Recomendámosche

"O NOSO GALIÑEIRO" Proxecto finalista para a IX beca das fundacións María José Jove e INGADA. (20 - 06 - 2023).

   Este pasado 20 de xuño, tivo lugar o acto de entrega da IX beca da fundación María José Jove e INGADA (Instituto Galego do TDAH e trastornos asociados) resultado dos traballos presentados no Curso de Formación de Profesorado en relación co Alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) que foi impartido en toda Galicia co apoio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

   Un destes traballos foi presentado polo noso centro "O NOSO GALIÑEIRO. APRENDENDO A XESTIONAR A ECO-GRANXA ESCOLAR" e resultou un dos tres finalistas para optar á beca de 3.000 euros que ambas entidades ofrecían.

   O noso proxecto non resultou gañador pero despertou moito interese na fundación INGADA polo que manifestaron o seu desexo de poñerse en contacto con nós para o vindeiro curso escolar coa idea de estudar o cofinanciamento do mesmo.

   Esperamos con interese esta chamada mentres seguimos traballando por unha educación inclusiva en comunidade!

O CEIP ROSALÍA DE CASTRO COLABORA CO MERCADIÑO SOLIDARIO DE "HOSPITALEIROS SEN FRONTEIRAS" EN SARRIA (sábado 3 de xuño).

   Esta pasada fin de semana, entregamos á ONG "Hospitaleiros sen fronteiras" a recadación que o alumnado xuntou coas "tomateiras solidarias".

   Dende a organización transmitíronnos o seu agradecemento pola xenerosidade das familias de Bóveda e o bo traballo das nenas e dos nenos sementando e coidando as plantiñas que se venderon tan ben.

   Pero a colaboración non queda aquí: o vindeiro sábado día 3 de xuño, a ONG celebra en Sarria o segundo mercadiño solidario en favor dos nenos Talibé do Senegal. Nesta ocasión o noso cole colabora con bisutería elaborada nos tempos de lecer no "recanto creativo" da nosa biblioteca escolar.

   Haberá obradoiros, actividades e actuacións dende as 12:00 h. ata as 21:00 h. Animádevos a ir!

 

A MÚSICA DE RAÍZ NA ESCOLA. Fundación LEGAR. (26 - 05 - 2023).

   Este venres tivemos a visita de Xavier Blanco e Martina Ferradás da FUNDACIÓN LEGAR PARA A PRESERVACIÓN DA MÚSICA DE RAÍZ, dentro do proxecto "A música de raíz na escola".

   Pretenden dar a coñecer a variedade instrumental e cultural da música de raíz galega, fomentando o uso da nosa lingua e dende unha perspectiva pedagóxica aberta, amena e creativa.

   Resultou unha actividade moi interesante da que participamos cantando e bailando.

Moitas grazas por vir!

 

Así falamos nós... ao redor do millo

Diagnose e seguimento da convivencia escolar

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

 

 Apertura da enquisa do 12 ao 29 de Abril (ambos incluídos)

 

"Recollida de datos para as familias" en https://www.edu.xunta.gal/convfamil

 


"Recollida de datos para o alumnado de 5ºEP a 4º ESO" en https://www.edu.xunta.gal/convobrig

"Recollida de datos para o alumnado de ensinanzas postobrigatorias" en https://www.edu.xunta.gal/convpost

"Recollida de datos para o alumnado con necesidades especiais" en https://www.edu.xunta.gal/convee

"Recollida de datos para o profesorado" en https://www.edu.xunta.gal/convdoce

"Recollida de datos para PAS" en https://www.edu.xunta.gal/convpas

 

 

 Preguntas frecuentes

Mira ti! Un xogo de preguntas e respostas para saber sobre Bóveda

Partir do próximo para coñecer o mundo é unha forma natural de aprendizaxe.

 

Mira ti! Un xogo de preguntas e respostas é un proxecto interdisciplinar do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.

 

 

Podes comprobar o que aprendiches na seguinte ligazón da AULA VIRTUAL do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.

 

Para acceder se estar matriculado/a debes iniciar sesición con nomde de ususario/a convidado e contrasinal 1234.

Se che solicita clave de activación de automatriculación, introduce 1234.

IMOS ACABAR CO CORONAVIRUS!

Videoconferencia pronunciada pola Dra. Sonia Villapol Salgado desde Houston (Texas) para alumnado do CEIP Souto-Donas, de Gondomar (Pontevedra) e o CEIP Rosalía de Castro, de Bóveda (Lugo) sobre o Coronavirus.
Sonia Villapol Salgado, nada en Bretoña (A Pastoriza) o 8 de maio de 1977, é unha neurocientífica galega. Traballa no Texas Medical Center de Houston, onde é investigadora principal e profesora no Center for Neuroregeneration no Methodist Hospital Research, en Estados Unidos.
 
 

NOVAS

 


O centro adquiriu unha colección de 35 volúmenes coas aventuras de Gerónimo Stilton.


A idade recomendada para a súa lectura é a partir de 8 anos.


Os interesados debedes falar coas vosas titoras e elas vos facilitarán o préstamo.


                                                      

Distribuir contido