Iniciar sesión: Acceso

sextomolondevalon

MARTES, 14 DE ABRIL DE 2020

Bos días chic@s!

Espero que descansárades nestas vacacións tan extrañas que tivemos!

Eu dediqueime a descansar un pouquiño e a traballar outro pouquiño.Estou preparando uns vídeos para poder explicarvos cousas e que vos resulte máis divertido. Estou convertíndome nunha auténtica youtuber!Guay

Empezamos a terceira avaliación, e imos facer uns cambios na maneira que tiñamos de traballar ata o de agora.

Hoxe, como é un día de transición, imos facer un par de cousiñas moi sinxelas.

En primeiro lugar temos un novo horario. Podedes copialo chulo nunha folla para saber sempre o que vos toca. Está en documentos adxuntos.

O segundo que tedes que facer é entrar na páxina de Santillana seguindo o enlacer que mandei as vosas familias para familiarizarvos cos libros. Pasade follas, intentade buscar unha folla en concreto, metede vós solos o usuario e contrasinal,mirade que temas nos faltan por dar...Practicade esas cousas que logo vos darán autonomía para traballar.

En terceiro lugar, como xa todos tedes instalado HANGOUT, revisade o correo, tedes unha invitación a unha conversa. Aceptádela e entrades na conversa de terceiromolondevalon para saudar cunha carita, ok? Así xa confirmo que vos teño a todos por alí e vos ides familiarizando tamén coa aplicación.

E por últimio, tedes que buscar unha libretiña pequena. Se non tedes, construíde unha cuns folios, que será máis chulo tamén! Con dez follas xa nos chegan.

Decorades a portada e poñedes: "DÚBIDAS PARA O VENRES SABICHÓN".

Esa libreta será donde ides apuntar todas as dúbidas que vos vaian surxindo pola semana. Se non poden esperar a ser solucionadas o venres, pois ese mesmo día me escribides un correo ou mo preguntades por HANGOUT. para que vos axude.

Si mirades o horario, vedes que o venres toca videochamada, pois será ahí o momento de solucionar dúbidas, correxir e vernos un pouco.GuiñoO día de poñerse guapo!

Pois esto por hoxe. Revisade esas catro cousas que tedes que facer !

Moitos bicos e ....seguide quedando na casa!

Empeza a aventura! Xuntos conseguirémolo e pasarémolo moi ben!

Lidia.-

VENRES, 2 DE ABRIL DE 2020

Bos días chic@s! Estamos tod@s?

Por fin é venres! E non un venres calquera, venres de vacacións...A semana que ven é Semana Santa e temos vacacións ata o martes 14 de Abril.

Son un montón de días, e xa sabedes que eu son mala malísima ....polo que vos deixo en documentos adxuntos, un cuadernillo de repaso de 3º. Se o podedes imprimir estupendo. Se non podedes imprimilo, pois o facedes na libreta sen copiar os enunciados, poñendo soamente páxina e número de exercicio.

Organizádevos, facendo un pouquiño cada día , en tres días o sacades de diante.

Atención, nestas fichas de repaso de Mate, non fagades os exercicios 11,12 e 13. A non ser que alguén vos axude.

Tamén está aberta a aula virtual, recordade.

Tamén podedes ir as entradas anteriores do blog e facer algún dos xogos que vos deixei o enlace.

Coméntovos a última recomendación de aplicación do trimestre para que poidades usala nas vacacións, xunto coas que vos fun dicindo estas semanas. Chámase BMATH, e con ela, repasando as mates iredes construíndo unha cidade. Animádevos a probala que é moi chula!

En canto as correccións de onte:

C.Naturais

Páxina 69, exercico2

-Os estames teñen no seu extremo uns saquiños en que se produce o pole.

-Cando o ovario madura transfórmase no froito.

O traballo de hoxe vai se máis relaxado, que se note que é venres!

Deixovos este enlace dun xogo con un montón de actividades  para facer na vosa casa, é moi divertido!

MISIÓN PIRATA


Xa case todos tedes instalada a aplicación ZOOM , fáltanme por confirmar Antonio e Ianire. Recordade que hoxe ás 16:00 temos unha cita virtual! Facemos unha videochamada!

Non vos desesperedes se non vai moi ben, temos que ir aprendendo e eu non teño moi boa cobertura. Ademais está tanta xente empregando estes medios, que penso que fai que se relentice todo.

E por último, adicarlle esta clase as tres pitiflaúticas IANIRE, CELIA E NADIA, para que bailedes todos un pouco!

Ata a tarde! Poñédevos guapos!

Mil bicos!

ÁNIMO CHICOS! GANAREMOS A BATALLA!

QUEDADE NA CASA!

LIDIA.

XOVES, 2 DE ABRIL DE 2020

Bos días chic@s! Estamos tod@s?

