INICIANDO 21 DÍAS EN GALEGO E+
ESTE CURSO PARTICIPAMOS NO PROGRAMA 21 DÍAS CO GALEGO E +, CO OBXECTIVO DE FOMENTAR ENTRE A NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA O USO DO NOSO IDIOMA, QUE CADA VEZ TEN MENOS FALANTES
PARA A INAUGURACIÓN, XUNTÁMONOS NO SALÓN DE ACTOS E CONTAMOS COA PRESENZA DE DIVERSAS AUTORIDADES, TAL COMO O ACTO O MERECÍA: A NOSA ALCALDESA, LUCÍA CALVO, O NOSO DIRECTOR RAFA E O NOSO COMPAÑEIRO E COORDINADOR DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA NO CENTRO ÓSCAR, ASÍ COMO, A VISITA DA COORDINADORA DOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA NA PROVINCIA DA CORUÑA, PURA GALÁN. E NON MENOS MERECIDO O AGRADECEMENTO Á NOSA BANDA DE RAMALLOSEIR@S QUE PUXERON O TOQUE MUSICAL A ESTE ACTO.
ELIXIMOS COMO CANCIÓN PARA PRESENTAR ESTE PROGRAMA E ANIMAR A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA E CUMPLIR CO RETO DE USAR O NOSO IDIOMA, O TEMA "MÁIS GALEGO" DA NOSA QUERIDA BANDA "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA", QUE TODAS AS CRIANZAS DO CENTRO CANTARON CON FORZA, ENCHENDO O SALÓN DE ACTOS DE VOCES BERRANDO "MÁIS GALEGOOOOOOO!"
E QUIXEMOS FACER UN GUIÑO Á BANDA DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA, VINDO CARACTERIZADOS CON ROUPA COMO ELES, XA O CURSO PASADO, O ALUMNADO DE INFANTIL LEVOUNA COMO VESTIMENTA POLO ENTROIDO
- TAMÉN INICIAMOS O RETO DE RECOPILAR E REXISTRAR 21 DITOS EN GALEGO; CANTO ERAN EMPREGADOS ORALMENTE POLOS NOSOS MAIORES E AGORA QUE POUCO SE ESCOITAN!. E COMO NON QUEREMOS QUE SE PERDAN, ANIMAMOS ÁS NOSAS CRIANZAS, COA AXUDA DAS FAMILIAS, A INVESTIGAR E RECOLLER MOITOS DELES PARA QUEN NON SE PERDAN E SIGAN A USARSE, SABENDO QUE SIGNIFICADO TIÑAN
NA AULA DE 4 ANOS- B XA LEVAMOS ALGÚNS RECOLLIDOS:
- E PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA, DENDE O CICLO DE INFANTIL, 4 D@S COMPAÑEIR@S GRAVARON UN VIDEO, OS "TEOFANTES" DANDO PISTAS SOBRE INSTRUMENTOS MUSICAIS GALEGOS, PARA INTENTAR ADIVIÑAR DE QUE SE TRATABA.
VISUALIZAMOS NA AULA DITO VIDEO, E TOD@S QUEDARON EMOCIONAD@S; OS PARTICIPANTES DE VERSE A SÍ MESM@S E @S DEMAIS DE VER AOS SEUS/SÚAS COMPAÑEIR@S
(clica na 1ª imaxe para poder ver o video )