DÍA DA BIBLIOTECA 2023

Dende 1997 o día 24 de outubro celébrase o Día Mundial das Bibliotecas, unha conmemoración impulsada polo Ministerio de Cultura e diversas institucións autonómicas. O lema proposto dende a Asesoría de bibliotecas escolares para este curso é 

 "TECENDO COMUNIDADES"

 

O cal pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns.

 

Información e imaxe recuperada de: https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=category/2/8

 

Para celebrar este día, dende o noso cole, fixemos diversas actividades ao longo destes últimos días para preparar a apertura da nosa biblioteca.  

 

Dende a materia de Proxecto Competencial o alumnado de primaria estivo a actualizar os carteis informativos da biblioteca, empregrando a aplicación de edición gratuíta Canva e, a ordear exemplares de nova incorporación seguindo a CDU (Clasificación Decimal Universal).

 

        

 

 

 Unha das melloras que fixemos na cartelería da biblio foi a introdución de pictogramas, empregando a plataforma ARASAAC e o novo logotipo da biblio coa nosa mascota O mórcego plata. Unha vez impresos, colocámolos en lugares visibles. 

 

        

 

Na hora de ler, realizamos a apertura oficial da nosa biblioteca escolar e, con ela puxemos a andar moitas actividades de dinamización da mesma como Lecturas compartidas, Recuncho creativo, Contos en familia...

Todo o alumnado acudiu a biblio para comenzar coa formación de usuarios para o presente curso. Comezamos comentando as normas de uso deste espazo e a forma de clasificar os libros segundo a CDU, tamén vimos un vídeo explicativo sobre esta asunto. 

 

Tamén, nos repartiron os nosos carnés de usuario e os marcapáxinas que estivemos a decorar nas aulas estes días coa mascota da biblioteca. Encantáronnos!!

 

        

 

 

 

 

Ademais de todo isto, explicáronnos que a nosa biblio forma parte do Colectivo Lemos Le, unha agrupación das bibliotecas escolares e municipais da comarca de Lemos, que para conmemorar este día elaborou uns marcapáxinas deseñados por Estudio Gnomo (formado por Iria Iglesias e Dani Viéitez).

 

 

 

 

Clicando aquí, podedes acceder a páxina web do Colectivo onde poderedes atopar todas as novas do mesmo. 

 

Un/unha nenx que le, será un/unha adultx que pensa. 

Miguel de Cervantes Saavedra.