Escolares

CONTACONTOS O APALPADOR

Dende o departamento de Dinamización da Lingua Galega programouse un contacontos sobre o Apalpador, o mítico carboeiro, procedente das montañas do Courel, que baixa na noite do 31 de decembro a apalpar as barriguiñas dos máis cativos.

A profe Noelia, leéunos o conto Antón e o apalpador da editorial Barafunda, un pequerrecho que coñeceu, por sorpresa ao Apalpador, buscando a súa tía Mariña.

 A continuación da lectura e da posta en común, as profes entregáronnos a cada un de nós un colgante cun debuxo para colorear do Apalpador que levamos para as nosas casiñas. 

 

Tamén, escoitamos a canción de Paco Nogueiras titulada "O Apalpador".


Nas noites previas a chegada do Apalpador a xente soían cantar o seguinte:

Vaite logo meu neniño,

marcha agora para camiña.

Que vai vir o Apalpador 

a palparche a barriguiña.

Sabedes que ao Apalpador tamén se lle pode chamar Apalpadore ou Pendigueiro?

Ademáis, o alumnado que así o quixo puido facer un debuxo do Apalpador para facer una tarxeta de Nadal virtual e, con ela, felicitarvos as festas. O debuxo elixido foi o de Hugo Lagoa Sánchez de 6º de Educación Primaria. Parabéns polo teu traballo!!

 

 Encantounos a historia!! Apalpador, estamos desexando que veñas a apalpar as nosas barriguiñas!!

O apalpador chega a Frian! | CEIP PLURILINGÜE FRIAN-TEIS (VIGO)

FESTIVAL DE NADAL 2023

.

DECORACIÓN DE NADAL

Coa chegada de Decembro comezamos a decorar o noso cole para esta festividade!

Comezamos poñendo a árbore de Nadal na entrada do centro e, o alumnado que quixo participar axudou a poñer o nacemento.

Mirade que bonito quedou!!!

    

 

 

 

Na materia de Arts, estivemos a realizar diferentes adornos para os nosos corredores.

 

 

Tamén, temos outra árbore de Nadal na planta de arriba a cal decoramos cas nosas propias manualidades!!

  

BO NADAL!!!

ACTIVIDADES NO NOSO HORTO ESCOLAR


Estas son as diferentes actividades que levaremos a cabo no noso horto durante os próximos meses. Prepararemos todo para a chegada da primavera. Mestres, investigaremos e estudaremos como coidar o noso horto a través do comité agrogandeiro. 

 

FESTIVAL DE NADAL 2023

Estamos súper emocionadxs de anunciarvos a data do noso Festival de Nadal!! Estades todxs convidadxs!!!

Contamos con vós. 

 

 

20 gifs y fotos animadas de Navidad realmente graciosas

AUTUMN CRAFTS

Na materia de Educación Plástica e Visual (para nós Arts) estivemos a facer diferentes manualidades de outono empregando como recurso principal as nosas mans.

Empregando témperas, pintamos as nosas mans para realizar monstruosas arañas e cabazas de Samaín.

 

 

Tamén, realizamos árbores mesturando diferentes cores.

 

Por último, estamos a elaborar un ourizo cooperativo entre o alumnado e o profesorado do cole.

 

 

Os nosos corredores lucen moito máis bonitos coas nosas obras de arte.

 

We hope you like them very much!

GALERÍA DE IMAXES

 

COLLEITA DO NOSO HORTO

DÍA DAS ESCRITORAS 2021: OLGA NOVO

Para conmemorar o Día das Escritoras, as bibliotecas que formamos o colectivo decidimos dedicar este día á escritora da nosa comarca María Olga Novo Presas (Vilarmao, 1975) pola súa importante traxectoria literaria.

 

     Este ano a comisaria da conmemoración é a poeta e filósofa Marifé Santiago Bolaños e o tema escollido "ler as idades da vida", por isto as diferentes bibliotecas afondamos no seu texto O pequeno petrucio e a naiciña nena no que comparte lembranzas da infancia. 

    Cada biblioteca traballou o texto durante varios días desde perspectivas diferentes: lectura, tradución, ilustración, investigación... e agora podedes ver o resultado de todos os traballos a continuación. 

FELIZ  DÍA  DAS  ESCRITORAS!!

 

 

 

Enlace á entrada no blog de LemosLe: http://lemosle.blogspot.com/2021/11/dia-das-escritoras-2021-olga-novo.html

 

Reto 8 Educación Física Reto final

MUCHAS GRACIAS POR LA PARTICIPACIÓN DURANTE TODO ESTE CONFINAMIENTO.

A CONTINUACIÓN EL RETO 8 Y ÚLTIMO. 

GRACIAS A TODOS/AS

                                   

Comunicación do profesor de relixión para 6º de Primaria e actividades para o resto de grupos

PARA 6º DE PRIMARIA

 

Ola a todas e todos estamos a punto de rematar este curso, como non podemos despedirnos fisicamente,imos facelo dunha forma virtual.

Para o próximo curso xa non estaredes no cole, dado que empezades unha etapa na vosa vida.

Deséxovos a todas e a todos moita sorte na vosa nova etapa.

Darvos as grazas por tantas vivenzas xuntos, tamén pedir perdón por algún enfado que houbo, a vida segue.

Por iso pídovos que me mandedes unha pequena carta de despedida e que veñades facer algunha visita ao cole o próximo curso.

Unha forte aperta a todas e a todos.

 

 

Distribuir contido