CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
VII ANDAINA ESCOLAR CAMIÑO DE INVERNO
A Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra organizou a VII Andaina polo Camiño de Inverno.
Nesta andaina participamos todo o alumnado do noso cole xunto con case 2.000 escolares doutros centros educativos da comarca: CEIP Monte Baliño, CEIP Virxe do Carme, CEIP A Gándara, IES Daviña Rey...
Dividímonos en dous grupos: xs de infantil fixemos o percorrido máis curto dende o Campo da Virxe, ao lado do Castelo de San Vicente, ata o Parque dos Condes. Aproveitamos que a chegada a realizamos antes da saída para subir ata a cima do monte de San Vicente e visualizar a vista panorámica da cidade, a torre da homenaxe e o claustro do Parador.
Mentres xs de primaria fixeron o percorrido desde Reigada.
Á chegada a Monforte reunímonos todos os participantes no Auditorio ao aire libre do Parque dos Condes, onde xantamos e a continuación estivemos a descansar un pouquiño observando aos parrulos e ocas do estanque do parque, tamén vimos o Colexio Nosa Señora da Antiga (Escolapios) e, finalmente pasamos o que quedaba de xornada xogando no parque infantil da Compañía.
Tamén, nos cubriron as nosas "compostelanas" de participación no Camiño.
Esta iniciativa formou parte de moitos xornais como na sección da Ribeira Sacra de El Progreso, no que saímos en portada da noticia.
FOI UN DÍA XENIAL!!!