VISITAMOS A EXPOSICIÓN QUE O CEIPP A RAMALLOSA TEN NO MUSEO DO POBO GALEGO
ESTE VENRES O ALUMNADO DE 4º FOMOS AO MUSEO DO POBO GALEGO PARA VER A EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS ESCOLARES PREMIADOS NA XII EDICIÓN DO PROXECTO DIDÁCTICO ANTONIO FRAGUAS. TRÁTASE DUNHA ESCOLMA DE ELEMENTOS DO NOSO PATRIMONIO MATERIAL E INMATERIAL, COMO OS ENTROIDOS DE GALICIA, A HISTORIA ORAL, A TOPONIMIA, OS XOGOS POPULARES, OS CONTOS, RADIO ESCOLAR, ETC. TRABALLOS REALIZADOS POLOS DISTINTOS CURSOS DO NOSO COLE DURANTE O PASADO CURSO ESCOLAR. ENCANTOUNOS VER OS NOSOS TRABALLOS NUN LUGAR TAN EMBLEMÁTICO COMO O MUSEO DO POBO GALEGO. APROVEITAMOS PARA VER ALGUNHA SALA DO MUSEO, A SÚA FAMOSA ESCALEIRA DE CARACOL E TAMÉN O PANTEÓN DE GALEGOS ILUSTRES, ONDE ESTÁN ROSALÍA E CASTELAO.
PAGA A PENA VISITALA!