Skip to Content

Equipo de Normalización Lingüística

INICIANDO 21 DÍAS EN GALEGO E+

ESTE CURSO PARTICIPAMOS NO PROGRAMA 21 DÍAS CO GALEGO E +, CO OBXECTIVO DE FOMENTAR ENTRE A NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA O USO DO NOSO IDIOMA, QUE CADA VEZ TEN MENOS FALANTESTriste

PARA A INAUGURACIÓN, XUNTÁMONOS NO SALÓN DE ACTOS E CONTAMOS COA PRESENZA DE DIVERSAS AUTORIDADES, TAL COMO O ACTO O MERECÍA: A NOSA ALCALDESA, LUCÍA CALVO, O NOSO DIRECTOR RAFA E O NOSO COMPAÑEIRO E COORDINADOR DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA NO CENTRO ÓSCAR, ASÍ COMO, A VISITA DA COORDINADORA DOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA NA PROVINCIA DA CORUÑA, PURA GALÁN. E NON MENOS MERECIDO O AGRADECEMENTO Á NOSA BANDA DE RAMALLOSEIR@S QUE PUXERON O TOQUE MUSICAL A ESTE ACTO.

                    

ELIXIMOS COMO CANCIÓN PARA PRESENTAR ESTE PROGRAMA E ANIMAR A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA E CUMPLIR CO RETO DE USAR O NOSO IDIOMA, O TEMA "MÁIS GALEGO" DA NOSA QUERIDA BANDA "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA", QUE TODAS AS CRIANZAS DO CENTRO CANTARON CON FORZA, ENCHENDO O SALÓN DE ACTOS DE VOCES BERRANDO "MÁIS GALEGOOOOOOO!"

E QUIXEMOS FACER UN GUIÑO Á BANDA DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA, VINDO CARACTERIZADOS CON ROUPA COMO ELES, XA O CURSO PASADO, O ALUMNADO DE INFANTIL LEVOUNA COMO VESTIMENTA POLO ENTROIDOGuiño

- TAMÉN INICIAMOS O RETO DE RECOPILAR E REXISTRAR 21 DITOS EN GALEGO; CANTO ERAN EMPREGADOS ORALMENTE POLOS NOSOS MAIORES E AGORA QUE POUCO SE ESCOITAN!. E COMO NON QUEREMOS QUE SE PERDAN, ANIMAMOS ÁS NOSAS CRIANZAS, COA AXUDA DAS FAMILIAS, A INVESTIGAR E RECOLLER MOITOS DELES PARA QUEN NON SE PERDAN E SIGAN A USARSE, SABENDO QUE SIGNIFICADO TIÑANSorriso

NA AULA DE 4 ANOS- B XA LEVAMOS ALGÚNS RECOLLIDOS:

- E PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA, DENDE O CICLO DE INFANTIL, 4 D@S COMPAÑEIR@S GRAVARON UN VIDEO, OS "TEOFANTES" DANDO PISTAS SOBRE INSTRUMENTOS MUSICAIS GALEGOS, PARA INTENTAR ADIVIÑAR DE QUE SE TRATABA. 

VISUALIZAMOS NA AULA DITO VIDEO, E TOD@S QUEDARON EMOCIONAD@S; OS PARTICIPANTES DE VERSE A SÍ MESM@S E @S  DEMAIS DE VER AOS SEUS/SÚAS COMPAÑEIR@S Sorriso

   (clica na 1ª imaxe para poder ver o video )

 

 

Certame de Arte Escolar - Fundación Granell

As pequenas e pequenos grandes aristas de Educación Infantil e Primaria, partillamos con vós con grande emoción as nosas creacións elaboradas para o "Certame de arte escolar da Fundación Granell". Este ano co tema de "Granell, natureza e medio ambiente". Temática do noso Proxecto de Escola Verde: "EcoTeo; Ramalloseir@s coa natureza"

Podedes visitar a EXPOSICIÓN durante todas as vacacións de nadal no Museo Granell, ubicado no Pazo de Bendaña (Praza do Toural - Compostela). Ademais do agasallo de nos expoñer todos os nosos traballos, tres dos participantes obtiveron premio. André Rey Álvarez na categoría de construción, Sergio Castro Baliñas en debuxo e Alba Martínez Gómez en collage.

PRESENTACIÓN DO "CLUBE DE CONVIVENCIA"

O alumnado da Ramallosa síntese comprometido coa convivencia! Así o afirmaron onte no acto de presentación do noso "Clube de Convivencia", un organismo democrático e asambleario formado por:

 

- "Coordinadores de préstamo de material de xogo"; que colaboran para que o tempo de recreo sexa un momento de diversión e desconexión. 

- "Colaboradores de Biblioteca"; que axudan a manter o funcionamento da nosa biblioteca.

- "Mediadores escolares"; que resolverán os posibles conflictos que poidan xurdir no tempo de patio de forma cooperativa e restaurativa.

- "Guardiáns de corredor"; que velarán para  que as entradas e saídas no cole sexan da forma máis ordeada posible.

 

Un compromiso libre e voluntario, onde o alumnado,  de maneira desinteresada e colaborativa,  todos unidos e unidas aseguramos que a nosa convivencia sexa cada vez mellor. 

Grazas a todos e todas!

 

 

DOBRE PREMIO NO VI CERTAME DAS IMAXES DO PATRIMONIO PNO

Máis que agradecidos por este dobre recoñecemento para @s Ramalloseir@s!!

É un orgullo formar parte do colectivo “Ponte nas Ondas” e aportar o noso granciño de area a prol da recuperación do noso patrimonio cultural.

Grazas compañeir@s ❤️

Parabéns a todo o alumnado e equipos docentes de Galicia e Portugal participantes no certame.

PREMIOS DO CENTRO:

- 2º PREMIO “VI Certame das Imaxes do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués”: Parabéns á nosa alumna “Alexandra Pedreira Fdz” polo seu traballo coa foto “Guerra Civil española” ❤️

- PREMIO ESPECIAL DO JÚRI: É un orgullo recibir tamén unha das dúas mencións especiais ao “mellor traballo de centro” co noso proxecto “Anaquiños de onte vistos cos ollos de hoxe”. Neste seso, é de xustiza resaltar e agradecer o grandísimo traballo levado a cabo polo profe Xabi. Grazas Ramalloseiro!! Eres moi grande!!

Partillamos un vídeo-resumo de todos os traballos presentados ao certame.

Tamén podedes escoitar na nosa canle de radio escolar o programa de radio gravado para o proxecto.

 

CONSULTA AQUÍ TODOS OS PREMIADOS POLO XURADO DE "PONTE NAS ONDAS"

VICERTAME PNO

ESCOLA VERDE (Vídeo final) "Día Mundial do Medio Ambiente"

Con este vídeo pechamos o traballo de centro co "Proxecto Escola Verde", neste curso escolar 2022_23.

Desta volta cunha montaxe conmemorativa sobre o acto que fixemos no "Día Mundial do Medioambiente",

e centrada nun dos obxectivos primordiais do equipo docente. Algo tan importante como facerlle ver aos

discentes e ás familias a importancia dos tres "R"; ReducirReciclarReutilizar.

Facendo especial fincapé no relativo á redución no consumo de plásticos dun só uso!!

Fixemos un traballo integral, icentivando diversas dinámicas entre a comunidade educativa neste senso;

recollida e clasificación de lixo, fomento de "merendas sen plástico, concienciación sobre

o dano que producen ao planeta estes resíduos, a súa afectación aos seres vivos,...

Por suposto, todo este traballo vai ligado a outros moitos eixes deste extenso proxecto;

Horto Escolar, Aromáticas e insectos, Xardín da Esperanza, Brigadas de limpeza, reconto

e clasificación de resíduos, proxecto "Limpa os teus Ríos,... 

LONGA VIDA Á ESCOLA VERDE!!

CERTAME "AS IMAXES DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS" - "Ponte nas Ondas"

 PROGRAMA DE RADIO

 

 

VÍDEO RESUMO DE TODO O TRABALLO

 

PRESENTACIÓN DO TRABALLO REALIZADO COA FAMILIAS

(Pode ser que por incompatibilidades co navegador, dispositivo móbil,... As presentacións non se vexa de forma optima ou non poidades escoitar a música que acompaña á mesma. De ser así, recomendamos mellor o visionado da montaxe de vídeo))

 

TRABALLO DE CENTRO VINCULADO AO PROXECTO ANTONIO FRAGUAS

“Anaquiños de onte vistos cos ollos de hoxe”

2ª Edic. CÓNTAME UN CONTO (APOI)

Esta semana asistimos á gala final do Proxecto CÓNTAME UN CONTO. Promovido polo APOI (Museo do Pobo Galego e Fundación Antonio Fraguas) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Asistíu todo o alumnado participante no proxecto (3º e 4º de Ed. primaria) e tamén unha representación do alumnado de 5º e 6º que achegaron tamén algunhas actuacións musicais ao acto. Foi toda unha festa e unha experiencia educativa do máis enriquecedora.

Todas as montaxes dsos contos recollidos e contados polos nenos/as estarán no apartado da web do centro adicado a este proxecto. Non deixedes de velos e darlles os vosos like´s.

Aquí vos deixamos unha pequena montaxe resumo de todo o acto!!

  

Cóntame un conto 2ª Edic(1)

Cóntame un conto (2)

Podedes ver e descargar todas as fotos e vídeos das actuacións no seguinte enlace

 

 

 

ENTRA NA WEB DO APOI (Museo do Pobo Galego), para ver todo o traballo deste fermoso proxecto.

ESPECIAL "CÓNTAME UN CONTO"

 

Programa especial adicado a "Cóntame un conto", proxecto educativo impulsado pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas que promove a actividade de contar contos de tradición oral galegos entre os escolares. O proxecto busca aproveitar as posibilidades educativas deste recurso, promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral e incorporar a tradición oral de contar contos ás actividades públicas dos centros escolares.

- Alumnado participante no programa de radio: 4º de Ed. Primaria (grupo c)

- Profesorado: María Álvarez Garea, Benxa Salgado Otero e Óscar Suárez Carbia

Distribuir contido


by Dr. Radut