21 DÍAS CO GALEGO E +
ESTE CURSO PARTICIPAMOS DE NOVO NOS "21 DÍAS CO GALEGO E +", UN PROGRAMA DESTINADO A COIDAR, REFORZAR, USAR E VALORAR A NOSA LINGUA. FIXEMOS UN MONTÓN DE ACTIVIDADES DIVERTIDAS: RECOLLEMOS DITOS RETRANQUEIROS EN GALEGO, ELABORAMOS AS FOLLAS PARA A NOSA ÁRBORE DA LINGUA, APADRIÑAMOS A AULA CO GRUPO MUSICAL "FUXAN OS VENTOS" E REMATAMOS CUNHA GALA FINAL E UN CONCERTO DE "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA". DESPOIS DESTES 21 DÍAS SÓ NOS QUEDA SEGUIR FALANDO, ESCRIBINDO E LENDO EN GALEGO... VELAÍ TEDES A MAYA E RAÚL COA CONTA ATRÁS PARA O COMEZO DESTE FERMOSO PROXECTO!!