O cazo de Lorenzo

Neste curso, o P.D.I. do centro ten como tema central  “Laboratorio Sueiro, campaña de vacinacións contra o Covid...As emocións”. O grupo de 1º e 2 º de Educación Primaria vaise centrar na  tolerancia e no reforzo da autoestima,  mediante o conto “El cazo de Lorenzo”, da escritora Isabelle Carrier. Para así, traballar as relacións coas demais persoas e co mundo que nos rodea. Trátase de partir dos alumnos, do particular (coidar de min) ao máis global (coidar do meu entorno), permitindo así ao alumnado ampliar a súa visión sobre o que é o concepto global de saúde (prevención).

Un conto que contén unha gran lección de vida: todos, nalgún momento da nosa vida, podemos atoparnos ante dificultades que nos parezan insuperables pero, non por iso, hai que renderse nin agocharse nin avergonzarse.

Un conto ilustrado que nos fala da autoestima e da resiliencia, da importancia de converter unha adversidade nunha ocasión para aprender algo máis sobre nos mesmos, nun desafío para mellorarnos e saír máis fortes.

OBXECTIVOS

  • Traballar e fomentar a autoestima, a capacidade de empatía e a expresión emocional nos alumnos.
  • Traballar a tolerancia  como  valor( ser  diferente  os   demais pode  redundar nun      bo  futuro)
  • Tolerar, respectar e definir o diferente.
  • Aumentar o vocabulario a través do texto do conto.
  • Desenvolver actitudes positivas cara o mantemento da saúde.
  • Practicar mindfulness: aprender a xestionar emociones.

ACTIVIDADES REALIZADAS:

  • Lemos o conto e visualizamos o  video.
  • Preguntas de reflexión do conto:
    • Que lle pasou a Lorenzo?
    • Que ten Lorenzo agora que non teñen outros nenos ou nenas?
    • Como ven as outras persoas ese cazo que sempre arrastra Lorenzo?
    • Cita dous inconvenientes que ten Lorenzo por arrastrar ese cazo
    • Axuda alguén a Lorenzo?
    • Que ten tamén esa persoa que axuda a Lorenzo?
    • Como axuda esa persoa a Lorenzo? Cita exemplos.
    • Que pasa ao final con Lorenzo?
  • Colorear algúns debuxos do conto.
  • Facer con plastilina os personaxes.
  • Fichas de comprensión do conto.
  • Comprensión auditiva e visual do conto.
    • Ordear as viñetas do conto.
    • Unir o texto coa imaxe correspondente.
    • Ordena as viñetas e explica o conto.
  • Ficha sobre as cualidades positivas dos compañeiros.
  • Crear o seu propio cazo e introducir as súas cualidades positivas e negativas (plastilina).
  • Colorear o cazo e introducir frases coas cousas que lles custa facer.
  • Creamos o noso propio Lorenzo e o seu cazo para que conten o conto.

Actividades de mindfulness como:

  • Escoitar os sons do exterior da escola e do interior mentres estas cos ollos pechados.
  • Tocar unha campá e pedirlle @s nen@s que escoiten atentamente o son e que levanten as mans cando non escoiten nada.
  • Ofrecerlle unha peza de froita (uva pasa) e pedirlle que a describan cos 5 sentidos como se nunca viran unha cousa igual.
  • Intentar recordar 5 cousas que vexas de camiño á escola, nun tramo de viaxe en coche, na visita a un museo ou nun simple paseo pola rúa.
  • O parte meteorolóxico: Sentados comodamente, pechar os ollos e tomar un tempo para descubrir como se sinten nese momento ¿Que tempo está facendo por dentro?
  • Dicirlle que observe si brilla o sol e se sente relaxado, ou se hai nubes e se está a punto de caer un chaparrón, ou quizais hai tormenta. Pedirlle que se observe de forma amable e curiosa o tempo que fai por dentro e indicarlle que é simplemente o que hai. Pode ser que noutro momento do día cambie, pero agora é como é, e así está ben. Os estados de ánimo cambian como cambia o tempo, pasan por si mesmos.
  • Atentos e quietos como unha rá: A rá é un animaliño que pode dar grandes saltos pero tamén pode quedarse moi quieta, observando todo o que pasa o seu arredor pero sen reaccionar de inmediato, respirando con moita calma. A súa tripa ínchase cando entra o aire e se desincha cando sae o aire. Imos sentarnos e respiramos como unha rá, así, a rá non se cansa e non se deixa arrastrar por todos os plans interesantes que se lle pasan pola cabeza. Durante un ratiño imos estar quietos como a rá, notando como a barriga avúltase un pouco e despois afúndese outra vez.
  • Meditacións guiadas con audios.