CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
Complementarias
CONTO EN FAMILIA: FAMILIA DE DYLAN E DANIELA
Enviado por admin o Dom, 28/01/2024 - 21:12O pasado venres día 26 viu a "Conto en familia", Alba, a mamá de Dylan de Educación Infantil e Daniela de 6º de Primaria.
Contounos dos contos súper interesantes e divertidos, que nos trasmitiron o valor da empatía, da confianza en un mesmo, do autoconcepto... O libro é o seguinte: De mayor quiero ser...feliz, de Anna Morató García, con ilustracións de Eva Rami. Un exemplar que inclúe diferentes contos sobre positividade e autoestima.
Ao rematar a sesión, Dylan entregoulle a súa nai o detalle de agradecemento pola visita. Ademais, con este "Conto en Familia" comezamos o noso libro de visitas da biblio, un rexistro de todas aquelas persoas que ao longo dos cursos veñan a visitar este espazo tan importante para nós.
Esperemos que todo o noso alumnado sexa mooooi feliz sempre!
Moitísimas grazas, Alba, por traernos estas ensinanzas tan importantes! Estamos desexando que volvas a compartir un ratiño con nós!
ENTROIDO 2024
Enviado por admin o Dom, 28/01/2024 - 20:42Acércase o tempo de Entroido no noso cole, unha tempada moi desexada por todxs. Xa temos todo listo e organizado para esta gran festa!
Deixámosvos o cartel informativo coa nosa programación.
Durante a semana do 5 ao 9 de febreiro teremos que seguir as Comandas do Meco. Como vedes na seguinte imaxe, o venres, quen queira pode vir disfrazo dende a súa casa (disfraz libre), xa que despois do tempo de comedor teremos un baile de disfraces, que dependendo da climatoloxía, será no patio exterior preferiblemente. Tamén, tomaremos chocolate con biscoito.
As Comandas do Meco non son obrigatorias, teñen carácter voluntario. Clicando aquí accederedes a elas en formato PDF.
Ademais, nos días previos a esta festividade faremos un proxecto de investigación sobre as diferentes tradicións de Entroido que existen en Galicia. Pásamolo ben mentres aprendemos moitas cousas novas!
Recordade que os días 12, 13 e 14 non son lectivos, polo que non haberá clase.
25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Enviado por admin o Mar, 28/11/2023 - 16:1925N- DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Como centro educativo cremos que a mellor arma para loitar contra a violencia de xénero é unha educación cimentada na igualdade efectiva entre mulleres e homes. Por esta razón e para reivindicar a nosa loita contra esta problemática organizamos diferentes actividades educativas.
O venres día 24 acudiu ao centro a concelleira de Cultura e Ensinanza, Cristina Juíz, para explicarnos a campaña de sensibilización do Concello "Sementando igualdade". Entregounos a cada un de nós, un conto dos Bolechas titulado "En Bóveda somos iguais" e cunha ilustración do miradoiro do Alto do Coto. Ademais, tamén nos amosou a árbore da igualdade e deunos unha pegatina a cada un/unha de nós. Por último, pegamos na entrada do noso cole o símbolo de dita iniciativa. Quedou precioso! Moitas grazas por estes agasallos tan importantes e necesarios!
A nivel de centro, organizamos un contacontos realizado polo alumnado de 5º e 6º de primaria para todxs durante a hora de ler do luns día 27. O conto elixido foi o titulado "As mulleres que cultivaban néboas" de Bea Gregores da Editorial Xerais.
Nel relátase a historia de supervivencia e esperanza dunha nena e a súa mamá, que tecía unha manta azul para protexelas dos actos violentos do seu papá.
Unha vez comentado o conto, entre todxs realizamos a nosa manta azul como símbolo de protección de todas as víctimas de violencia de xénero. Para tecela cada un/unha de nós tivo que escribir nun anaquiño de cartolina unha palabra, unha frase ou realizar un debuxo que denotara unha actitude contraria á violencia. Debido a gran importancia desta actividade, todo o persoal do centro participou na confección da nosa manta.
A verdade é que a actividade co lema "Tecendo fíos pola igualdade" demostrou a sensibilidade que o noso alumnado ten ante esta problemática. Escribiron palabras moi bonitas que confiamos que nun futuro sigan servindo como referencia dos seus actos.
Ademais, de todas estas tarefas. Como xa sabedes, a cada aula tócalle facer un decoración para "o taboleiro das conmemoracións" que está situado nas escaleiras do centro. Neste caso, foi o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria xs encargadxs de elaborar un mural reivindicativo que lles quedou así de bonito:
DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
Enviado por admin o Lun, 27/11/2023 - 21:00O día 20 de novembro conmemórase o Día Universal dos Dereitos da Infancia porque foi neste día, en 1989, cando se firmou a Convención sobre os dereitos dos nenos e nenas un tratado internacional das Nacións Unidas que recoñece os dereitos fundamentais das persoas menores de 18 anos.
