Skip to Content

Blogue de Carme

INVESTIGAMOS SOBRE OS ANIMAIS

REMATAMOS O TRIMESTRE ESTUDIANDO OS ANIMAIS, INVESTIGAMOS E FIXEMOS TRABALLOS SOBRE OS NOSOS ANIMAIS PREFERIDOS E AS SÚAS CARACTERÍSTICAS. VELAÍ OS NOSOS TRABALLOS.

4º EP DESPIDE O CURSO EN VIGO

O XOVES 16 DE XUÑO, O ALUMNADO DE 4º FOMOS Á CIDADE DE VIGO. VISITAMOS O ZOO, O SEU REPTILARIO E AS INSTALACIÓNS COA FAUNA AUTÓCTONA. TAMÉN ACCEDEMOS ÁS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CELTA. DÉMONOS UN BO CHAPUZÓN NAS PISCINAS DA PRAIA DE SAMIL E FINALIZAMOS VISITANDO O MUSEO DO MAR DE GALICIA. PODEDES CLICAR NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DESTE DÍA.

DIVERTIDA SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA

O LUNS, 13 DE XUÑO  ASISTIMOS Á SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA CON HUGO, O CONTACONTOS DA EDITORIAL VICENS VIVES. PUIDEMOS DESFRUTAR DAS DIVERTIDAS HISTORIAS DO LIBRO "O PETO MÁXICO" MOI BEN RELATADAS POLO ARTISTA E COA ESCENIFICACIÓN DO NOSO ALUMNADO. QUEDOUNOS CLARO QUE LER PODE RESULTAR MOI, MOI DIVERTIDO!!!

 

VISITA DA ESCRITORA LEDICIA COSTAS

HOXE, 8 DE XUÑO, O ALUMNADO DE 3º E 4º TIVEMOS A SORTE DE RECIBIR Á ESCRITORA LEDICIA COSTAS. FOI UNHA EXPERIENCIA MOI BONITA, XA QUE NOS ENCANTOU COÑECER Á AUTORA DOS DOUS LIBROS QUE LEMOS E COS QUE DISFRUTAMOS UN MONTÓN: "OS MINIMORTOS" E "VAMPIRA DE BIBLIOTECA". EXPLICOUNOS MOITAS COUSAS DA SÚA VIDA E DE COMO EMPEZOU A ESCRIBIR.  PUIDEMOS TAMÉN PREGUNTARLLE MOITAS CURIOSIDADES SOBRE AS SÚAS OBRAS. FINALMENTE, ASINOUNOS OS NOSOS EXEMPLARES E TAMÉN DEIXOU UNHA DEDICATORIA NO LIBRO DE AUTORES DA BIBLIOTECA. SE QUEREDES VER AS FOTOS DA VISITA, CLICADE NA IMAXE INFERIOR.

CERTAME CÓNTAME UN CONTO NO TEATRO PRINCIPAL

O 30 DE MAIO DEMOS POR FINALIZADO O PROXECTO "CÓNTAME UN CONTO" ORGANIZADO POLO MUSEO DO POBO GALEGO E A FUNDACIÓN ANTÓN FRAGUAS. ACUDIMOS Á GALA FINAL QUE TIVO LUGAR NO TEATRO PRINCIPAL. ALÍ VISUALIZAMOS VARIOS VIDEOS RECOPILATORIOS DOS NOSOS CONTOS, ESCOITAMOS Á CONTACONTOS MARÍA DE PONTAGRA, DISFRUTAMOS DA MÚSICA DOS NOSO RAMALLOSEIROS E DAS TANXUGUEIRIÑAS, RECIBIMOS UNHAS VISEIRAS DE AGASALLO E UN DIPLOMA ACREDITATIVO DA PARTICIPACIÓN E REMATAMOS A XORNADA CUNHA VISITA GUIADA POLO CASCO HISTÓRICO DE SANTIAGO. CLICA NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DESTA ACTIVIDADE.

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

O 23 DE ABRIL, QUIXEMOS RECORDAR O IMPORTANTE QUE É LER, POR ISO FIXEMOS VARIAS ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO. ELABORAMOS MARCAPÁXINAS PARA AGASALLAR OS NOSOS COMPAÑEIROS, INTERCAMBIAMOS LIBROS, INVESTIGAMOS SOBRE ESTA DATA...VELAÍ A MOSTRA DAS ACTIVIDADES:

 

FACEMOS MÁQUINAS E CIRCUITOS ELÉCTRICOS

REMATAMOS O TEMA DAS MÁQUINAS EN NATURAIS E QUIXEMOS ELABORAR AS NOSAS PROPIAS CREACIÓNS. VELAÍ TEDES UNHA MOSTRA DO BEN QUE NOS QUEDARON:

 

PLANTAMOS CASTIÑEIROS NO PARQUE DA RAMALLOSA

O PASADO DÍA 24 DE MARZO, QUIXEMOS CELEBRAR O COMEZO DA PRIMAVERA PLANTANDO

CASTIÑEIROS E ASÍ COLABORAR CO NOSO MEDIO AMBIENTE. OS BOMBEIROS FORESTAIS DO

DISTRITO III (ORDES) ACOMPAÑÁRONOS E GUIÁRONOS PARA DITA ACTIVIDADE.

DISFRUTAMOS MOITO E APRENDEMOS MOITAS COUSAS. SE CLICADES NA IMAXE,

VEREDES UN RESUMO FOTOGRÁFICO DE DITA ACTIVIDADE.

ENTROIDO 2022

ENCÁNTANOS DISFRAZARNOS. CLICADE NA IMAXE E  VEREDES FOTIÑAS DOS NOSOS

DISFRACES NESTE DÍA DE TROULA!

VIVA O ENTROIDO DO NOSO COLE!

DINÁMICAS PARA APRENDER A CONVIVIR XOGANDO!!!

ESTA SEMANA TIVEMOS UNHA SESIÓN MOI DIVERTIDA ONDE REFLEXIONAMOS SOBRE A IMPORTANCIA DO XOGO PARA APRENDER A CONVIVIR EN HARMONÍA.

 POSTERIORMENTE, NO PATIO APLICAMOS TODO O QUE APRENDEMOS!... PASÁMOLO MOI BEN!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut