Escolares

PLAN DIRECTOR

O martes tivemos no noso centro a Ramón, membro da Garda Civil, experto en riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais. Viu a darlle unha charla aos alumnxs de 5º e 6º de primaria, a través do Plan Director. 

 

Nesta sesión abordáronse temas de actualidade moi axeitados á realidade do noso alumnado, centrándose na adicción aos videoxogos, entretemento que forma parte do día a día da maioría delxs. 

 

 

Falounos de moitos xogos online como por exemplo Clash Royale, Fornite... e de como as grandes empresas de desenvolvemento de videoxogos empregan as recompensas para crear adicción a este tipo de entretemento.

 

 

Por último, Ramón, tamén nos deu consellos de ciberseguridade nas aplicacións. Esperamos que esta sesión formativa sirva para concienciarnos dos riscos que conlevan este tipo de xogos.

 

MOITAS GRAZAS! FOI MOI INTERESANTE!

 

 

PROCESO DE INCUBACIÓN

Estamos fascinadxs co proceso de incubación que estamos levando a cabo no noso cole! Como xa sabedes, a incubación é o desenvolvemento embrionario dos poliños.

Non é un proceso tan doado como pensabamos, xa que necesita unhas condicións de temperatura e humidade bastante precisas.

 

Cada dous ou tres días unha aula é a encargada de visualizar mediante o "ovoscopio" como están os embrións. Se seguen a ter movemento, se están medrando...Todo o proceso vai quedando rexistrado no calendario/mural que elaboramos cando puxemos a incubadora en funcionamento.

  

 

 

Neste caso, foi o alumnado de 1º e 2º de primaria o encargado de visualizar e rexistrar todo.

 

 

 

SEMIFINAL ECOPREGUNTOIRO

Como xa sabedes, os catro participantes de 6º de primaria que saíron elixidos entre os seus compañeiros de curso estiveron a participar no programa titulado Ecopreguntoiro da emisora Radio Voz no que participa SOGAMA. Un concurso escolar que se vén celebrando dende hai varios cursos na nosa comunidade.

 

 

 Se clicades na imaxe accederes á web da emisora. Imaxe recuperada das RRSS de Radio Voz

 

A finalidade desta iniciativa é fomentar actitudes de respecto e sensibilización hacia á educación ambiental. Nela participan 16 centros, que se van enfrentando uns contra outros de maneira virtual e en directo, de modo eliminatorio no denominado Ecopreguntoiro.

 

Todas as preguntas amóldanse ao temario impartido neste curso, de ahí que soamente poidan participar catro alumnxs de 6º.

 

 Como xa vos informamos, a segunda victoria levounos á semifinal contra un CEIP ourensán o mércores 24 de abril. Aínda que o fixemos moi ben, non logramos pasar á final. Pero a recompensa de chegar ata aquí xa foi un premio!!

Premendo aquí podedes escoitar a participación do noso alumnado no programa radiofónico.

Este gran esforzo e implicación dos participantes, que lle dedicaron moitas horas extra a todos estes contidos, ademais de todo o traballo diario da aula fixo posible chegar tan lexos!

Deixámosvos a entrada no xornal La Voz de Galicia que se fixo eco dos seus logros:

 

 

 

NORABOA LUISA, DANIELA, DAVID E AURORA!!! ESTAMOS MOI ORGULLOSXS DE VÓS!!!

 

 

EARTH DAY

Na materia de Art o alumnado de 1º e 2º de primaria estivo facendo actividades sobre o Día da Terra (Earth Day) celebrado o día 22 de abril.

  

 

Realizaron a súa propia corona conmemorativa mentres aprendemos conceptos en inglés relacionados co coidado do noso planeta.

A continuación, realizaron un actividade de Color by code para repasar as cores e interiorizar conceptos.

  

 

Quedaron estupendas!!!

 

 

POSTA EN MARCHA DA NOSA INCUBADORA

O pasado martes, durante a hora de ler puxémos en marcha a nosa propia incubadora de ovos, proxecto enmarcado dentro das actividades do noso galiñeiro escolar.

 

 

Primeiro, explicamos todo o proceso de incubación e os pasos necesarios para poñer en funcionamento dito dispositivo.

  

 

Fixemos un calendario en formato mural onde iremos anotando as diferentes fases do proceso.

 

Iremos observando día a día a súa evolución mediante o "ovoscopio" que ten a incubadora.

  

 

Ademais, o alumnado de Educación Infantil estalle facendo sombra as nosas pitiñas coa axuda de xestas, entrelazándoas con moita precaución na tea metálica do mesmo. Deste xeito, terán refuxio á sombra cando chegue o bo tempo.

  

 

 

SAÍDA AO VIVEIRO "OS TROLLOS"

Este venres día 22 tivemos unha saída ao viveiro Os Trollos situado no noso Concello, co motivo da conmemoración do Día da Árbore.

 

Primeiro distribuíronnos en dos grupos: Educación Infantil e 1º de Primaria e, o outro de 2º a 6º de Primaria. A cada un de nós tocounos unha monitora diferente que nos axudou a realizar todas as actividades.

 

Comezamos realizando un hotel de insectos. Cada grupo realizou un, para colocar no noso centro á volta de Semana Santa.

 

 

 

A continuación, decoramos o noso propio colgante de madeira como recordatorio deste día.

 

 

 

 Cada un de nós plantou o seu propio carballo.

 

 

 

Logo, estivemos a descansar un poquiño mentres tomamos a merenda e, por último dirixímonos a outra zona para plantar dúas árbores no viveiro.

 

 

Ademais, a cada un de nós entregáronnos unha camiseta de recordo e unha casiña de paxaros para montar na casa.

 

 

Moitas grazas pola organización desta actividade ao GDR Ribeira Sacra Courel na que participamos máis de 600 alumnxs da contorna. Foi unha xornada moi divertida na que desfrutamos da natureza e pasámolo moi ben!

SEGUNDA VICTORIA NO ECOPREGUNTOIRO DE RADIO VOZ

Como xa sabedes, os catro participantes de 6º de primaria que saíron elixidos entre os seus compañeiros de curso están a participar no programa titulado Ecopreguntoiro da emisora Radio Voz no que participa SOGAMA. Un concurso escolar que se vén celebrando dende hai varios cursos na nosa comunidade.

 Se clicades na imaxe accederes á web da emisora. Imaxe recuperada das RRSS de Radio Voz

A finalidade desta iniciativa é fomentar actitudes de respecto e sensibilización hacia á educación ambiental. Nela participan 16 centros, que se van enfrentando uns contra outros de maneira virtual e en directo, de modo eliminatorio no denominado Ecopreguntoiro.

Todas as preguntas amóldanse ao temario impartido neste curso, de ahí que soamente poidan participar catro alumnxs de 6º.

 

Foto autorizada polas familias

 

Pois ben, temos outra boa nova!! Este mércores realizamos a segunda rolda deste concurso e volvimos a conseguir a victoria contra outro CEIP da provincia de Lugo. Gañamos por un total de 10 puntos fronte aos 0 conseguidos polos nosos contrincantes. 

Este triunfo é grazas a todo o traballo que están a realizar os participantes desta actividade. A súa implicación e esforzo está sendo impecable é a vista esta dos resultados obtidos. 

 

NORABOA LUISA, DANIELA, DAVID E AURORA!!! ESTAMOS EN SEMIFINAIS!!!

Bravo GIFs | GIFDB.com

VISITA DO OSO DE SALCEDO E OS SEUS CRIADOS

O pasado martes veu de visita ao noso cole o Oso de Salcedo con dous dos seus criados!!! Que sorpresa levamos ao velo aparecer no noso patio no tempo de lecer de despois do xantar!!!

Ao principio algúns asustámonos un pouco, pero ao final case todos acabamos acariciándoo e sacándonos fotos con el. Aquelxs alumnxs que non quixeron participar estiveron sentados nas gradas observando todo!

  

 

Xogou moito con nós!!! E deunos moitos abrazos!!!

  

 

Ao final, tanto o alumnado como os metres acabamos tiznados polas súas gadoupas.

 

 

Esta actividade puxo o "broche final" ao proxecto que estivemos a facer titulado O noso Entroido, que pensamos proseguir nos cursos sucesivos debido ao gran interese que despertou entre todxs nós. 

 

 

Queremos agradecerlle á Asociación Veciñal de Salcedo a posibilidade de ter o gran privilexio de que o Oso e mais os seus criados visitase o noso centro. E, en especial queremos agradecerlle a participación a Enmanuel, o papá de Jorge de Infantil, que fixo posible que toda esta idea se fixese realidade. 

 

 

Para nós, xa eres un Oso moi amoroso! Entre as voces ao saír do cole escoitábanse mensaxes como: "Foi o mellor día de cole"!!!!

Boavista Collective GIFs on GIPHY - Be Animated

 

 

 

PREPARAMOS OS AMORODOS NOSO HORTO ESCOLAR

O alumnado de 3º e 4º de primaria estivo a sacar as malas herbas da zona do horto na que temos plantados os amorados. Estaban todos cheos de herbas que lle impedían crecer máis. Así, que aproveitando este bo tempo dispuxémonos a deixar a zona limpa.

 

PRESS

 

Gústanos moito ir ao noso horto a aprender moitas cousas novas! Esperamos que crezcan e den moitos amorodos!

 

 

Agora é o turno de seguir traballando na aula. En 1º e 2º estudaremos o reino vexetal na materia de Ciencias da Natureza e na materia de Art pintaremos os bloques de formigón que rodean este espazo.

 

Ademais, dende a materia de Proxecto Competencial en 5º e 6º fixemos unha cartelería, empregando aplicación web de deseño Canva, sobre estas plantas e os seus froitos para colocar no horto.

 

Rufetes: PLANTAMOS FRESAS

 

CULTIVO DE LUFAS NO NOSO HORTO

Antes de que rematase o outono procedimos a recolectar as lufas do noso horto escolar para poñelas a secar.


 

A lufa é unha planta da familia das cucurbitáceas á que tamén pertencen froitos moito máis coñecidos como a cabaza, a cabaciña, o cogombro ou o pepinillo. Orixinalmente, trátase dunha planta de procedencia tropical aínda que hoxe en día xa se cultiva en España con moi bo rendemento.

 

Comezamos esta tarefa, realizando unha investigación sobre este vexetal. Empregamos as sesións de Proxecto Competencial en 3º e 4º de primaria para recompilar información e, mediante a aplicación de edición gratuíta Canvaelaborar un pequeno libro sobre o cultivo e uso das lufas para a nosa biblioteca. Deste modo, tamén melloramos as nosas competencias dixital e de aprender a aprender.

 

Deixamos as lufas a secar durante varios meses e, o pasado xoves acudimos a ver como seguían e se xa estaban listas para recoller a semente e aproveitar a pulpa para facer esponxas naturais.

Neste caso, foi o alumnado de 1º e 2º o encargado de levar a cabo dita tarefa.

 

A recolecta de semente foi moi doada de realizar, abrimos un pouquiño a lufa por debaixo e comezaron a caer todas as sementes. Mirade!

 

A continuación, gardámolas nun bote para sementalas cando chegue o bo tempo.

 

A continuación, estivemos a ver un vídeo no que se explicaba o proceso de cultivo e a época idónea do ano para o sementado. Tamén, estamos a traballar cos contos que vedes a continuación para aprender moito máis sobre o noso horto.

  

 

Nas pŕoximas semanas traballaremos cas lufas para conseguir as esponxas.

 

 

Distribuir contido