CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
O VIOLÍN
Como todos e todas sabedes, o violín é un instrumento cordófono fretado, é dicir, as súas catro cordas soan ao seren fretadas por un arco.
A pesares da súa sencilla aparencia, o máis pequeno representante da familia ,consta de 84 pezas distintas.
Aparece cara o ano 1550 e en Italia conseguiron instrumentos dunha altísima calidade sonora como o STRADIVARIUS ou o GUARNIERI.
É un instrumento que ten a capacidade de modificar o timbre segundo o modo de producir o son, pois en ocasións, o violinista deixa a un lado o arco e fai soar as cordas punteándoas cun dedo obtendo así un son distinto. Este modo de producir o son chámase pizzicato ( termo italiano que significa "pellizcar")
Existe outra posibilidade tímbrica do violín que se dá cando se fretan as cordas coa parte da madeira do arco ( esta técnica chámase col legno, é dicir, coa madeira )