BENVIDXS Ó NOSO COLE!

VII ANDAINA ESCOLAR CAMIÑO DE INVERNO

  A Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra organizou a VII Andaina polo Camiño de Inverno.

Camino de Invierno |

 

   Nesta andaina participamos todo o alumnado do noso cole xunto con case 2.000 escolares doutros centros educativos da comarca:  CEIP Monte Baliño, CEIP Virxe do Carme, CEIP A Gándara, IES Daviña Rey...

Dividímonos en dous grupos: xs de infantil fixemos o percorrido máis curto dende o Campo da Virxe, ao lado do Castelo de San Vicente, ata o Parque dos Condes. Aproveitamos que a chegada a realizamos antes da saída para subir ata a cima do monte de San Vicente e visualizar a vista panorámica da cidade, a torre da homenaxe e o claustro do Parador. 

   

   

   

 

 Mentres xs de primaria fixeron o percorrido desde Reigada.

   

 

 Á chegada a Monforte reunímonos todos os participantes no Auditorio ao aire libre do Parque dos Condes, onde xantamos e a continuación estivemos a descansar un pouquiño observando aos parrulos e ocas do estanque do parque, tamén vimos o Colexio Nosa Señora da Antiga (Escolapios) e, finalmente pasamos o que quedaba de xornada xogando no parque infantil da Compañía.

   

   

   

   

   

 

Tamén, nos cubriron as nosas "compostelanas" de participación no Camiño. 

 

 

Esta iniciativa formou parte de moitos xornais como na sección da Ribeira Sacra de El Progreso, no que saímos en portada da noticia. 

 

 

FOI UN DÍA XENIAL!!!

FORMACIÓN DE USUARIOS

Un dos proxectos principais da materia de Proxecto Competencial é a nosa biblioteca. Conseguir que todxs sexamos autónomxs no bo uso deste recurso tan valioso e que tanto nos gusta. 

Todxs temos claro que a lectura é moi importante no noso día a día, por dita razón as alumnas de 5º e 6º que acuden a esta materia estiveron a traballar as normas básicas deste espazo para logo recordárllelas ao resto de compañeirxs antes da apertura oficial da biblio o pŕoximo día 24 (Día das Bibliotecas).

   

 

Tamén, traballamos o código de cores das etiquetas dos libros e a CDU (Clasificación Decimal Universal) que é o sistema de clasificación bibliográfica de todas as bibliotecas para que todxs sexamos capaces de saber buscar os exemplares con facilidade na nosa biblioteca e no noso futuro como usuarixs doutras biblios. 

 

 

Estiveron a explicarnos onde atopamos x autor/a dun libro, x ilustrador/a, a data de publicación... para poder cubrir as nosas fichas de lectura ao finalizar cada libro que collamos en préstamo. 

Temos que seguir poñendo todo a punto para o día da apertura! Revisando que os exemplares estén ben colocados, ordeando os xogos...

    

 

A nosa biblio é de todxs e para todxs por iso, é moi importante que colaboremos e saibamos empregala de xeito eficaz e beneficioso para a nosa aprendizaxe. 

IT'S ART TIME!

Na materia de Art o alumnado de 1º e 2º de primaria xa está a preparar toda a decoración de Samaín para o noso cole!

Estivemos a realizar pantasmas practicando a técnica da estampación empregando algodón e pinzas e, tamén, utilizamos unha plantilla que recortamos moi coidadosamente para mellorar a nosa motricidade fina. 

 

Empregamos as cores máis terroríficas para as nosas pantasmas!!

Pásamolo xenial mentres practicamos vocabulario relacionado con esta festividade!

 

Por outra banda, o alumnado de 5º e 6º está a traballar contidos más técnicos da área. Estivemos a experimentar coas mesturas de cores, elaborando a nosa propia roda de cor ou círculo cromático. Diferenciando entre cores primarias, secundarias...

   

 

IT'S ART TIME!!

Pintura cuadro GIF - Buscar en GIFER

COMEZAMOS A INCUBACIÓN!

Comezamos o curso e con el poñemos en funcionamento de novo o proceso de incubación coa nosa incubadora. Logo do éxito que tivo o curso pasado a campaña "Adopta un poliño" ideamos comezar xa neste primeiro trimestre con toda esta actividade que lles resulta tan entretida e deperta no noso alumando moita ilusión e novas aprendizaxes. 

Huevo GIF - Conseguir el mejor gif en GIFER

Neste caso, o que intentaremos será críar as nosas propias pitas ou galos para o noso galiñeiro escolar. 

Estivemos a colocar con moito agarimo os ovos dentro da incubadora, botámoslle un pouquiño de auga porque necesitan ter humidade e, agora deberemos esperar 21 días aproximadamente para ver se os ovos incubados dan lugar a poliños. 

   

Durante todos estes días, acudiremos por aulas, a visualizar grazas ó ovoscopio como vai evolucionando todo este proceso. 

   

Moitas grazas ás familias que colaboraron con esta actividade traendo ovos fecundados ao noso cole!!

 

 

VISITA Á EXPOSICIÓN ITINERANTE MULLERES NA CIENCIA

O pasado xoves acudimos ao Centro Sociocultural do noso Concello a visitar a exposición itinerante da Uvigo "Mulleres na ciencia" encadrada dentro da iniciativa Exxperimenta en feminino. 

   

Tal e como se recolle na súa páxina web: "Esta exposición ten como obxectivo despertar en nenas e nenos a vocación científica a través de referentes femininos e pretende ser unha mostra itinerante por centros educativos de Galicia". 

 

Pois ben, acudimos a visitala por grupos e cada un de nós foi vendo os 14 paneis sobre diversas mulleres cun destacado papel no mundo científico, como por exemplo: María José Núñez, Isabel Zendal, Ada Lovelace...

   

Cada grupo fixo unha actividade diferente. Comezamos a sesión coa visualización de diversos vídeos sobre o concepto de que significa ser científica? 

   

 

Tamén, aprendemos cousas sobre o metódo científico e ata fixemos experimentos!!

   

 

Os máis maiores fixemos unha búsqueda de información a través dos carteis para coñecer un pouco máis da vida destas interesantes mulleres. 

 

Damos as grazas ao Concello e a técnica sociocultural de Bóveda por estas actividades tan entretidas e interesantes. 

CEIP SAN ESTEBAN

 

 

 

 

NESTE COLE TODXS ENCAIXAMOS

Comezamos o curso cunha tarefa de cohesión e convivencia baixo o lema "Neste cole todxs encaixamos". Cada un de nós decoramos a nosa propia peza con debuxos e cores que nos representan. A continuación, fomos pegando e encaixando todas as pezas ata formar un gran quebracabezas que xa forma parte do noso cole. 

 

  

  

Con esta tarefa ideada dende o Equipo de Convivencia e Benestar pretendiamos conseguir unha "explosión emocional" que nos faga sentir persoas importantes e con sentido de pertenza no noso cole. Favorenzcendo así, a cohesión grupal e o respecto cara ás nosas diferenzas. Todxs encaixamos, independentemente de como sexamos ou o que pensemos. 

 

 

Quedounos moi bonito!!

Pin page

DE VOLTA Á NOSA ESCOLA!!

Este mércores comezou de novo o cole!!

Que alegría vernos de novo e recibir aos novos compañeiros e compañeiras que se incorporaron á aula de educación infantil.

Deixámosvos por aquí algunhas fotos das actividades destes primeiros días.

 

Tamén, tivemos que recoller os froitos da nosa horta escolar. Mírade!! O cultivo foi grandioso. Estamos súper contentxs!!!

       

  

 

O alumnado de Primaria fixo banderíns do seu primeiro día, recibiron uns carteliños de benvida dos seus mestres súper bonitos...

 

 

 

ESTAMOS ENCANTADXS DE ESTAR XUNTXS DE NOVO!! DESEXANDO COMPARTIR MOITOS MOMENTOS INESQUECIBLES!!

 

 

PRINCIPIO DE CURSO

A continuación, poderedes consultar a relación de material escolar por aulas para o curso 2024-2025 así como tamén, as datas das reunións inciais por titorías. 

 

 

 

CLICA AQUÍ PARA ACCEDER Á RELACIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. 

 

 

BENVIDXS AO CURSO 2024-2025!!! 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2024

Distribuir contido