INCUBANDO ILUSIÓN

Comezamos o curso e con el poñemos en funcionamento de novo o proceso de incubación coa nosa incubadora. O nome do proxecto é "Incubando ilusión". Logo do éxito que tivo o curso pasado a campaña "Adopta un poliño" ideamos comezar xa neste primeiro trimestre con toda esta actividade que lles resulta tan entretida e deperta no noso alumando moita ilusión, novas aprendizaxes e mellora a súa autonomía e aprendizaxe competencial. 

Huevo GIF - Conseguir el mejor gif en GIFER

Neste caso, o que intentaremos será críar as nosas propias pitas ou galos para o noso galiñeiro escolar. 

Estivemos a colocar con moito agarimo os ovos dentro da incubadora, botámoslle un pouquiño de auga porque necesitan ter humidade e, agora deberemos esperar 28 días aproximadamente para ver se os ovos incubados dan lugar a poliños. 

   

Durante todos estes días, acudiremos por aulas, a visualizar grazas ó ovoscopio como vai evolucionando todo este proceso. 

   

Moitas grazas ás familias que colaboraron con esta actividade traendo ovos fecundados ao noso cole!!