Velaquí vos deixamos o vídeo presentado ao certame "Enreguéifate" este 2018. O alumnado de sexto de primaria traballou, como actividade proposta para o DÍA DA POESÍA a composición de regueifas co propósito de participar neste concurso a nivel galego.
"Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.
Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.
O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa."
O 2 de maio, participamos na "Regueifesta"!!
Máis info sobre o proxecto aquí