O 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz e non violencia coa realización das seguintes actividades:
- Recitamos o poema de Neira Vilas "Cantarola dos nenos". Previamente cada curso traballara na súa aula unha estrofa do poema plasmando graficamente o que representaba dita estrofa. Con todas as ilustracións, realizamos un gran libro que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca.
- Todo o centro participou na actividade "Grúas pola Paz". Coñecemos a historia deste movemento en prol da Paz. Cada alumno deixou un desexo nuha grúa para achegar ao mural colectivo que creamos na entrada do centro.
- Coa mestra de música, practicamos ao longo da semana a coreografía da canción de Paco Nogueiras "Apertas que voan" que cantamos o Día 30 na entrada do cole.
- Para rematar a nosa teacher organizou a actividade "Walk with the Refugees" na que entonamos a canción que hoxendía o Liverpool ten coma o seu himno.