CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
IT'S ART TIME!
Na materia de Art o alumnado de 1º e 2º de primaria xa está a preparar toda a decoración de Samaín para o noso cole!
Estivemos a realizar pantasmas practicando a técnica da estampación empregando algodón e pinzas e, tamén, utilizamos unha plantilla que recortamos moi coidadosamente para mellorar a nosa motricidade fina.
Empregamos as cores máis terroríficas para as nosas pantasmas!!
Pásamolo xenial mentres practicamos vocabulario relacionado con esta festividade!
Mirade que terroríficos nos quedaron!
O alumando de 3º e 4º está a realizar uns morcegos combiando cartolina e papel "pinocho" para decorar a entrada durante a semana do Samáin.
Por outra banda, o alumnado de 5º e 6º está a traballar contidos más técnicos da área. Estivemos a experimentar coas mesturas de cores, elaborando a nosa propia roda de cor ou círculo cromático. Diferenciando entre cores primarias, secundarias...
E tamén, realizamos banderíns de Halloween!!
IT'S ART TIME!!