INGLÉS MANIPULATIVO

Na materia de Inglés estamos a traballar diversos contidos de maneira manipulativa, unha técnica de aprendizaxe moi útil e beneficiosa.

INGLÉS PARA TERCERO

Algúns estamos a traballar vocabulario relacionado ca casa e as súas partes e, tamén, aproveitamos para repasar adverbios de lugar e preposicións cunha casiña de bonecas que a mestra de Inglés trouxo para a nosa aula. 

   

   

 

Os máis maiores estamos a traballar as contraccións en Inglés cun mural colaborativo para colgar na aula e que todo o mundo teña ese apoio visual se temos algunha dúbida. 

 

 

Quedounos así de bonito!

 

Traballar así é moi divertido, aprendemos e asentamos contidos de maneira máis eficaz!