Esta conmemoración foi traballada polo alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, que elaborou un cartel decorativo para "o taboleiro das conmemoracións" do noso corredor. Ademais, o alumnado de 3º e 5º, na materia de Proxecto Competencial, realizaou un decálogo sobre os dereitos básicos da infancia.
COMITÉ AGROGANDEIRO
Enviado por admin o Lun, 27/11/2023 - 20:45O pasado día 20 tivemos a segunda reunión do Comité Agrogandeiro do noso centro. Dito organismo, tenta ser un instrumento de organización e planificación de toda a xestión do horto e do galiñeiro escolar. O alumnado que, por vontade propia, quixo participar en dita organziación, reúnese mensualmente no tempo de lecer despois do comedor para levar a cabo todo este asunto.
Elxs mesmxs, guiadxs polo profesorado, son xs que propoñen ideas, plantexan necesidades... As alumnas de 6º son as encargadas de redactar as súas propias actas das reunións levadas a cabo!!
Entre os puntos do día podemos destacar as funcións da comisión, o establecemento de reunións periódicas, detección de necesidades (mercar comida para as pitas, limpar o horto...).
"Dime e esquézoo, ensíname e lémbroo, involúcrame e apréndoo!" (Benjamin Franklin).
CHRISTMAS CRAFTS
Enviado por admin o Mér, 22/11/2023 - 15:49Na materia de Arts xa comezamos coas tarefas de Nadal, que o tempo cómpre!! E queremos decorar o cole para esta época do ano tan especial.
Moitas veces durante as sesión de dita materia, escoitamos música en inglés para mellorar a nosa pronunciación e afianzar palabras e pequenos conceptos. Tamén, colabora con nós nas nosas clases de Arts, Parveen a auxiliar de conversa, que acude ao centro os mércores e venres.
Estivemos a pintar unha galletiña de xenxibre, un Santa Claus coas pernas mooooi longas e as bolas que adornarán unha árbores moi especiais...
IT´S CHRISTMAS TIME!!!
XXVII CERTAMEN FERTIBERIA
Enviado por admin o Mér, 22/11/2023 - 11:45O alumnado do 1º e o 2º ciclo de Educación Primaria participou na XXVII convocatoria do Certamen Fertiberia de Pintura Rural Infantil.
Neste caso fixeron diferentes debuxos inspirados no mundo agrícola e relacionados coa natureza, as plantas, o seu crecemento e a súa función á hora de xerar alimentos. Dito concurso ten un gran éxito de participación dende a súa creación en 1996. Con esta iniciativa ponse en valor o ámbito rural animando ao alumnado a sentirse comprometido con seu entorno natural.
Mirade as súas obras de arte!! Desexámoslle moita sorte aos nosxs artistas!!
Debuxos realizados por 1º e 2º de Educación Primaria
Debuxos realizados por 3º e 4º de Educación Primaria.
SAÍDA A "CASA DA FONTE"
Enviado por admin o Mar, 31/10/2023 - 11:41O pasado 6 de outubro realizamos unha saída a granxa escola Casa da Fonte, situada en Mañente. Alí, desfrutamos dunha xornada lúdica observando a natureza e os distintos animais que alí conviven (galiñas, porcos, cans, vacas, cabalos...).
Xosé, o encargado, guiounos pola granxa a medida que nos ía ensinando algunhas cousas que non sabiamos. Díxonos que tiña 19 cans!!!
OBRADOIRO POSTRES TERRORÍFICOS
Enviado por admin o Ven, 27/10/2023 - 13:35O día 30 de outubro todo o alumnado do centro participou nun obradoiro de elaboración de postres terroríficos a partir das 13:30 horas.
As súas elaboracións serviron de sobremesa para ese día no comedor.
Así quedaron as nosas creacións! Clicade na galería de imaxes para ver o resultado.
Fixemos: Cabazas estrañas, A mazá con boca, Os plátanos pantasma, Os ollos tolos, O tarado verde ollo loco e As mazás tolas.
MAGOSTÍN 2023
Enviado por admin o Ven, 20/10/2023 - 14:33Coa chegada do outono chegan dúas das conmemoracións que máis nos gustan: o Magosto e Samaín. Nós mesturamos ámbalas dúas e creamos o Magostín do CEIP Rosalía de Castro. Nos seguintes carteis podedes ver toda a información para o evento.
Mirade a nosa exposición de cabazas. Sodes verdadeirxs artistas!!!
Ademais, o alumnado de Infantil elaborou unha cabaza para os nosos amigos e amigas da residencia de persoas con discapacidade DOMUS VI. Nesta foto podedes ver o bonita que quedou adornando a recepción da residencia.
Primeiro o alumnado de Infantil foi apañar castañas a nosa zona verde, a continuación o alumando de 5º e 6º de primaria estivo axudando ao mestre encargado de asar as castañas a encher o bombo. Logo do xantar, tomamos as castañas como sobremesa. Mirade!
Despois do magosto participamos nos "Xogos de outono". Fixemos grupos multinivel para ir pasando polas diferentes estacións. No seguinte arquivo podedes ver os carteis de cada unha. Foi moi divertido pasar un rato todxs xuntxs!
PASÁMOLO DE MEDO!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »