Ed. Musical

MÚSICA DIXITAL

A pasada sesión de Música é Danza foi súper entretida!

 

 

Estivemos a repasar contidos grazas ós ordenadores da nosa biblioteca. 

   

 

O obxectivo era relacionar a melodía que escoitábamos ca partitura axeitada. As novas tecnoloxías son unha ferramenta moi enriquecedora do proceso de ensinanza-aprendizaxe, ademais de un moi bo recurso de atención á diversidade. 

Música Notas Musical - GIF gratis en Pixabay

GRACIAS PROFE!

ACTIVIDADES MUSICAIS

O alumnado de 5º e 6º de primaria estivo a ensaiar dúas cancións na materia de Música e Danza co mestre Adrián.

A primeira delas podédela escoitar premendo na seguinte icona. Titúlase "O estraperlo", unha versión en galego do grupo Fuxan os ventos.

 

"O salón das cereixas" é a segunda canción que interpretaron, nesta caso de Xavier Díaz, como agasallo polo día da nai.

 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN MOITO!!!

CANCIÓNS

ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE JOHN LENNON

Este gran músico e compositor naceu en Liverpool ( Inglaterra ) no ano 1940.


A súa fama mundial débese a que foi un dos fundadores de The Beatles e xunto a Paul McCartney formou unha das parellas de compositores máis exitosas e influíntes do século xx.


Figura polémica polas súas accións activistas en prol da paz xunto á súa muller Yoko Ono, foi asasinado en 1980. En 2010 celebrouse o 30 aniversario do seu pasamento. 


" IMAGINE " (1971) é sen dúbida o seu traballo en solitario máis coñecido.


 

O VIOLÍN

Como todos e todas sabedes, o violín é un instrumento cordófono fretado, é dicir, as súas catro cordas soan ao seren fretadas por un arco.


A pesares da súa sencilla aparencia, o máis pequeno representante da familia ,consta de 84 pezas distintas.


Aparece cara o ano 1550 e en Italia conseguiron instrumentos dunha altísima calidade sonora como o STRADIVARIUS ou  o GUARNIERI.


É un instrumento que ten a capacidade de modificar o timbre segundo o modo de producir o son, pois en ocasións, o violinista deixa a un lado o arco e fai soar as cordas punteándoas cun dedo obtendo así un son distinto. Este modo de producir o son chámase pizzicato ( termo italiano que significa "pellizcar")


Existe outra posibilidade tímbrica do violín que se dá cando se fretan as cordas coa parte da madeira do arco ( esta técnica chámase col legno, é dicir, coa madeira )


                                              


 


                           

PÁXINAS DE INTERÉS MUSICAL E OUTRAS COUSAS..

Aquí tedes algúns enlaces interesantes para consulta :

www.culturagalega.org/mega/index.php

( mega : soportal da música galega en culturagalega.org )

www.ghastaspista.com

( web informativa da música folk de Galicia )

www.xogospopulares.com/

( portal que recompila xogos tradicionais de Galicia )

www.agxpt.org/

( Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional )

flocos.tv/

( cineclube do audiovisual galego, con máis de 300 películas en liña )

www.ouniversodegalimatias.com/

(web galega de cómic e materiais descargables )

UNHA GUITARRA, OU DÚAS ?

Xa sabedes que a guitarra ( instrumento de corda punteada ) é difícil de tocar. Hai que practicar e traballar moito para obter calidade no seu son.

Propóñovos que olledes este vídeo. É un claro e divertido exemplo de esforzo e virtuosismo. A ver se vos gusta.

250 ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE HAENDEL

HAENDEL,GEORG FRIEDRICH, músico inglés de orixe alemá, foi un grandísimo compositor do que seguramente coñeceredes unha das súas máis famosas obras " O MESÍAS".

Como curiosidade, sabede que foi un home gran comedor e bebedor. Nunha ocasión, invitou a un amigo a un sinxelo xantar na súa casa.Nun momento, ausentouse da mesa, e como tardaba tanto, Joseph Goupy, que era o seu convidado,foi a buscalo. Atopouno noutro cuarto ocupado con mellor comida e bebida..

Os dous amigos acabaron pelexados cando Joseph lle fixo varias caricaturas nas que o calificaba de " armonioso verraco "..

 

No ano 2009, celébrouse o 250 aniversario do seu pasamento.

INSTRUMENTO ELECTRÓNICO DE TECLA

OS INSTRUMENTOS DA AULA DE MÚSICA

Tedes 6 presentacións ben diferenciadas dos instrumentos que temos na aula de música :

INSTRUMENTO  DE  VENTO - MADEIRA :  a frauta doce

INSTRUMENTOS  DE  PERCUSIÓN :  madeira - metal - pel

 

INSTRUMENTOS  DE  PERCUSIÓN  DETERMINADA  :  placas

INSTRUMENTO ELECTRÓNICO DE TECLA :  o sintetizador

Non esquezades acender os altavoces do ordenador para poder escoitalos.

Distribuir contido