Conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz a través do Arte e o Movemento.
Para celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, a comunidade educativa do noso cole, uniuse nunha emotiva xornada chea de actividades centradas en promover a paz, a harmonía e o respecto mutuo.
Unha das iniciativas destacadas foi a colocación de fitas de cores nas vallas do perímetro escolar, inspirada na obra orixinal da recoñecida artista Rivane Neuenchwader. Estas fitas, adornadas con mensaxes de paz escritas polos propios estudantes, crearon un paisaxe vibrante que simbolizaba a diversidade e a unidade na loita por un mundo libre de violencia.
O alumnado de 5º e 6º E.P. elevou as súas voces no día da Paz e non violencia para dicirlle a quen nos queira escoitar, que non noso cole seguimos tendo SOÑOS. Seguimos crendo nun mundo igual para todos e todas, libres de conflitos, onde os dereitos e as obrigas sexan os mesmos para cada un de nós. Acompañados á guitarra pola mestra en prácticas, Beatriz, a canción gravada só dous meses despois do asasinato do premio nobel da paz, Martin Luther King, encheu o patio da escola de soños e esperanzas nun futuro sen violencia.
Pero a participación do alumnado non se detivo aí. O alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria destacaron ao proceder coa lectura dun manifesto de Paz, previamente elaborado con coidado e reflexión na aula. Este emotivo momento serviu como un recordatorio poderoso da importancia da colaboración e o diálogo na busca dun mundo máis pacífico e xusto.
Ademais, a comunidade escolar deleitouse cunha emotiva coreografía da canción "Móvete" de Paco Nogueiras, que capturou a esencia do movemento como unha ferramenta para a expresión e a conexión. Toda a comunidade educativa participou con entusiasmo, mostrando o seu compromiso con valores fundamentais como o respecto, a solidariedade e a tolerancia.
Durante todo o día, leváronse a cabo diferentes obradoiros e charlas reflexivas nas aulas que fomentaron o diálogo aberto sobre a importancia de construír unha cultura de paz no entorno escolar e máis alá. Estes esforzos non só buscan sensibilizar á comunidade educativa, senón tamén inspirar accións concretas que promovan un cambio positivo na sociedade.
O Día Escolar da Non Violencia e da Paz foi un evento conmemorativo no noso centro que puxo en valor o compromiso colectivo de construír un mundo máis xusto, pacífico e solidario.