Skip to Content

Blogue de Carme

DISFRAZÁMONOS NO ENTROIDO E BAILAMOS CON "QUEEN"

NESTE ENTROIDO, A TEMÁTICA ESCOLLIDA NO NOSO COLE FOI A DOS MUSICAIS. EN 4º BAILAMOS COA BANDA "QUEEN" TEMAS TAN COÑECIDOS COMO: "WE ARE THE WORLD", "WE WILL ROCK YOU", "I WANT TO BREAK FREE" E OUTROS. DISFRUTAMOS MOITO ENSAIANDO A NOSA COREOGRAFÍA, DISFRAZÁNDONOS  E COMPARTINDO TAREFAS XUNTOS. VELAÍ VAN ALGÚNS MOMENTOS DESTES DÍAS DE ENTROIDO:

  

COÑECEMOS COMO ERUPCIONA UN VOLCÁN

EN SOCIAIS ESTAMOS ESTUDANDO O RELEVO, ASÍ QUE QUIXEMOS COÑECER UN FENÓMENO QUE NOS SORPRENDE E QUE TEN LUGAR NA SUPERFICIE TERRESTRE: OS VOLCÁNS. PARA COÑECER AS PARTES DO MESMO E COMO TEN LUGAR A ERUPCIÓN VOLCÁNICA, TOMÁS E RAÚL, TROUXÉRONNOS Á AULA DÚAS MAQUETAS COAS QUE PUIDEMOS OBSERVAR E COÑECER UN POUCO MÁIS SOBRE ESTE FENÓMENO. VELAÍ TEDES ALGUNHAS IMAXES DO EXPERIMENTO:

21 DÍAS CO GALEGO E +

ESTE CURSO PARTICIPAMOS DE NOVO NOS "21 DÍAS CO GALEGO E +", UN PROGRAMA DESTINADO A COIDAR, REFORZAR, USAR E VALORAR A NOSA LINGUA. FIXEMOS UN MONTÓN DE ACTIVIDADES DIVERTIDAS: RECOLLEMOS DITOS RETRANQUEIROS EN GALEGO, ELABORAMOS AS FOLLAS PARA A NOSA ÁRBORE DA LINGUA, APADRIÑAMOS A AULA CO GRUPO MUSICAL "FUXAN OS VENTOS" E REMATAMOS CUNHA GALA FINAL E UN  CONCERTO DE "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA". DESPOIS DESTES 21 DÍAS  SÓ NOS QUEDA SEGUIR FALANDO, ESCRIBINDO E LENDO EN GALEGO... VELAÍ TEDES A MAYA E RAÚL COA CONTA ATRÁS PARA O COMEZO DESTE FERMOSO PROXECTO!!

VISITAMOS OS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES

INICIAMOS O 2º TRIMESTRE CUNHA SAÍDA MOI INTERESANTE: O MARTES, 9 DE XANEIRO O ALUMNADO DE 4º FOMOS A CORUÑA A VISITAR A DOMUS (O MUSEO DO HOME) E A CASA DAS CIENCIAS (PLANETARIO). DESFRUTAMOS DAS MÚLTIPLES ACTIVIDADES INTERACTIVAS QUE HAI NOS DOUS MUSEOS, COÑECEMOS UN POUCO MÁIS O CORPO HUMANO, APRENDEMOS MOITO SOBRE AS ESTRELAS, PLANETAS, CONSTELACIÓNS E FIXEMOS UNHA VISITA PANORÁMICA POLA CIDADE DA CORUÑA. FOI UNHA MAÑÁ MOI DIVERTIDA. SE CLIKAS AQUÍ PODES VER TÓDALAS FOTOS.

BO NADAL!!!

ASÍ DE FELICES REMATAMOS O TRIMESTRE! PASÓUSENOS VOANDO! BO NADAL A TODOS E VERÉMONOS NO VINDEIRO ANO 2024. BOAS FESTAS!!!

 

 

CAXOTO, UN CONTACONTOS MOI DIVERTIDO!

PARA REMATAR O TRIMESTRE FÍXONOS UNHA VISITA UN PAXE REAL MOI PECULIAR. CON MOITO HUMOR DEUNOS UNHAS INSTRUCCIÓNS DE COMO TEMOS QUE FACER PARA QUE OS REIS NOS TRAIAN AGASALLOS, XA SABEDES: DEIXARLLES COMIDA SAUDABLE, TER O CUARTO RECOLLIDO, ESCRIBIRLLE UNHA CARTA BEN FEITA, NON PEDIR MOITAS COUSAS,... REMATAMOS CANTANDO XUNTOS UNHA CANCIÓN DE MANUEL MARÍA DO SEU LIBRO "SOÑOS NA GAIOLA". VELAÍ ALGÚNS MOMENTOS DA SESIÓN.

VISITAMOS A EXPOSICIÓN QUE O CEIPP A RAMALLOSA TEN NO MUSEO DO POBO GALEGO

ESTE VENRES O ALUMNADO DE 4º FOMOS AO MUSEO DO POBO GALEGO PARA VER A EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS ESCOLARES PREMIADOS NA XII EDICIÓN DO PROXECTO DIDÁCTICO ANTONIO FRAGUAS. TRÁTASE DUNHA ESCOLMA DE ELEMENTOS DO NOSO PATRIMONIO MATERIAL E INMATERIAL, COMO OS ENTROIDOS DE GALICIA, A HISTORIA ORAL, A TOPONIMIA, OS XOGOS POPULARES, OS CONTOS, RADIO ESCOLAR, ETC. TRABALLOS REALIZADOS POLOS DISTINTOS CURSOS DO NOSO COLE DURANTE O PASADO CURSO ESCOLAR. ENCANTOUNOS VER OS NOSOS TRABALLOS NUN LUGAR TAN EMBLEMÁTICO COMO O MUSEO DO POBO GALEGO. APROVEITAMOS PARA VER ALGUNHA SALA DO MUSEO, A SÚA FAMOSA ESCALEIRA  DE CARACOL E TAMÉN O PANTEÓN DE GALEGOS ILUSTRES, ONDE ESTÁN ROSALÍA E CASTELAO.

PAGA A PENA VISITALA!

"O MEU VECIÑO TOTORO" NA SALA NÚMAX

O PASADO VENRES 24 DE NOVEMBRO, O ALUMNADO DE 4º FOMOS Á LIBRERÍA NÚMAX A VER "O MEU VECIÑO TOTORO". TRÁTASE DUNHA PELÍCULA DE ANIMACIÓN XAPONESA ONDE O SEU DIRECTOR, MIYAZAKI, TRATA DE INCULCAR O AMOR POLA NATURALEZA A TRAVÉS DOS SEUS PERSONAXES: UNHA FAMILIA QUE SE TRASLADA AO CAMPO E ALÍ AS DÚAS FILLAS ATOPAN A TOTORO, UN ESPÍRITU CO QUE COMPARTEN MÁXICAS AVENTURAS.

 DESFRUTAMOS COS PERSONAXES E RIMOS MOITO COAS OCORRENCIAS DOS PROTAGONISTAS.

 

O 25 N REBELÁMONOS CONTRA TODO TIPO DE VIOLENCIA!

CABAZAS, CONTOS DE MEDO E DISFRACES NO SAMAÍN

COMO TÓDOLOS ANOS, NO TEMPO DE OUTONO CELEBRAMOS O SAMAÍN. GÚSTANOS MOITO DISFRAZARNOS ASÍ QUE O 31  DE OUTUBRO COLLEMOS AS NOSAS CABAZAS, A NOSA MERENDA TERRORÍFICA E OS NOSOS DISFRACES PARA VIR ASÍ Ó COLE.

CLICA AQUÍ E VERÁS AS FOTOS DESTES DÍAS!

TAMÉN DISFRUTAMOS LENDO CONTOS DE MEDO...A ESCURAS!

                                                ENCÁNTANOS O SAMAÍN!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut