"I eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas..." Rosalía de Castro
Ed. Infantil
FIN DO PROXECTO "PROTAGONISTA DA SEMANA"
Enviado por Noelia o Dom, 02/06/2024 - 10:07Xa sabedes que este curso escolar, ademais do horto e do galiñeiro, levamos a cabo en infantil o proxecto "PROTAGONISTA DA SEMANA" a través do que se traballaron os contidos curriculares da etapa. Esta iniciativa remata logo de comezala con moita ilusión no mes de outubro.
A participación das familias foi un dos eixes fundamentais do proxecto.
No mes de marzo, xa compartimos algunhas fotos das actividades realizadas e agora, unha vez rematado o proxecto, queremos amosar as fotos das propostas de actividades que faltaban por realizar.
Queremos agradecer a implicación de todas e cada unha das familias:
As actividades que trouxestes foron variadas e moi interesantes, pero o máis importante de todo foi o cariño e a ilusión coa que vos achegates ao cole a compartir con nós esta experiencia.
Familia de SOFÍA: "Carreira de vermiños de papel".
Familia de CLARA: "Obradoiro de Slime"
Familia de MIRANDA: "Experimentos científicos e xogos de inxenio".
Familia de ARIADNA: "As nosas mans".
Familia de DANIELA: "Decoración de abanos".
Familia de TRIANA: "Imáns decorativos"
Familia de JORGE: "Xardín nocturno con luz negra".
GRAZAS POR TODO!!
SODES XENIAIS!!
PROXECTO EDUCACIÓN INFANTIL: O PROTAGONISTA DA SEMANA
Enviado por Noelia o Dom, 25/02/2024 - 15:53Este curso escolar, a aula de Infantil está levando a cabo o proxecto "Protagonista da semana" que permite abordar os obxectivos e contidos
da educación infantil dunha maneira atractiva, dinámica e interesante. Ademais de incidir na formación dunha autoestima positiva, axústase
de maneira especial ás características individuais de cada nenx e facilita a implicación familiar.
Durante unha semana, todas as actividades realizadas na aula xiran ao redor do alumno ou alumna que lle corresponda ser protagonista e
realizamos un libro con documentos e imaxes delas: fáiselle unha pequena entrevista, amosa e explica fotos da súa vida, debuxámolx,
medímolx, pesámolx, contamos cousas sobre el/ela, etc; e recibimos na aula á súa familia.
Cada familia organiza a visita do xeito que prefira traendo á aula unha actividade preparada dende a casa.
Deixamos aquí algunhas imaxes das actividades realizadas ata o momento.
Moitas grazas familias pola vosa participación e implicación!
Sodes xeniais!!
Sesión de cancións e xogos coa familia de Valentina:
Sesión de maquillaxe coa familia de Miley
Coñecemos a "Limón" a chinchilla de Xila.
Contos coa familia de Theo.
Xogos de mesa coa familia de Dylan.
Obradoiro de arxila, contos e música coa familia de Maia.
E, neste curso, aínda quedan moitas semanas de protagonistas por diante cheas de sorpresas e ideas marabillosas que poñer en práctica.
Grazas as familias por axudarnos a crear unha comunidade educativa aberta e participativa!!
APRENDEMOS A RELAXARNOS E A ACTIVAR OS SENTIDOS EN INFANTIL.
Enviado por Noelia o Dom, 25/02/2024 - 11:19Continuamos coas sesións de Ioga na aula de Infantil.
Nesta ocasión, e como o mal tempo non nos permitía saír fóra, realizamos unha sesión de relaxación con pouca luz, música suave e incienso.
Experimentamos diferentes sensacións táctiles con bolas de xel e discos de masaxe.
Para rematar, escoitando música clásica, representamos libremente as sensacións experimentadas nun mural colectivo que pintamos no chan.
Pasámolo xenial aínda que a nosa roupa tamén quedou decorada coas pinturas (je,je).
SESIÓNS DE IOGA AO AIRE LIBRE CO ALUMNADO DE INFANTIL
Enviado por Noelia o Mér, 31/01/2024 - 20:33No programa de estimulación da linguaxe (PELO) que se leva a cabo os mércores na aula de infantil,dedicamos unha parte da sesión á relaxación e á toma de conciencia do noso corpo.
A nosa nova compañeira especialista en Audición e Linguaxe Noelia Soriano, estanos aprendendo exercicios de Ioga que nos encantan.
Hoxe, animad@s polo sol, decidimos facer estes exercicios ao aire libre conectando coas árbores, os paxariños e o río que se escoitaba por debaixo da escola.
Grazas Noe! Pasámolo xenial! Esperamos que siga o bo tempo para poder repetilo!
VEÑEN ALBA (NAI DE CARLOTA) E PABLO PARA REFACER A NOSA ESPANTALLA. (31 - 05 - 2023).
Enviado por Noelia o Xov, 01/06/2023 - 21:36O alumnado de Infantil dedicou o día a renovar o espantallo do noso horto escolar.
Nesta ocasión trátase dunha espantalla chamada Alba que a nai de Carlota máis Pablo viñeron para axudarnos a facela. Quedou fermosa cos seus pelos de cores e a súa cariña ben feita!
Moitas grazas por vir ao cole e pasar o día con nós!
O ALUMNADO DE INFANTIL SEMENTA OS ALLOS NO HORTO (02 - 02 - 2023)
Enviado por Noelia o Mar, 07/02/2023 - 20:27O xoves 2 de febreiro tivemos a visita de Almudena, a nai de Sofía, para axudarnos a sementar os allos.
Non abriu a néboa en todo o día así que baixamos a última hora de mañá para realizar esta labor.
Aproveitamos para deixarlle ás pitas un ratiño de recreo mentres estabamos na sementeira.
Moitas grazas Almudena por pasar a mañá con nós e tamén a "Almacenes Rivera" por regalarnos os allos para a semente e a herba para os niñeiros das pitas!
ESTA VEZ SEGURO QUE NACEN! (09 - 09 - 2022).
Enviado por Noelia o Dom, 25/09/2022 - 11:46O día 9 de setembro puxemos de novo os ovos na incubadora.
Despois de que o curso pasado non naceran os pitiños, decidimos que o intentariamos de novo en setembro e así o fixemos.
Foi un traballo en equipo: Javi (pai de Valentina) trouxo os ovos, Petrica (nai de Liza) deixounos a incubadora e Montse (nai de Álex) coordinouse con nós para poñer os ovos a incubar cando a súa pita se puxese a chocar. Cando os nosos pitiños nazan, a pita de Montse será a súa nai adoptiva.
Estamos desexando velos nacer e poñer en funcionamento o o galiñeiro do cole!
É TEMPO DE COLLEITAR (12 - 09 - 2022).
Enviado por Noelia o Dom, 25/09/2022 - 09:36Remataron as vacacións e voltamos á escola!
Despois das apertas e do recibimento ao alumnado novo, as nenas e os nenos de Educación Infantil foron ver como estaba o horto. Como medrou todo en dous meses!!
Agora toca organizarse co alumnado de Primaria e programar o traballo: Que produtos teñen mais présa? Cales poden estropearse antes? Que imos facer con eles?
Decidido: en infantil faremos salsa de tomate así que recolleremos cebolas, tomates, pementos de Padrón e cabaciños!
NACERON AS BOLBORETAS NO COLE. (PAPILIO MACHAON) 13 - 06 - 2022.
Enviado por Noelia o Mar, 14/06/2022 - 08:41Hai varias semanas que dúas eirugas de "Papilio Machaon" (unha das variedades de bolboreta máis grandes que existen nestas latitudes) viñeron a visitarnos á escola. Estivemos coidando delas, alimentándoas e observando como realizaban a súa transformación en crisálida.
Despois desta fin de semana atopámonos coa sorpresa de que xa naceran.
Levámolas por todas as aulas do colexio e saimos ao patio todos e todas para poñelas en liberdade e devolvelas á natureza.
Ata pronto bolboretiñas!!!
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »