Skip to Content

Equipo de Normalización Lingüística

25N

                                                                                

Este venres celebramos o "Día Mundial Contra a Violencia de Xénero".

Deixámosvos as fotos do acto e o manifesto!! 

                Descargar fotos aquí                                                                                       Descargar manifesto aquí

Nace a Revista escolar "Ledicia"!!

Temos o pracer de presentarvos o nacemento da revista dixital "LEDICIA", da man do alumnado de sexto curso de Ed. Primaria.

Un traballo fermoso e cun carácter pedagóxico a salientar.

Neste primeiro número podedes atopar información sobre o Proxecto de Centro deste ano (EcoTeo), e outras

moitas novas interesantes. Parabéns polo traballo!!

Portada da revista

 

"SAMAGOSTO"

Deixámosvos a gravación da composición musical realizada na Área de Ed. Musical a modo de “himno” para a celebración no cole do Samáin e o Magosto. De ahí o seu nome; “SamaGosto”.

 

"EcoRock"

Xa temos a composición da Canción Oficial do Proxecto de Centro deste ano; "EcoTeo"

Así, e seguindo a temática do mesmo, na Área de Educación Musical do Centro, compuxemos a letra e os arranxos musicais deste "EcoRock" a partir dunha base instrumental cedida pola "RockSchool de Londres", a través da nosa "Casa do Rock" Compostelá. Mil grazas por adiantado pola súa colaboración nesta cesión.

Este tema musical servirá de colofón para cantarmos todos xuntos ao remate das diversas celebracións escolares do ano. De feito, o estreno oficial será moi pronto, o vindeiro venres no “SamaGosto”.

Durante o curso tamén faremos unha versión cantada polos propios nen@s do cole e un videoclip.

Polo de agora deixámos aquí a V.O.

Agardamos que vos guste!!

 

Descarga a letra aquí

 

 

"EcoTeo"

Xa está en marcha o "Proxecto de Centro" desde curso 2018_19, baixo o nome:

A través do mesmo, trataremos a problemática do coidado do “Medio Ambiente” de maneira interdisciplinar. Todo a través dun traballo coordinado con todo o equipo docente do centro e comandado polo Equipo de Actividades Extraescolares, o Equipo de Biblioteca Escolar e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

Traballaremos sobre tres eixes:

- “Os Refugallos”: Reciclaxe,Concienciación, xestión....

- “Ecosistemas”: Especies Autóctonas/invasoras....

- “EcoRamalloseir@s”: Traballo destes valores no centro, conducindo as actividades a desenvolver a través do mencionado Proxecto de Centro. Entre outras cousas faremos; brigadas de limpeza/supervisión de patio, mural/rocódromo reevindicativo, obra escultórica con refugallos, decoración do patio de Ed. Infantil, concurso de carteis para o calendario solidario do centro, composicións e propostas musicais

Entre outras moitas cousas, está e marcha xa por exemplo o "Concurso de Carteis" para o "Calendario Solidario" , do que coñeceremos o gañador/a e os 3 accesit ou finalistas o vindeiro 5 de Novembro.

Tamén está funcionando xa as "Brigadas de limpeza de patio". Poderedes ir vendo as fotos de todos os cursos aquí:

 

A través da web iremos dando conta das diferentes propostas e actividades que estamos levando a cabo!  

PROPOSTAS LECTORAS PARA O VERÁN

     

Agora que chegan as vacacións, é un bo momento para relaxarnos cunha boa lectura. Estas son as nosas recomendacións dende o equipo de biblioteca. Desfrutade moito!!

Fai clic na imaxe

 

"MIÑA TERRA GALEGA" (Videoclip)

Proxecto audiovisual traballado este curso 2017_18 con Xaime Fandiño, avó de Daniela, alumna do centro da aula de 4 e 5 anos. Mil grazas polo teu traballo Xaime! Quedou ben fermoso.

"PALABRAS FERMOSAS DO GALEGO"

Velaquí vos deixamos o vídeo resumo da actividade "Palabras Fermosas do Galego" proposta para estas "Letras Galegas 2018".

  

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS! 

O 16 de maio, día previo á celebración da data das nosas letras, volvémonos xuntar toda e Comunidade educativa da Ramallosa no Xirimbao. Un ano máis, reunímonos na nosa fraga á sombra de carballos e castiñeiros, e desta volta, os máis pequechos do cole, convertéronse en auténticos piratas do Ulla. Grazas ao bo facer dos nosos guías, aprendemos moitas cousas de interese da nosa zona e como non, xogamos e divertímonos moitísimo. Coma doutras veces,  tamén realizamos xogos populares e gozamos dos hinchables. Xantamos e como sobremesa, ademais do saboroso xeado, bailamos unha muñeira ao ritmo das gaitas e pandeiretas. De novo, unha xornada estupenda! 

 Preme aquí ou na foto para ver as imaxes

 

"REGUEIFANDO CON Mª VICTORIA"

Proxecto "Regueifando con Mª Victoria".

Musicalización do seu conto "Can branco, can negro", do libro "Eu conto, ti cantas".

Obra da autora homenaxeada nestas Letras Galegas 2018, Mª Victoria Moreno Márquez

Varios obxectivos se conglomeran neste traballo:

- O canto, coñecemento e orixe da "Regueifa". Así como a relación con outras manifestacións artísticas  semellantes, tradicionais noutras zonas de Galicia. Como por exemplo, os nosos "Atranques" etc.

- O coñecemento da vida e obra da escritora.

- A musicalización e adaptación de textos para cantar.

- A fusión musical de estilos.

- ...

Velaquí vos deixamos o resultado final!

 

 

En breve iremos colgando o resto das gravacións de cada aula!!

LIBRO COLABORATIVO: "ENTROIDO GALEGO"

Xa podedes visionar a versión online do "libro colaborativo" que fixemos sobre o entroido en Galicia. Con toda a información e imaxes de parte dos traballos que fomos facendo ao arredor desta temática. Na biblioteca do centro podedes consultar a versión impresa no recuncho das novidades. Agardamos que vos guste!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut