CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
Complementarias
OBRADOIRO DE PINTURA CO ALUMNADO DE INFANTIL, PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA. (16 - 06 - 2022).
Enviado por Noelia o Xov, 16/06/2022 - 19:02As nenas e os nenos de 3 a 8 anos do noso cole, asistiron a un obradoiro de pintura a cargo de Ana e Alba, onde traballaron coas cores primarias e realizaron diferentes deseños con mesturas de cores e formas.
Moitas grazas a A.N.P.A. por agasallarnos con esta actividade!
COLLEITA DE CHÍCHAROS NO HORTO ESCOLAR (9 - 6 - 2022).
Enviado por Noelia o Xov, 09/06/2022 - 21:06O alumnado de Infantil, primeiro e segundo de Primaria foi ao horto a recoller os chícharos.
En primeiro lugar houbo que sacar todas as plantas, despois escollemos as vaíñas e por último bullamos a colleita para levarlle á nosa cociñeira Silvia.
Estamos desexando probalos!
"TOUPICIENCIA SHOW" NA BIBLIOTECA ESCOLAR. (3 - 6 - 2022).
Enviado por Noelia o Ven, 03/06/2022 - 20:41Mañá de Ciencia na nosa biblioteca por xentileza do Consorcio Editorial Galego!
As nenas e os nenos de Infantil, 1º e 2º de Primaria asistiron hoxe ao espectáculo "Toupiciencia Show" na biblioteca escolar.
A toupiña científica xunto con Petronio, o seu axudante, achegaron a Ciencia aos nosos nenos e nenas dun xeito moi divertido.
Pasámolo de marabilla cos seus experimentos!
Moitas grazas por agasallarnos con esta actividade!
A GARDA CIVIL VISITA O NOSO COLE. (2 - 6 - 2022).
Enviado por Noelia o Xov, 02/06/2022 - 21:46O alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu unha charla sobre o acoso escolar, enmarcada dentro do "Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos centros educativos e a súa Contorna" " que, nas zonas rurais, desenvolve a Garda Civil.
Na aula de Infantil tiveron a visita de David (o pai de Anxo e David) quen veu co seu compañeiro a explicarnos en que consiste o seu traballo. Responderon a todas as súas preguntas e foron da man dos máis pequeniños coñecer a horta e o galiñeiro.
Tamén viñeron axentes do SEPRONA e todas as nenas e nenos do colexio puideron baixar a ver os diferentes vehículos oficiais que nos amosaron así como o seu equipamento.
Moitas grazas por vir vernos e ensinarnos tantas cousas!
AS EXCURSIÓNS RELACIONADAS CO PROXECTO "A NOSA HORTA".
Enviado por Noelia o Ven, 27/05/2022 - 20:28O 23 de novembro, levamos o millo da nosa colleita ao muíño. Recibiunos Luisa, atendeunos de marabilla e, mentres acababa de moer, fomos visitar o fermoso lugar de Ribas Pequenas.
E poucos días despois recibiunos Manolo no Mazo de Penacoba. Unha visita onde puidemos aprender a forma tradicional de traballar o ferro para poder ter as ferramentas necesarias nunha sociedade agrícola e gandeira como segue a ser a nosa.
EN 21 DÍAS NACERÁN OS NOSOS PITIÑOS. (3 - 5 - 2022).
Enviado por Noelia o Xov, 05/05/2022 - 17:47O martes día 3 de maio, o pai de Enzo trouxo á clase de Infantil unha ducia de ovos "galados". Estivemos investigando como funciona a incubadora que nos prestou a nai de Liza e trouxemos libros da biblioteca que explican como vai ser o proceso.
En 21 días nacerán os nosos pitiños. Traeremos a unha galiña que nos presta a nai de Álex para que coide deles mentres son pequeniños.
Estamos desexando velos nacer e levalos por todas as clases para que os vexan os maiores!
Mira ti! Un xogo de preguntas e respostas para saber sobre Bóveda
Enviado por Bouso o Xov, 01/04/2021 - 09:51Partir do próximo para coñecer o mundo é unha forma natural de aprendizaxe.
Mira ti! Un xogo de preguntas e respostas é un proxecto interdisciplinar do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.
Podes comprobar o que aprendiches na seguinte ligazón da AULA VIRTUAL do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda.
Para acceder se estar matriculado/a debes iniciar sesición con nomde de ususario/a convidado e contrasinal 1234.
Se che solicita clave de activación de automatriculación, introduce 1234.
IMOS ACABAR CO CORONAVIRUS!
Enviado por Bouso o Mér, 23/12/2020 - 19:20A que sabe a lúa? Un conto contado polas mestras e polos mestres do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda
Enviado por Bouso o Lun, 11/05/2020 - 22:16- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »