INCUBANDO ILUSIÓN

Seguimos a traballar co noso proxecto Incubando Ilusión. Diariamente, estivemos a controlar que a temperatura e humidade da incubadora fose a axeitada e, en caso necesario botámoslle máis auga. Grazas ó ovoscopio, puidemos ir observando con máis detalle os oviños.  A estas alturas xa se deberían observar algunhas veíñas e un puntiño negro, polo momento soamente puidemos visualizar eso en dous dos nove ovos. 

   

 

 

Fomos rexistrando todo no mural da incubadora para facer un seguimento máis exacto. 

   

 

 

Ademais, o alumnado de 1º e 2º estivo a aprender máis contidos sobre esta temática, como por exemplo, o ciclo da vida dunha galiña (ovo-poliño-galiña), as partes do seu corpo... SEGUIREMOS INFORMANDO!!!!