boletus.

 

Convertímonos en micólogxs e aprendimos como se reproducen e crecen os fungos. 

 

 

 

Excited GIF by mushroommovie - Find & Share on GIPHY

INCUBANDO ILUSIÓN

Seguimos a traballar co noso proxecto Incubando Ilusión. Diariamente, estivemos a controlar que a temperatura e humidade da incubadora fose a axeitada e, en caso necesario botámoslle máis auga. Grazas ó ovoscopio, puidemos ir observando con máis detalle os oviños.  A estas alturas xa se deberían observar algunhas veíñas e un puntiño negro, polo momento soamente puidemos visualizar eso en dous dos nove ovos. 

   

 

 

Fomos rexistrando todo no mural da incubadora para facer un seguimento máis exacto. 

   

 

 

Ademais, o alumnado de 1º e 2º estivo a aprender máis contidos sobre esta temática, como por exemplo, o ciclo da vida dunha galiña (ovo-poliño-galiña), as partes do seu corpo... SEGUIREMOS INFORMANDO!!!!

 

IT'S ART TIME!

Na materia de Art o alumnado de 1º e 2º de primaria xa está a preparar toda a decoración de Samaín para o noso cole!

Estivemos a realizar pantasmas practicando a técnica da estampación empregando algodón e pinzas e, tamén, utilizamos unha plantilla que recortamos moi coidadosamente para mellorar a nosa motricidade fina. 

 

Empregamos as cores máis terroríficas para as nosas pantasmas!!

Pásamolo xenial mentres practicamos vocabulario relacionado con esta festividade!

Mirade que terroríficos nos quedaron!

   

   

 

O alumando de 3º e 4º está a realizar uns morcegos combiando cartolina e papel "pinocho" para decorar a entrada durante a semana do Samáin. 

   

 

Por outra banda, o alumnado de 5º e 6º está a traballar contidos más técnicos da área. Estivemos a experimentar coas mesturas de cores, elaborando a nosa propia roda de cor ou círculo cromático. Diferenciando entre cores primarias, secundarias...

   

 

E tamén, realizamos banderíns de Halloween!!

    

 

IT'S ART TIME!!

Pintura cuadro GIF - Buscar en GIFER

INCUBANDO ILUSIÓN

Comezamos o curso e con el poñemos en funcionamento de novo o proceso de incubación coa nosa incubadora. O nome do proxecto é "Incubando ilusión". Logo do éxito que tivo o curso pasado a campaña "Adopta un poliño" ideamos comezar xa neste primeiro trimestre con toda esta actividade que lles resulta tan entretida e deperta no noso alumando moita ilusión, novas aprendizaxes e mellora a súa autonomía e aprendizaxe competencial. 

Huevo GIF - Conseguir el mejor gif en GIFER

Neste caso, o que intentaremos será críar as nosas propias pitas ou galos para o noso galiñeiro escolar. 

Estivemos a colocar con moito agarimo os ovos dentro da incubadora, botámoslle un pouquiño de auga porque necesitan ter humidade e, agora deberemos esperar 28 días aproximadamente para ver se os ovos incubados dan lugar a poliños. 

   

Durante todos estes días, acudiremos por aulas, a visualizar grazas ó ovoscopio como vai evolucionando todo este proceso. 

   

Moitas grazas ás familias que colaboraron con esta actividade traendo ovos fecundados ao noso cole!!

 

 

NESTE COLE TODXS ENCAIXAMOS

Comezamos o curso cunha tarefa de cohesión e convivencia baixo o lema "Neste cole todxs encaixamos". Cada un de nós decoramos a nosa propia peza con debuxos e cores que nos representan. A continuación, fomos pegando e encaixando todas as pezas ata formar un gran quebracabezas que xa forma parte do noso cole. 

 

  

  

Con esta tarefa ideada dende o Equipo de Convivencia e Benestar pretendiamos conseguir unha "explosión emocional" que nos faga sentir persoas importantes e con sentido de pertenza no noso cole. Favorenzcendo así, a cohesión grupal e o respecto cara ás nosas diferenzas. Todxs encaixamos, independentemente de como sexamos ou o que pensemos. 

 

 

Quedounos moi bonito!!

Pin page

DE VOLTA Á NOSA ESCOLA!!

Este mércores comezou de novo o cole!!

Que alegría vernos de novo e recibir aos novos compañeiros e compañeiras que se incorporaron á aula de educación infantil.

Deixámosvos por aquí algunhas fotos das actividades destes primeiros días.

 

Tamén, tivemos que recoller os froitos da nosa horta escolar. Mírade!! O cultivo foi grandioso. Estamos súper contentxs!!!

       

  

 

O alumnado de Primaria fixo banderíns do seu primeiro día, recibiron uns carteliños de benvida dos seus mestres súper bonitos...

 

 

 

ESTAMOS ENCANTADXS DE ESTAR XUNTXS DE NOVO!! DESEXANDO COMPARTIR MOITOS MOMENTOS INESQUECIBLES!!

 

 

PINTAMOS MACETEIROS

Aproveitando o bo tempo que tivemos estes días na materia de Art estivemos a decorar os maceteiros que habia na entrada do cole e, que co pasado do tempo estaban un pouco descoidados. 

 

 

Primeiro, o persoal do Obradoiro de Emprego do Concello colocounos no lugar onde queriamos que estiveran. Decorando a entrada do noso cole! Moitas grazas!!!

O primeiro paso foi limpalos e darlle unha capa de pintura branca

 

Por último, empregando diversas cores decorámolos e o resultado é xenial!

   

 

Reutilizamos os maceteiros e agora relucen moito máis bonitos!!

   

 

Colores Pintura Sticker

Distribuir contido