Abril 2022

Día do libro 20022

Ao longo da semana do Día do libro realizamos no centro varias actividades das que damos información nas ligazóns das seguintes imaxes:

Contacontos "Luuume" pola mestra María

A profe María, do equipo de biblioteca, realizou un contacontos na biblioteca sobre o libro "Luuume!" de Andrea Freire e que está publicado pola Editorial Antela.

Misto sempre anda alporizado e, namentres, a vida vai sucedendo. A súa familia e amizades tentarán axudalo pero, serán quen de conseguilo?.

Nesta fermosa historia, o protagonista é un pequeno misto que sempre está enfadado, e aprenderá a xestionar a frustración.

No mes de maio teremos un encontro coa autora deste libro na nosa biblioteca.

PDI de centro 2021/2022

Durante este curso, 2021-2022, o Sueiriño XI concienciou e fomentou na nosa comunidade educativa valores esenciais para a defensa do medio ambiente, co proxecto titulado:"O SUEIRIÑO A DIVERSIDADE RESPECTA, TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA!", fundamentado na liña de traballo proposta desde Bibliotecas escolares “A biblioteca escolar ten a palabra”, facilitando así a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que se programaron e dos recursos que puxemos a disposición da comunidade educativa

A nosa proposta presentou un proxecto cooperativo de todo o centro, que partindo da biblioteca, implicou ao alumnado por áreas, cursos, etapas, a todos os membros do claustro, e involucrou a todos os membros da comunidade educativa.

Os principais traballos realizados, ao longo deste curso, iranse plasmando nas diferentes píldoras desta entrada:

Os superrecicladores do cole Aniamigos:sempre ao noso carón

Coidemos da nosa vida...

Todos e todas reciclamos
 DesenlixARTE Salvemos o planeta
Coidemos a creación O Sueiriño a diversidade respecta
Creamos co lixo Aloha Sueiro, coidamos o Kaiapuni!
Planeta verde, planeta azul  

 PDI DE ÁREA

From the Tate to the Sueiro  
 

PDI de 3º EP: Todos e todas reciclamos

Neste curso escolar, o PDI do centro, céntrase no coidado do medio ambiente, e na clase de 3º de primaria, centrámonos na reutilización e reciclaxe dos materias que empregamos a diario, procurando darlle a todo unha segunda vida, e ao que non vexamos posible, enviándoo a reciclar.

Premendo nas seguintes imaxes teredes acceso ao traballo desenvolvido polo alumnado de 3º de EP sobre o PDI deste curso.

 Para reflexionar sobre o traballado neste proxecto, traballamos no club de lectura o seguinte libro:

 

Produto final do proxecto

Como produto final do proxecto desenvolvido polo alumnado de 3º de Ed. Primaria, e con toda a información recollida, elaboramos 3 lapbook, un para cada tipo de contenedor. Neles fomos explicando como empregar os diferentes tipos de contenedores e pór así en práctica os principios dos 3 erres.

Cada equipo presentou ao resto da clase o seu traballo.

O produto final foi exposto na clase e na biblioteca do centro para que poida ser revisado polos membros da nosa comunidade educativa.

Pescudando sobre a reciclaxe

Para realizar esta pescuda de información comezamos motivando ao alumnado coa lectura do lbro dos Bolechas: "Que se bota no contenedor amarelo".

Para afondar na temática visionamos o vídeo relacionado realizado por SOGAMA que explica de forma animada como realizar unha correcta reciclaxe. O vídeo facilitouselle ao alumnado cun QR.

Unha vez revisadas as formas de reciclar, formamos co alumnado da clase tres grupos, e a cada un repartiuselle un tipo de contenedor: verde, azul e amarelo.

...e aquí comezou o proxecto de investigación que desenvolveron na aula e nos ordenadores da nosa biblioteca.

Todos e todas reciclamos. Que significa reciclar.

O PDI do alumnado de terceiro no curso 2021/22 céntrase na concienciacion da necesidade de empregar, con cabeciña, o que nos ofrece a natureza fomentando os 3 RRR.

Comezamos o proxecto pescudando sobre o que consistía reciclar e o significado dos RRR.

Como actividade inicial colocamos na aula contedores para poder reciclar cada tipo de lixo que segundo a súa procedencia.

Florencio Manuel Delgado Gurriarán (2022)

Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu na aldea de Córgomo, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903. Era fillo de Florencio e Consuelo, e o menor dos cinco irmáns.

Estudou a primaria e o bacharelato en Palencia e Valladolid, cidades ás que foi destinado seu pai, que era profesor da Escola de Peritos Agrícolas.

Ao licenciarse en Dereito na Universidade de Valladolid traballou como pasante nun bufete do Barco de Valdeorras, comarca á que lle dedicou no ano 1934 o seu primeiro libro, Bebedeiras.

Ao remate da Guerra Civil exiliouse en México, país no que desenvolveu unha intensa actividade cultural en defensa do idioma galego.

Faleceu en California un 14 de maio de 1987, cando visita unha das súas fillas.

Recuperado do Seminario Galán


RECURSOS EDUCATIVOS


Unha bolsa de patatas fritas na Polinesia

 

Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia é unha novela que mestura fantasía e realidade para tratar un tema tan preocupante como as consecuencias do cambio climático.

Shiya vive feliz xunto á súa familia en Takuu, unha pequena illa da Polinesia.

Un día encontra unha bolsa de patacas e descubre ilusionada que ven de moi lonxe. Pero por algunha razón para os seus pais non é un motivo de ledicia...

Para repasar a biografía do autor do libro realizamos un kahoot do que podedes ver o seu podio na galería de imaxes.

Unha vez rematada a lectura do libro, realizamos un concurso de animación á lectura:

 Por último realizamos un concurso de lectura individualmente coa ferramenta de Kahoot!


 RECURSOS PARA TRABALLAR O LIBRO