Skip to Content

Blogue de Carme

VISITAMOS AS ILLAS ONS

A PIQUES DE REMATAR O CURSO, QUIXEMOS COÑECER ONS, UNHA DAS ILLAS QUE FORMAN PARTE DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS XUNTAMENTE CON SÁLVORA, CÍES E CORTEGADA, A CAL VISITAMOS O CURSO ANTERIOR. AS ILLAS ONS ATÓPANSE NA RÍA DE PONTEVEDRA QUE CRUZAMOS NUN CATAMARÁN. Ó CHEGAR Á ILLA FIXEMOS UNHA RUTA ATA CHEGAR AO FARO. A GUÍA FOINOS EXPLICANDO A FAUNA PROPIA DO LUGAR  (GAIVOTA PATIAMARELA, CORMORÁN MOÑUDO, ARAO COMÚN, LONTRA, COELLO...) E TAMÉN A FLORA (TOXOS, BREZO, ALISOS...). FALOUNOS TAMÉN DA SÚA HISTORIA E DE QUE AÍNDA ESTÁ HABITADA POR UNS 63 VECIÑOS A PESAR DE SER PROPIEDADE DO PARQUE NACIONAL. DESPOIS DE COMER, BAÑÁMONOS NA FERMOSA E CRISTALINA PRAIA. DESFRUTAMOS MOITO DO DÍA!!!

 

4º C: AULA DE "FUXAN OS VENTOS"

ESTE LUNS, TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL: UN DOS FUNDADORES MÁIS IMPORTANTES DO GRUPO QUE DÁ NOME Á NOSA AULA, XOSÉ LUÍS RIVAS, MINI, VEU PARA APADRIÑAR A NOSA AULA. TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE COÑECELO A FONDO FACÉNDOLLE UN MONTÓN DE PREGUNTAS; CANTAMOS CON EL "A SEMENTEIRA", "A CAROLINA", "O MEU AMOR É MARIÑEIRO", "IRMAOS"...DESFRUTAMOS UN MONTÓN. AGASALLÁMOLO CUNS RECORDOS PARA QUE NON SE ESQUEZA DE NÓS, COMO TAMPOUCO NÓS NOS ESQUECEREMOS DEL. ASINOUNOS AUTÓGRAFOS E REMATAMOS CUNHA ENTREVISTA NA RADIO. FOI UNHA MAÑÁ BEN EMOCIONANTE! VELAQUÍ ALGUNHAS IMAXES DA VISITA:

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS DE ABANCA

             

ESTE XOVES, 2 DE MAIO, LEVAMOS A CABO NO CENTRO UN PROXECTO ESCOLAR POLA SUSTENTABILIDADE QUE UNE CULTURA E COIDADO DO MEDIO AMBIENTE A TRAVÉS DA UTILIZACIÓN DE PINTURAS FOTOCATALÍTICAS ANTICONTAMINACIÓN. ESTAS PINTURAS NON SÓ NON CONTAMINAN, SENÓN QUE ADEMAIS ABSORBEN E DEPURAN OS CONTAMINANTES QUE HAI NO AIRE, COMO OS ÓXIDOS DE NITRÓXENO E OUTROS GASES CONTAMINANTES DA INDUSTRIA E O TRÁFICO RODADO.

O PROXECTO, "PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS", ESTÁ IMPULSADO POLA OBRA SOCIAL ABANCA EN COLABORACIÓN CON VELLA ESCOLA E ENMARCADA NO PLAN PROXECTA, A TRAVÉS DO PROGRAMA ESCOLA VERDE. DITA PROPOSTA CONSISTIU EN DÚAS INICIATIVAS:

--- UNS OBRADOIROS DE PINTADO DE BOLSAS DE TEA CON TEMÁTICA AMBIENTAL, QUE LEVARON A CABO CRIANZAS DE 4ºEP

PODEDES VER O PROCESO DA ACTIVIDADE NAS SEGUINTES IMAXES:

 

- OUTRO GRUPO DE CRIANZAS DE 5ºEP, PARTICIPOU NO PINTADO DUNHA PAREDE DO CENTRO (NESTE CASO, POR CUESTIÓNS METEREOLÓXICAS, A PAREDE FOI NO INTERIOR), USANDO IGUALMENTE AS MESMAS PINTURAS E CON TEMÁTICA AMBIENTAL E ALGÚN OUTRO GUIÑO, COMO NESTE CASO, UNHA GUITARRA PARA FACER REFERENCIA AO PERSONAXE PROTAGONISTA DA REVISTA MUSICAL CREADA NESTE CURSO.

             

 

 

 

 

  

XULIA PISÓN INTRODÚCENOS NO MUNDO DO COMIC

ENMARCADO NAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO EQUIPO DINAMIZADOR DA BIBLIOTECA, ESTE ÚLTIMO LUNS DE ABRIL, O ALUMNADO DE 4º TIVO UN ENCONTRO COA ILUSTRADORA, ESCRITORA E ARTISTA VISUAL XULIA PISÓN, AUTORA  DE CÓMICS COMO "MICROALGAS", "MCCACTUS", "LEGADO", ETC. XULIA PISÓN, DESPOIS DE DEIXAR A PROFESIÓN DE ENFERMERÍA, CURSOU ESTUDIOS SUPERIORES DE ILUSTRACIÓN E VEUNOS A CONTAR MOITAS TÉCNICAS PARA A REALIZACIÓN DE CÓMICS. TAMÉN NOS FALOU DO SEU PROXECTO RELACIONADO COA INVESTIGACIÓN DAS MICROALGAS E DOS SEUS BENEFICIOS PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE E O MEDIO AMBIENTE. 

EXPLICOUNOS OS PASOS A DAR PARA FACER UN CÓMIC: GUION, MINIATURAS DAS PÁXINAS, BOCETO A LAPIS, DEBUXO FINAL, DISTINTAS TÉCNICAS PARA O DESEÑO DE PERSONAXES, UTILIZACIÓN DE FORMAS E CORES, VIÑETAS, LIÑAS DE MOVEMENTO, ONAMATOPEAS...

 COAS PAUTAS DADAS POR XULIA, PUXEMOS EN PRÁCTICA TODAS AS TÉCNICAS.  XULIA SUPERVISOU TODOS OS NOSOS TRABALLOS E DEUNOS MOITOS CONSELLOS PARA QUE SIGAMOS ELABORANDO CÓMICS. FOI MOI DIVERTIDO!

 

PLANTAMOS NO MONTE PEDROSO

                  

ENMARCADO NO PLAN PROXECTA, A TRAVÉS DO PROGRAMA ESCOLA VERDE, O ALUMNADO DE CUARTO DE PRIMARIA, ACUDIU AO PEDROSO A FACER UNHA PLANTACIÓN DE DIVERSAS ÁRBORES AUTÓCTONAS (FREIXOS, CASTIÑEIROS E CARBALLOS) CO FIN DE EVITAR A DEFORESTACIÓN. ACOMPAÑÁRONNOS OS AXENTES AMBIENTAIS SANTIAGO NEIRA E XABIER VIDAL, ASÍ COMO O EQUIPO DE BRIGADISTAS E MOTOBOMBISTA DO DISTRITO FORESTAL III. APROVEITAMOS PARA VISITAR A CASETA DE VIXIANCIA DE INCENDIOS DESDE ONDE PUIDEMOS VISUALIZAR TODA A COMARCA DE SANTIAGO E ARREDORES. FIXEMOS UN PERCORRIDO POLAS RUTAS DE SENDEIRISMO DO MONTE PEDROSO E DESFRUTAMOS DUNHA XORNADA MOI DIVERTIDA EN CONTACTO COA NATUREZA.

SE CLICAS AQUÍ PODEREDES VER TÓDALAS FOTOS DESTA ACTIVIDADE.

 PLANTANDO

REGANDO E "REGÁNDONOS"

VISITANDO A CASETA DE VIXIANCIA

MERENDANDO

EXPLORANDO

REMATAMOS RECIBINDO UNHAS MEDALLAS POLA NOSA COLABORACIÓN CO MEDIO AMBIENTE!!!

OBRADOIROS DE CONSUMO RESPONSABLE CON MANS UNIDAS

              

HOXE VEUNOS VISITAR MIRIAM PARA FALARNOS DA IMPORTANCIA DE LEVAR A CABO UN CONSUMO RESPONSABLE NAS NOSAS CASAS. MANS UNIDAS É UNHA ONG INTERNACIONAL ESPAÑOLA CONSTITUIDA POR VOLUNTARIOS E QUE LOITA PARA ERRADICAR A FAME E A POBREZA NO MUNDO. POR MEDIO DO PROXECTO "FAME CERO" ANALIZAMOS OS NOSOS HÁBITOS DE CONSUMO E A NECESIDADE DE CAMBIAR MOITOS DELES:

  1. ANALIZAMOS NUN VIDEO O REPARTO POUCO EQUITATIVO E A DIFERENZA ENTRE NÓS E O TERCEIRO MUNDO.
  2. FALAMOS DO QUE NÓS PODEMOS APORTAR PARA LOITAR CONTRA A DESIGUALDADE.
  3. FIXEMOS UN ESTUDO DO QUE ALMORZAMOS HABITUALMENTE.
  4. INVESTIGAMOS DE ONDE PROCEDEN MOITOS DOS NOSOS ALIMENTOS.
  5. FIXEMOS FINCAPÉ DA IMPORTANCIA DE CONSUMIR PRODUTOS LOCAIS.
  6. INCIDIMOS NA REGRA  DAS "3R" E ENGADIMOS DÚAS MÁIS: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR, REPARAR E REPENSAR.
  7. COMPROMETÉMONOS A COLABORAR PARA AXUDAR AO CAMBIO. 

VELAQUÍ ALGUNHAS IMAXES DA ACTIVIDADE:

 

    

A ESCRITORA MARÍA CANOSA, VEUNOS A FALAR DE RUBICUNDO

O MÉRCORES 20 DE MARZO, A ESCRITORA MARÍA CANOSA VISITOU O NOSO CENTRO PARA COMPARTIR CO ALUMNADO DE 4º AS AVENTURAS DOS PROTAGONISTAS DO LIBRO QUE ESTIVEMOS A LER NESTE TRIMESTRE: RUBICUNDO, O COSEDOR DE VENTOS. PREGUNTÁMOSLLE MOITAS COUSAS SOBRE A SÚA PROFESIÓN DE ESCRITORA E SOBRE COMO CREA AS SÚAS HISTORIAS E PERSONAXES. GUSTOUNOS MOITO ESCOITALA. VELAQUÍ OS MOMENTOS DO ENCONTRO COA ESCRITORA:

 DESPOIS DA CHARLA, MARÍA ASINOUNOS OS LIBROS A CADA UN E TAMÉN DEIXOU UNHA DEDICATORIA NO LIBRO DA BIBLIOTECA. MENTRES, APROVEITAMOS PARA LER EN GRUPO ALGÚN EPISODIO DO LIBRO.


FOI UN ENCONTRO MOI DIVERTIDO!

 NA AULA FIXEMOS TRABALLOS SOBRE RUBICUNDO, UN PERSONAXE MOI ESPECIAL!

 

VISITAMOS A CIDADE DA CULTURA E FOMOS A VER A OBRA DE TEATRO "HUGO"

O xoves, 14 de marzo fixemos unha saída a Santiago para ver a obra de teatro "Hugo", no auditorio de Abanca. Grazas a ela puidemos coñecer como é unha persoa con transtorno de espectro autista e aprendemos un pouco máis sobre a importancia da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferenza.

Antes, pasamos pola Cidade da Cultura e visitamos no Museo unha exposición sobre pintura de José María Barreiro, pintor vangardista de Forcarei. Aquí quedan uns momentos da actividade:

 

 

FALAMOS CON GONZALO POR VIDEOCONFERENCIA

HOXE TIVEMOS UNHA SORPRESA MOI AGRADABLE: COMO É O DÍA DE ANDALUCÍA, APROVEITAMOS QUE GONZALO, COMPAÑEIRO QUE VIVE AGORA EN CÓRDOBA,  NON TIÑA CLASE,  PARA CONECTARNOS CON EL. GUSTOUNOS MOITO QUE NOS CONTARA SOBRE A SÚA NOVA VIDA, O SEU NOVO COLE, PROFES E COMPAÑEIROS. BOTÁMOLO MOITO DE MENOS E PROPUXÉMONOS FACER ALGÚN PROXECTO XUNTOS. IREMOS INFORMANDO A VER O QUE ARGALLAMOS. ASÍ DE EMOCIONADOS ESTABAMOS NA VIDEOCONFERENCIA CON GONZALO, A SÚA NAI E SÚA IRMÁ!!!

 

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

DURANTE A SEMANA DO 23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA, ADICAMOS MOITAS DAS NOSAS ACTIVIDADES A ESTA POETISA GALEGA, REFERENTE DA NOSA LITERATURA, DA NOSA LINGUA E DA CULTURA GALEGA.

AQUÍ DEIXAMOS UNHA MOSTRA DAS COUSIÑAS QUE FOMOS FACENDO DURANTE ESTES DÍAS:

 IDENTIFICAMOS  POEMAS DE ROSALÍA MUSICADOS, INTERPRETADOS POR DIFERENTES ARTISTAS GALEGOS COMO LUZ CASAL, AMANCIO PRADA...POR MEDIO DUNHA TABLET.

 

FIXEMOS ACTIVDADES INTERACTIVAS NO ORDENADOR E RECOLLEMOS DATOS NOS NOSOS CADERNOS.

 

ELABORAMOS MARCAPÁXINAS COA FIGURA DE ROSALÍA E OS SEUS POEMAS:

 

DESFRUTAMOS MOITO E APRENDEMOS UN MONTÓN CON ROSALÍA DE CASTRO!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut