Programa gravado polos profes Manuel e Óscar, co alumnado de 4ºA de Ed. Primaria, con motivo da conmemoración desta efeméride. O 30 de xaneiro "celebramos" a importancia da paz no mundo, pero tamén incidimos noutros aspectos educativos relacionados con esta temática. Aspectos como a tolerancia, a empatía e o respecto e axuda aos nosos semellantes. Desta volta queremos dar conta tamén de persoeiros cruciais na procura da paz e nos motivos e circunstancias que propiciaron esta efeméride a nivel mundial.
Actividade encadrada dentro do "Proxecto de Radio Escolar"/ "Radio na biblio" do centro e vinculada aos diferentes equipos docentes; EDLG, Biblioteca escolar, TIC´s, Extraescolares, Convivencia,...
Músicas:
KAREYC "Te Wa Vouan Ne Ma"
ANDERSON "La máquina de escribir"
JOHN LENNON "Imagine". Adaptación musical ao galego con ukelele. Unha proposta da Área de Ed. Musical e o EDLG do centro.
Preme na imaxe para escoitar o programa / Non esquenzas facerte seguidor e darlle a "me gusta"
Compartimos unha breve reseña da proposta conxunta que fixemos todo o cole xunto, para conmemorar o Día da Paz, como cada 30 de Xaneiro; a interpretación de "Imagine", pero versionada en galego e musicalizada co acompañamento de varios instrumentos nas mans dalgunhas crianzas e algún mestre.
Unha historia de persoeiros e achados asombrosos!!
Textos: Maite Vence, Manuel Vicente e Andrea Burés
Ilustracións: Clara Cerviño
Estrelas Galegas da Ciencia é un libro para nenos, ilustrado, de ton divulgativo e divertido, que pretende explicar a historia da ciencia feita en Galicia e a dos seus persoeiros e achados científicos máis significativos. Cando se crearon as universidades e centros galegos de investigación? Quen foron aqueles científicos e inventores máis sobresaíntes ao longo da historia? Cales foron os achados máis fascinantes? Nesta historia da ciencia contada a nenos, responderanse estas preguntas e moitas outras. Un libro necesario e sorprendente, para un público sempre curioso e con vontade de aprender o que non se atopa nos libros de texto.
O libro pódese ler e descargar en formato dixital, así como outras guías deste gran proxecto "Observer Turismo Científico"
Descarga aquí o libro e outras publicacións de interese.
V CERTAME AS IMAXES DO PATRIMONIO GALEGO-PORTUGUES
Hoxe acudimos ao Auditorio da Asoc. Cultural Valadares (Vigo) para recoller o 1º premio á mellor fotografía e o premio ao mellor programa de radio escolar adicado á mesma temática. Foi un día cargado de emocións e gratitude!!
Queremos agradecer á organización de Ponte nas Ondase ao xurado do certame este recoñecemento tan importante para nós.
E por suposto a tod@s @s nen@s e familias que nos fixéstedes chegar as vosas fermosas fotografías antigas e aos que participaron no programa de radio, especialmente a Otilia e Javier, os avós que nos agasallaron con esta fermosa entrevista. Non vos perdades este programa de radio ramalloseirosaquí.
Podedes tamén ver toda a información completa dos premios, ao que asistiron entre outras autoridades; D. José Manuel Rodríguez Uribes, embaixador de España na UNESCO, os directores xerais de Cultura e de Patrimonio Cultural, D. Anxo M. Lorenzo e Dna. Mª Carmen Martínez asistentes,... Premendo aquí entraredes directamente á nova na propia web de Ponte nas Ondas.
Asitiron todos @s participantes no certame e tivemos tamén a sorte de podermos contar coa compaña das familias dos premiados.
(Seguimos subindo contidos, pois agardamos máis fotografías)
Podedes ver toda a entrega de premios no seguinte vídeo:
"Os nosos premios": Entrega premio ao Mellor programa de Radio Escolar de Ed. Primaria (Minuto 36:20)
Entrega 1º premio de Ed. Primaria (Minuto 48:10)
APOIAAQUÍA CANDIDATURA DE PONTE…NAS ONDAS! AO REXISTRO DAS BOAS PRÁCTICAS DE SALVAGARDA DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL DA UNESCO. O 1 DE DECEMBRO SABEREMOS SE OBTEMOS ESTE RECOÑECEMENTO DA UNESCO
Qué é a UNESCO? Cal é o motivo da súa creación?
Preme nos seguinte enlaces para saber máis cousiñas sobre a "Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.
Un ano máis, este xoves día 10, celebramos o magosto!
Unha xornada de festa!! Con xogos tradicionais, a música da "UkeBand", e os "Ghaiteiros ramalloseiros", as brasas para as castañas asadas e un feixe de actividades, fixeron as ledicias dos nenos/as e familias do cole que nos acompañaron.
Podedes premer na imaxe para ver todas as fotos e vídeos deste fermoso magosto!!
Podedes consultar toda a información sobre os premiados e o material entregado na propia web de Ponte nas Ondas.
Tamén podedes ver todo o traballo que presentamos coas fotos que nos enviástedes as familias do centro aquí.
Mil grazas ao xurado e a Ponte nas Ondas por este recoñecemento ao noso traballo. Cando sementas e a colleita da froitos, o sentemento de satisfacción é inigualable.
Moitísimas grazas tamén a vós, ás familias, pola vosa participación. Especialmente a Yoel Ares Gómez, o gañador no apartado de fotografía e a Carolina Veiga Blanco , Gael Atrio Montes e Icía García Chouciño, alumnado que participaron na gravación do programa xunto coa súa titora Carmen Midón e un servidor, o profe Óscar.
Pero se alguén foi importante, foron os nosos entrevistados! Otilia e Javier, avós de Nico e Brais (alumnado do centro) e colaboradores do noso comedor escolar. Fixeron un progama excepcional! Cargado de emocións e aprendizaxes. A verdade é que nos deixaron sorprendidos, pois semella que levaran facendo entrevistas de radio toda a vida. Foi máxico! E convidámosvos a escoitalo premendo no enlace arriba ou na imaxe.
Hoxe foi un día moi moi especial! Recibimos nada máis e nada menos que o premio do “Proxecto didáctico Antonio Fraguas”.
Un recoñecido galardón que vai pola súa XII edición, organizado pola Fundación Antonio Fraguas e patrocinado pola Secretaría Xeral de Política lingüística.
O proxecto que presentamos “EcoParloTeo; froitos da terra”, ten un marcado carácter multidisciplinar, por abarcar diferentes eidos da nosa lingua, música, historia, tradición, natureza autóctona/ecoloxía…
Grazas a esta importante dotación económica e apoio loxístico voará máis alto que nunca, para desembocar en setembro/outubro do 2023 nunha macro exposición no Museo do Pobo Galego, na que os protagonistas serán os nosos alumnos/as e todo o traballo realizado ata agora, e o que virá durante o vindeiro curso escolar.
Grazas unha vez máis a toda a xente da Fundación, O Museo do Pobo Galego, a Secretaría Xeral de Política Lingüística…
Este recoñecemento é moi importante para todos os Ramalloseir@s!!