Skip to Content

Equipo de Normalización Lingüística

Premio ENREGUÉIFATE 2020

Hoxe mesmo, chegou o Trofeo e o Diploma acreditativo, do premio á regueifa máis reivindicativa, que conseguíu o alumnado de 6º o curso pasado no "ENREGUÉIFATE 2020"

Este ano, máis que nunca, e debido ás circunstancias que estamos a vivir... Queremos compartilo con toda a comunidade educativa e adicárvolo con todo o noso cariño!!

 Trofeo EnreguéifateDiploma Enreguéifate

Vídeo-creación de benvida ao futuro alumnado do centro!

Como sabedes, este ano, debido ás circunstancias derivadas da alerta sanitaria polo COVID 19, non puidemos facer a habitual visita ao centro do alumnado que entra novo no cole o vindeiro curso escolar. De aí que editaramos esta vídeo-creación para que os novos ramalloseir@s e as súas familias poidan coñecer un pouquiño máis de preto as nosas dinámicas de traballo. 

Unha aperta ben grande e bo verán a toda a Comunidade Educactiva deste CEIP da Ramallosa, do que todos nos sentimos máis que orgullosos de formar parte.

O CEIP da Ramallosa premiado no "ENREGUÉIFATE"

Danos unha alegría inmensa comunicarvos oficialmente a toda a Comunidade Educativa do CEIP da Ramallosa, que alumnado de 6º de Ed. Primaria, foi premiado neste recoñecido certame de Regueifa. En concreto, dentro da categoría da "Regueifa máis Reivindicativa".

Un recoñecemento, que este ano máis que nunca, nos sabe mellor que ben, dadas todas as circunstancias derivadas da alerta polo COVID19. Sen dúbida, é un premio dobre para toda a Comunidade Educativa do CEIP da Ramallosa. 

 

A nosa, "EcoRegueifa", interpretada pola nosa "Banda EcoTeo",afonda sobre a temática iniciada no proxecto do centro do curso pasadoEcoTeo”. Na que reivindicamos a importancia do coidado do noso Planeta...

 

Queremos dar as grazas pola implicación na actividade a todo o alumnado participante!! E aproveitar para lembrarvos que o traballo, antes ou despois, sempre da os seus froitos! Especialmente agora, que en nada iniciaredes unha nova andaina no instituto.

 

Non podemos deixar de expresar a nosa felicidade e gratitude por este recoñecemento á Organización do Certame ENREGUÉIFATE!! E prometerlles que continuaremos "fabricando" regueifas ano a ano, para que a nosa música e lingua galega non deixe de latexar nunca nos nosos corazóns. 

 

Asemade, queremos agradecer a traballo excepcional do Concello de Teo a prol destas iniciativas culturais a través do Departamento de Política Lingüística.  Así como as súas fermosas verbas de recoñecemento cara o profesorado e alumnado do noso centro. Grazas por sementar ilusión e cultura!

 

Sen máis, deixámosvos o vídeo dos Ramalloseir@s cantando a xa premiada "EcoRegueifa", un Karaoke da mesma e un vídeo resumo de todos os Premiados nesta IV Edición do ENREGUÉIFATEParabéns regueifeir@s!

 

 

  

SORPRESIÑAS NESTE DÍA DE FIN DE CURSO!!

Bo día Ramalloseir@s!!

Como sabedes, hoxe remata o curso 2019-20. E non podiamos facelo, sen deixarvos unha sorpresiña a tod@s! Especialmente, ao alumnado de 6º de Ed. Primaria, que remata a súa andaina no noso cole, para empezar unha nova etapa nas súas vidas cursando a ESO.

Por iso, desta volta, son el@s @s protagonistas principais deste agasallo que vos preparamos con todo o noso cariño!! Como “compensación” por non poder facerlles o habitual Acto de Gradación que se merecen.

Agardamos que desfrutedes destes vídeos que fixemos con todo o noso cariño para vós. E que pasedes un verán xenial!! Uns recargando pilas para vernos en setembro de volta ao cole e os maiores, xa no insti, vivindo novas experiencias.

Unha aperta ben grande de todo o profesorado, cociñeir@s, coidador@s... E do noso súper conserxe. Temos moitas moitas ganas de volver a vervos!! Bicosss!!  

PROPOSTAS DE LECTURAS PARA VERÁN

GOZADE MOITO DO VERÁN, DAS VACACIÓNS, DO MERECIDO DESCANSO, E

     "PARA VIVIR ALGUNHA AVENTURA

                   ESCOLLE UNHA BOA LECTURA" 

 

Aí ven o maio...

Agora que remata o mes de maio aquí tedes os maios tan marabillosos que fixeron as nenas e nenos de 3º B

 

En 2º de Ed. Primaria, tamén fixeron Maios!!

Entroido 2019-20

Aquí iremos publicando todas as montaxes das actuacións do proxecto "O Circo", que empregamos como temática para a celebración do entroido deste curso escolar 2019-20

Agardamos que vos preste velo! Especialmente nestes momentos tan complexos Sorriso

"BAILANDO CON ROSALÍA" (24F)

Aquí vos deixamos a lembranza da actividade homenaxe a Rosalía de Castro, proposta entre outras para conmemorar esta data (24 de febreiro). Un obradoiro de baile a nivel de centro, no que se pretende facer o mesmo que facía a escritora, darlle valor á nosa cultura galega en todas as súas formas. Para isto contamos coa inestimable colaboración da profesora de baile Galego "Gabriela Casal Alfonsín" (mestra en prácticas no centro durante a segunda avaliación). Gracias compi!!

 

 

21 de MARZO: DÍA DA POESÍA...COMEZA A PRIMAVERA, HAI ESPERANZA!

ESTE 21 DE MARZO, COMEZO DA PRIMAVERA!!

NESTA SITUACIÓN TAN DIFÍCIL QUE NOS TOCOU VIVIR, QUEREMOS COMPARTIR OS TRABALLOS QUE FIXEMOS NO COLE SOBRE A POESÍA E AMOSARVOS QUE AS SEMENTES QUE PLANTAMOS NA AULA XA EMPEZAN A AGROMAR. HAI VIDA, HAI ESPERANZA! COIDÁDEVOS!

 

E aquí vos deixamos a canción que estabamos a preparar para esta data sinalada!!

Retomarémola á volta!

O día do medio ambiente agárdanos xa o vindeiro 5 de xuño e pode ser unha gran data para cantarmos todos xunt@s e festexar tamén o "final" desta complexa situación que nos está tocando vivir. Xa sabedes que a música cura un feixe de males. Así que... A cantarrrrSorriso

 

  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut