BOLETÍN FAMILIAR DECEMBRO

 

A UAD (Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos) edita un novo boletín de información e formación familiar para o mes de decembro. Nesta ocasión, o tema é "Adolescentes en Nadal: momento para facer prevención?". Esta iniciativa está adscrita á Concellería de Sanidad e, cada mes aborda unha problemática distinta.

No seguinte documento podedes consultar toda a información, así como tamén, podedes coñecer diferentes canles de comunicación con dita Unidade.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, por dita razón a Residencia de Persoas con Discapacidade Física DomusVi situada no Concello de Bóveda organizou un concurso de carteis conmemorativos e un gymkana colaborativa co persoal residente. 

A actividade comezou as 11.00 horas do día 5 de decembro. Acudimos ao centro moi ilusionadxs e desexando pasar un bo rato cos nosxs veciñxs!

 

Dividíronnos por grupos e cada un de nós e tivemos que ir superando unha probas para conseguir as pezas dun puzzle. 

 

  

As pezas do puzzle conformaban a imaxen do debuxo gañador. 

 

Debuxo realizado por Mª Aurora, 6º Primaria

Por outra banda, o alumnado de Educación Infantil estivo a deixar as súas pegadas nun mural de recordo nunha das paredes da residencia. Mirade que bonito lles quedou.

 

Entregáronnos un diploma de acreditación de participación no concurso e, un chaveiro realizado polxs residentes como agasallo pola nosa visita. 

 

 

Moitas grazas a residencia DomusVi por organizar esta actividade de sensibilización e inclusión!!

 

25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

pastel purple purple heart gif | WiffleGif       25N- DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO       pastel purple purple heart gif | WiffleGif

Como centro educativo cremos que a mellor arma para loitar contra a violencia de xénero é unha educación cimentada na igualdade efectiva entre mulleres e homes. Por esta razón e para reivindicar a nosa loita contra esta problemática organizamos diferentes actividades educativas.

O venres día 24 acudiu ao centro a concelleira de Cultura e Ensinanza, Cristina Juíz, para explicarnos a campaña de sensibilización do Concello "Sementando igualdade". Entregounos a cada un de nós, un conto dos Bolechas titulado "En Bóveda somos iguais" e cunha ilustración do miradoiro do Alto do Coto. Ademais, tamén nos amosou a árbore da igualdade e deunos unha pegatina a cada un/unha de nós. Por último, pegamos na entrada do noso cole o símbolo de dita iniciativa. Quedou precioso! Moitas grazas por estes agasallos tan importantes e necesarios!

 

 

A nivel de centro, organizamos un contacontos realizado polo alumnado de 5º e 6º de primaria para todxs durante a hora de ler do luns día 27. O conto elixido foi o titulado "As mulleres que cultivaban néboas" de Bea Gregores da Editorial Xerais.

AS MULLERES QUE CULTIVABAN NEBOAS | BEA GREGORES | Casa del Libro

Nel relátase a historia de supervivencia e esperanza dunha nena e a súa mamá, que tecía unha manta azul para protexelas dos actos violentos do seu papá.

 

Unha vez comentado o conto, entre todxs realizamos a nosa manta azul como símbolo de protección de todas as víctimas de violencia de xénero. Para tecela cada un/unha de nós tivo que escribir nun anaquiño de cartolina unha palabra, unha frase ou realizar un debuxo que denotara unha actitude contraria á violencia. Debido a gran importancia desta actividade, todo o persoal do centro participou na confección da nosa manta.

 


 

A verdade é que a actividade co lema "Tecendo fíos pola igualdade" demostrou a sensibilidade que o noso alumnado ten ante esta problemática. Escribiron palabras moi bonitas que confiamos que nun futuro sigan servindo como referencia dos seus actos.

Ademais, de todas estas tarefas. Como xa sabedes, a cada aula tócalle facer un decoración para "o taboleiro das conmemoracións" que está situado nas escaleiras do centro. Neste caso, foi o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria xs encargadxs de elaborar un mural reivindicativo que lles quedou así de bonito:

 

 

 GALERÍA DE IMAXES

CONTACONTOS ESTRAFALARIA

Dentro do programa "Rimando pola Igualdade" organizado pola ANPA do centro o venres día 24 de novembro ás 15.00 acudimos ao centro sociocultural a participar no contacontos Estrafalaria a cargo de Xarope Tulú.

 

 

  

 

Pasámolo moi ben mentres coñecemos a historia de varias mulleres, que fóron consideras como "estrafalarias" por seren diferentes. O contacontos basouse en tres libros principalmente:

H... - Biblioteca Municipal “León Gil” de Cabanillas del Campo     Primeira semana na escola de vacas Patas de peixe Libros El faro de los  tres mundos    Daniela la pirata (CATALAN)

 

O primeiro deles relata a historia de Alicia, unha nena que é moi curiosa e constantemente cae en sitios moi insospeitados polo seu afán de saber máis. A primeira semana na escola de vacas de Andy Cutbill conta a historia de Daisy nos seus primeiros días na escoliña nos que se atopa moi triste porque non é capaz de facer o mesmo que o resto de vacas (espantar moscas co rabo, non sabe pintar cos cascos...) e, no último Daniela soña con ser pirata dun barco, pero desgrazamente hai moitas persoas ao sue arredor que non están moi de acordo...

 MOITAS GRAZAS POR ESTAS ACTIVIDADES!

GALERÍA IMAXES 

LECTURAS COMPARTIDAS

Os xoves, son sen dúbida, un dos nosos días favoritos da semana debido as lecturas compartidas. O alumnado de todo o centro mestúrase por parellas para realizar a hora de lectura de forma colaborativa. 

 

 

 

As lecturas compartidas abren a porta a unha forma de ler entretida e despertan o interese polos libros dos pequenxs prelectorxs. Aos máis maiores axúdalles a mellorar a súa competencia lectora e o seu proceso de aprendizaxe. O traballo entre iguais é considerado un "tempo de calidade". Deste modo, aprendemos non só dos adultos senón tamén, dxs nosxs compañeirxs. 

  

GALERÍA DE IMAXES

Dribbble - dialibro-3.gif by Carlos López

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O día 20 de novembro conmemórase o Día Universal dos Dereitos da Infancia porque foi neste día, en 1989, cando se firmou a Convención sobre os dereitos dos nenos e nenas un tratado internacional das Nacións Unidas que recoñece os dereitos fundamentais das persoas menores de 18 anos. 

Aniversario de la Declaración Universal de los Derechos del Niño

Esta conmemoración foi traballada polo alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, que elaborou un cartel decorativo para "o taboleiro das conmemoracións" do noso corredor. Ademais, o alumnado de 3º e 5º, na materia de Proxecto Competencial, realizaou un decálogo sobre os dereitos básicos da infancia. 

 

COMITÉ AGROGANDEIRO

O pasado día 20 tivemos a segunda reunión do Comité Agrogandeiro do noso centro. Dito organismo, tenta ser un instrumento de organización e planificación de toda a xestión do horto e do galiñeiro escolar. O alumnado que, por vontade propia, quixo participar en dita organziación, reúnese mensualmente no tempo de lecer despois do comedor para levar a cabo todo este asunto. 

 

  

Elxs mesmxs, guiadxs polo profesorado, son xs que propoñen ideas, plantexan necesidades... As alumnas de 6º son as encargadas de redactar as súas propias actas das reunións levadas a cabo!!

 

  

Entre os puntos do día podemos destacar as funcións da comisión, o establecemento de reunións periódicas, detección de necesidades (mercar comida para as pitas, limpar o horto...). 

 

 

 

"Dime e esquézoo, ensíname e lémbroo, involúcrame e apréndoo!" (Benjamin Franklin).

 

grupoecuador2022 [licensed for non-commercial use only] / INICIO

CHRISTMAS CRAFTS

Na materia de Arts xa comezamos coas tarefas de Nadal, que o tempo cómpre!! E queremos decorar o cole para esta época do ano tan especial.


Moitas veces durante as sesión de dita materia, escoitamos música en inglés para mellorar a nosa pronunciación e afianzar palabras e pequenos conceptos. Tamén, colabora con nós nas nosas clases de Arts, Parveen a auxiliar de conversa, que acude ao centro os mércores e venres.

 

Estivemos a pintar unha galletiña de xenxibre, un Santa Claus coas pernas mooooi longas e as bolas que adornarán unha árbores moi especiais...

 

GALERÍA DE IMAXES

Navidad GIFs - Get the best GIF on GIPHY

 

IT´S CHRISTMAS TIME!!!

XXVII CERTAMEN FERTIBERIA

O alumnado do 1º e o 2º ciclo de Educación Primaria participou na XXVII convocatoria do Certamen Fertiberia de Pintura Rural Infantil.

 

 

Neste caso fixeron diferentes debuxos inspirados no mundo agrícola e relacionados coa natureza, as plantas, o seu crecemento e a súa función á hora de xerar alimentos. Dito concurso ten un gran éxito de participación dende a súa creación en 1996. Con esta iniciativa ponse en valor o ámbito rural animando ao alumnado a sentirse comprometido con seu entorno natural.

Mirade as súas obras de arte!! Desexámoslle moita sorte aos nosxs artistas!!

Debuxos realizados por 1º e 2º de Educación Primaria

 

Debuxos realizados por 3º e 4º de Educación Primaria.

 

ENLACE CERTAMEN FERTIBERIA

NOVOS LOGOTIPOS DO NOSO COLE

Estamos encantadxs de presentavos o novo logo do noso cole. Empregando o mural que ilustra a entrada ao centro, recortamos a cara de Rosalía de Castro e elaboramos este logo que xa forma parte da nosa páxina web.

Tamén, elaboramos o do comedor, o do horto, o galiñeiro e o da nosa biblioteca coa mascota da mesma, elaborada o curso pasado polo alumno Hugo Lagoa Sánchez, que foi a máis votada polo alumnado entre  todas as que se presentaron. Foi denominada Morcego Plata e así de bonita queda no novo logotipo. 

 

  

Distribuir contido