Complementarias

ACTIVIDADE INICIACIÓN Á ESCALADA

O noso cole, a través do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, solicitou a participación no programa  XOGADE unha iniciativa promocionada e financiada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de fomentar entre os escolares a actividade deportiva. 

Conoce Xogade | Deporte Gallego

 

Neste caso, solicitamos as actividades de iniciación ó deporte, na modalidade de escalada. Debido a motivos de altura e peso, soamente puidemos participar xs alumnxs de 2º e 3º ciclo de primaria. Tivemos a gran sorte de ser un dos centros seleccionados para esta actividade que tanto nos gustou! Saímos do cole con destino ó Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e mirade con que súper rocódromo nos atopamos...

 

Tivemos un monitor que nos explicou de maneira moi detallada como realizar a actividade. Os nervios estaban moi presentes, pero ó final a maioría superamos o medo e subimos ata a cima!

   

   

 

Pasiño a pasiño chegamos ó máis alto!

   

 

Ata o profe Tomás se animou a probar.

 

Queremos agradecerlle ás persoas organizadoras desta actividade que nos brindaron a oportunidade de participar nunha actividade tan benefeciosa para a nosa saúde e divertida.

 

NACERON OS POLIÑOS!!

E despois de tanto esperar... por fin naceron os nosos poliños!

Pin page

 

 Onte pola tarde xa se vían un buratiño en dous dos ovos e, esta mañá, cinco pitiños estaban nacidos dentro da incubadora.

 

 

 

Todo o alumnado do cole foi facer unha visita aos novos membros da nosa comunidade educativa: 2 pitiños amarelos e 3 pitiños negros.

A nosa ilusión fíxose realidade e estamos felices de poder criar aos novos integrantes do noso galiñeiro.

 

Falta saber se serán pitas ou galos...

   

 

Seguiremos informando!

 

 

 

VII ANDAINA ESCOLAR CAMIÑO DE INVERNO

  A Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra organizou a VII Andaina polo Camiño de Inverno.

Camino de Invierno |

 

   Nesta andaina participamos todo o alumnado do noso cole xunto con case 2.000 escolares doutros centros educativos da comarca:  CEIP Monte Baliño, CEIP Virxe do Carme, CEIP A Gándara, IES Daviña Rey...

Dividímonos en dous grupos: xs de infantil fixemos o percorrido máis curto dende o Campo da Virxe, ao lado do Castelo de San Vicente, ata o Parque dos Condes. Aproveitamos que a chegada a realizamos antes da saída para subir ata a cima do monte de San Vicente e visualizar a vista panorámica da cidade, a torre da homenaxe e o claustro do Parador. 

   

   

   

 

 Mentres xs de primaria fixeron o percorrido desde Reigada.

   

 

 Á chegada a Monforte reunímonos todos os participantes no Auditorio ao aire libre do Parque dos Condes, onde xantamos e a continuación estivemos a descansar un pouquiño observando aos parrulos e ocas do estanque do parque, tamén vimos o Colexio Nosa Señora da Antiga (Escolapios) e, finalmente pasamos o que quedaba de xornada xogando no parque infantil da Compañía.

   

   

   

   

   

 

Tamén, nos cubriron as nosas "compostelanas" de participación no Camiño. 

 

 

Esta iniciativa formou parte de moitos xornais como na sección da Ribeira Sacra de El Progreso, no que saímos en portada da noticia. 

 

 

FOI UN DÍA XENIAL!!!

VISITA Á EXPOSICIÓN ITINERANTE MULLERES NA CIENCIA

O pasado xoves acudimos ao Centro Sociocultural do noso Concello a visitar a exposición itinerante da Uvigo "Mulleres na ciencia" encadrada dentro da iniciativa Exxperimenta en feminino. 

   

Tal e como se recolle na súa páxina web: "Esta exposición ten como obxectivo despertar en nenas e nenos a vocación científica a través de referentes femininos e pretende ser unha mostra itinerante por centros educativos de Galicia". 

 

Pois ben, acudimos a visitala por grupos e cada un de nós foi vendo os 14 paneis sobre diversas mulleres cun destacado papel no mundo científico, como por exemplo: María José Núñez, Isabel Zendal, Ada Lovelace...

   

Cada grupo fixo unha actividade diferente. Comezamos a sesión coa visualización de diversos vídeos sobre o concepto de que significa ser científica? 

   

 

Tamén, aprendemos cousas sobre o metódo científico e ata fixemos experimentos!!

   

 

Os máis maiores fixemos unha búsqueda de información a través dos carteis para coñecer un pouco máis da vida destas interesantes mulleres. 

 

Damos as grazas ao Concello e a técnica sociocultural de Bóveda por estas actividades tan entretidas e interesantes. 

CEIP SAN ESTEBAN

 

 

 

 

AGRADECEMENTO DA ONG "HOSPITALEIROS SEN FRONTEIRAS"

Queremos compartir con toda a comunidade educativa do noso centro o agradecemento que nos fixeron chegar dende a ONG "Hospitaleiros sen Fronteiras" pola colaboración na campaña de recollida de fondos.

Moitas grazas a vós por darnos a oportunidade de colaborar nesta causa!! 

"Un ano máis queremos dar as grazas ao CEIP Rosalía de Castro de Bóveda pola súa xenerosidade e implicación con Hospitaleiros sen Fronteiras axudando para que os nenos talibé de Senegal teñan unha infancia digna.

Estamos moi agradecidos de corazón polas vosas orixinais iniciativas, este ano cos xabóns solidarios lograstes unha importante suma para que poidamos seguir traballando e acadando os cambios fundamentais que precisan os nenos talibé.

Non temos palabras, só darvos de novo as grazas e unha aperta inmensa dos vosos amigos senegaleses."

Imaxes do noso xabón solidario no mercadiño celebrado en Sarria o 1 de xuño.

 

Boavista Collective GIFs on GIPHY - Be Animated

 

NACERON POLIÑOS NO NOSO COLE!

 Estamos encantadxs e súper emocionadxs atendendo aos seis poliños que naceron estes días. Están vivindo nunha caixa de madeira que Julián (o papá de Liza) construiu para que poidan estar quentiños nas primeiras semanas de vida. Moitísimas grazas Julián!! A caixa ten instalada unha lámpada incandescente que lles proporciona calor e luz.

 

Neste proceso tivemos un importante contratempo: un corte de luz que deixou sen funcinar a incubadora unha noite. Pero, grazas ao ovoscopio, puidemos seleccionar aos ovos vivos, retiramos os que se estropearan e decidimos incluír dous ovos máis.

Despois de 22 días, o 15 de maio comezaron a nacer e asistimos, emocionadxs, á eclosión de catro ovos.

 

Na incubadora quedaron unha semana máis os ovos que puxemos máis tarde e, porfin, o pasado martes, tamén naceron estes outros dous poliños!!!

 

Agora os nosos seis poliños están sendo coidados e atendidos polo alumnado que continuará con esta labor ata o mes de xuño.

 

Os poliños precisan un fogar agora que remata o curso e, por isto, iniciamos a campaña: "ADOPTA UN POLIÑO".

 

Todas aquelas familias que desexen participar no proceso de adopción poden mandar ao cole o formulario que se mandou ás casas cuberto. Rapartiremos os poliños entre as familias adoptivas e, se hai moitas solicitudes, realizaremos un sorteo público para determinar a que casas van os poliños.

    

 

Foi unha experiencia incrible! Estamos aprendendo moitas cousas novas!

 

 

SAÍDA AO NOSO CONCELLO POLO 8M

O luns día 15 realizamos a saída que tiñamos prevista para conmemorar o Día Internacional da muller (8 de marzo) e, que polas malas condicións climatolóxicas tivemos que adiar. 

Esta saída estaba dentro do proxecto "As mulleres do noso Concello", co fin de promover e visibilizar o papel das mulleres que traballan en Bóveda, valorando a súa importancia na nosa vila e no ámbito socioecónimoco desta. 

A cada aula tocounos visitar dous establecementos diferentes para entrevistar e coñecer as mulleres que traballan neles. Moitxs de nós, nunca estiveramos en algúns deles, polo que foi un día moi enriquecedor. 

 

 

Os establecementos visitados fóron os seguintes. Queremos agradecer a disponibilidade de todas elas para realizar dita actividade:

 

-Peluquería Noelia Castro

  

 

-Farmacia

  

 

-Supermercado Claudio

  

 

-Carnicería Salgueiriña

  

-Oficina de correos

  

 

-Ferretería Davila

  

 

-Supermercado Día

  

 

Tamén, acudimos ao Concello onde nos esperou Cristina, Concellería de Cultura, para falarnos da súa labor e, como agasallo e recordatorio dese día entregounos unha camiseta a cada un de nós. 

  

 

Como produto final deste proxecto, realizamos un unha especie de caderno de campo, onde apuntamos información aportada por cada unha delas. Agora, xa forma parte da noso biblioteca escolar. 

Ao rematar as entrevistas, acudimos a zona axardinada de detrás do Concello para xantar ao aire libre e, ao rematar, xogar no parque. 

  

Pasámolo moi ben!

 

Moitas grazas a Noelia, María José, Ángeles, Cristina, Mónica, Ana, Maite, Mari Carme, Rosi e Cristina pola vosa imprescindible labor

 

 

Boavista Collective GIFs on GIPHY - Be Animated

 

VISITA: O RINCÓN DE LEONARDO

O pasado día 12 de abril, viñeron a visitarnos Javier, mestre de tecnoloxía do Colexio Escolapios de Monforte acompañado de catro alumnas: Sofía, Natalia, Julia e Xandra. Ademais, tamén estivo con eles Camilo, mestre en prácticas e veciño do noso Concello.

  

 

Acudiron a noso cole para darnos a coñecer o fascinante proxecto que están levando a cabo dende hai uns cursos denominado "El Rincón de Leonardo" clicando aquí, poderedes acceder a súa web para informarvos un pouquiño máis sobre esta interesante iniciativa.

 

 

"Un proxecto que busca potencias os valores humanos a través da creatividade e a reflexión, co obxectivo de que todxs nos sintamos mellor construíndo unha alternativa a mundo tóxico que moitas veces rodea aos adolescentes. Traballando a súa saúde emocional".

 

A esta actividade acudiron os alumnos de 6º curso de primaria e Javier e as súas alumnas faláronlle de moitos dos problemas que xurden a diario nas aulas de secundaria. Transmitíronlle a idea de que somos seres únicos e especiais e que ninguén debe dicirnos como debemos ser. Para elas, "El Rincón de Leonardo" é un lugar onde se sinten seguras e felices.

Esta iniciativa, xurdiu dende o Departamento de Convivencia do centro co fin de dinamizar as relacións positivas entre iguais e, vivenciar dalgún xeito o seu futuro inmediato no instituto.

 

 

Pasamos un ratiño moi divertido! Gustounos moito ensinarvos o noso cole e escoitar a emoción que sentides ao formar parte deste proxecto tan interesante e necesario.

 

 

Moitas grazas a Javier, pola túa implicación dentro e fóra das aulas. Estamos seguros de que este é o inicio dunha aventura apaixoante!!!

 

Todxs deixaron a súa pegada no libro de firmas da nosa biblio.

  

  

 

 

Esperamos tervos de volta pronto!!!

 

Thanks Galego Sticker by AiFalaches

 

OBRADOIRO DE XABÓN NATURAL

O pasado venres día 5 de abril visitounos Elia, a mamá de Valentina de Infantil de Enzo de Primaria para ensinarnos a facer xabón natural.

Acudimos a zona verde do noso patio aproveitando o bo tempo e seguindo a recomendación de non facer xabón en lugares pechados.

 

En primeiro lugar, explicáronnos cales eran os ingredientes necesarios e os pasos a seguir.

 

 

Cada aula fixo o seu propio xabón empregando:

-Graxa

-Agua

-Deterxente en po

-Suavizante líquido

-Sosa (soamente manipulada polos adultos)

-Champú

Por grupos, fomos poñendo os diferentes ingredientes en cada cubo coa supervisión e guía dos nosos profes.

 

 

 

Observamos os materiais a empregar, como por exemplo a graxa.

   

 

Por último, cando a mezcla xa estaba espesa botámoslle un colorante azulado para darlle algo de cor. 

 

 

O proceso finalizou cando a mestura estaba totalmente homoxénea. Deixámola reposar durante un tempo para que se solidifiquen o suficiente como para cortala en pequenas porcións.

Este traballo irá destinado ao mercadiño solidario de Hospitaleiros sen fronteiras, ONG coa que colaboramos, para recadar fondos para axudar aos nenos do Senegal.

Moitas grazas a todas as familias que aportaron graxa para facer posible esta actividade e, en especial, a Elia pola axuda!

 

 

OBRADOIRO DE TRAMPAS PARA VELUTINAS

Este xoves acudimos ao Centro Sociocultural do noso Concello para realizar un obradoiro de trampas para as avespas asiáticas, comunmente coñecidas como "velutinas".

 

 

Para realizar esta actividade acompañáronnos Paula, xerente de Mieles Anta e Mohamed, apicultor experimentado da empresa.

Eles, explicáronnos todo o relacionado con este apaixoante mundo. Comezaron, falándonos das características das abellas e da problemática cas velutinas.

 

 

A continuación, visualizamos un vídeo sobre o proceso de fabricación do mel e sobre a ameaza que supoñen as avespas velutinas na natureza.

 

Despois, Mohamed estivo a esinarnos o traxe de apicultor e todos os instrumentos necesarios para o seu traballo.

 

 

Ensináronnos tamén, como recollen o polen das patiñas das abellas e algunha velutina.


 

 

Ata probamos mel directamente do panal! Estaba deliciosa!


 

Por último, puxémonos mans a obra para realizar as nosas propias trampas de velutinas e poder capturar moitas nesta tempada. Empregamos o seguinte material:

-1 botella de plástico

- Cordón

- Algún instrumento para facer dous buratiños na botella

 

Para finalizar, vertemos dentro da botella a mestura do líquido atraente das velutinas. Deixámosvos por aquí a receita por se queredes facer máis:

- 100 ml de agua

- 50 gr de azucre

- 1 sobre de atraente específico


 

 

Cada alumx levou para a súa casiña a trampa que elaboraron. Ademais, a empresa Mieles Anta deunos diferentes trampas para poñer nas árbores da nosa zona verde e así, intentar estar libres de velutinas.

 

Mieles Anta tamén obsequiou a todo o alumnado e profesorado do cole cun detalliño moi especial.

 

Se clicades sobre a imaxe poderedes acceder á noticia publicada no xornal La Voz de Galicia sobre dita actividade.

 

 Moitas grazas a Mieles Anta, pola súa labor, e ao Concello e as familias por idear e organizar esta actividade!

 

 

 

Distribuir contido