Antes de nada, a proba de enviarme onte un exercicio de Mate, foi moi ben. Enviástela todos e seguindo as indicacións que vos din. Para a próxima a ver si podedes poñer en asunto, o voso nome.

Como vos foi co trabalinguas? Eu por máis que o intento non hai forma de dicilo rápido, trábaseme a lingua!

Lucas envioume unhas fotos dunhas galletas xeniais, non sei como saberían , pero tiñan unha pintaza! De monstruítos! Xa lle dixen que me enviara a receita, pedídella vós tamén se queredes....está feito un cociñeiro!

Eu estiven investigando aplicacións para poder conectarnos e facer videochamadas para explicarvos contido novo. Imos probar unha que se chama ZOOM. Tedes que instalala como unha aplicación calquera. FACÉDEO CON AXUDA DA VOSA FAMILIA.

Intentade cambiarlle o idioma para que estea en castelán. A propia aplicación non ten a opción , se a instala en inglés, decídemo e dígovos como cambialo.

Cando todos a teñades, enviádesme un correo de confirmación e podemos empezar. Por favor, empregade sempre o mesmo correo para comunicarvos comigo, porque despois xa non sei a que correo teño que contestar.

Non sei se vos fixástedes que agora aparecen máis blogs na páxina web. É porque xa vai estar todo clasificado, polo que vós tedes que seguir vendo este pero tamén estade atentos o de 3º e 4º, porque Marta pode poñervos alí as cousas de C.Sociais. Begoña poñeravos neste as cousas de Inglés, de feito xa tedes unha entrada dela.

Con respecto ao traballo de onte, as correccións de Mate:

Páxina 121

Exercicio 9 . Longitud de 525 metros.

Exercicio 10. Compra 435 baldosas en total.

Hoxe imos traballar de Galego.

Colledes o libro de texto e vos poñedes na lectura do tema 2 e logo facedes os exercicios de comprensión lectora 1 e 2.

Collemos C.Naturais

Da páxina 69, ledes a nutrición nas plantas.

Copiades na libreta o esquema da nutrición das plantas e debaixo copiades os tres puntos en negrita que veñen no apartado coa explicación.

A continuación facedes da páxina 69 o exercicio 2.

Facemos dúas fichas de repaso da primeira avaliación.

Para cando acabedes todo, ou para pola tarde, deixovos este xogo en galego tan divertido!

É mellor xogar  con algúen!

https://view.genial.ly/5e720df40ee9570f5b714b86

E ata aquí, hoxe xa tedes bastante traballo. Recordade instalar o ZOOM, a ver se pode ser para pola mañá e vemos se o podemos probar entre hoxe e mañá. Así nos vemos, que xa teño ganas!

A clase de hoxe voulla adicar a Martín, que me enviou unha foto dunha construcción de Lego moi molona e a min tamén me encantas os Lego! A ver se che gusta! Está en inglés, pero vale a pena!

MOITOS BICOS CHICOS!

ÁNIMO QUE XA É XOVES! QUEDADE NA CASA!

LIDIA.-

MÉRCORES, 1 DE ABRIL DE 2020

MÉRCORES, 1 DE ABRIL DE 2020

Bos días chic@s! Como vai iso?

Novo mes! Hoxe empeza Abril, o mes das “augas mil”...e pensando niso, decidín que hoxe a clase ía ser adicada con refráns e trabalinguas , que vos parece? Pero iso será ao final de todo.

Primeiro imos correxir o traballo de onte, de C. Naturais en primeiro lugar.

Páxina 62 exercicio 3

-Reprodución sexual.

-Para respirar, xa que respiran mediante pulmóns e necesitan sair a superficie para coller osíxeno.

-Porque respiran por branquias o osíxeno que está disolto na auga.

-Non teñen patas, teñen aletas. E non teñen escamas porque son mamíferos.

De LINGUA GALEGA tiñades que escoitar o conto e anotar os animais que saían. Eran a raposa, o oso, o gato, o mono , o porco e finalmente o moucho.

O traballo de hoxe é o seguinte:

Facedes dúas páxinas do repaso do primeiro trimestre.

De Matemáticas

Páxina 121 exercicios 9 e 10.

Páxina 122 exercicio 2 (tedes que copiar ese gráfico na libreta e subir as barras ata a cantidade que marca. A cor azul é para as pesas, e o amarelo para as bicis).

ATENCIÓN Cando fagades este último exercicio, lle sacades unha foto e a enviades ao meu correo electrónico cartamil8@gmail.com. En asunto poñedes “exercicio mate” e soamente adxuntades a foto. Intentade facelo vós solos, para ir practicando, porque despois de Semana Santa, mandarei de forma máis frecuente enviarme tarefas.

De Lengua Castellana

Página 105 ejercicio 10

Tedes ahora un enlace de un xoguiño para practicar un pouco (facedes  o de la oración: las partes)


http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos_MundoPrimaria/cyl-2018-lengua/lengua/cursos/03-tercero/index.html

Fai tempo que non vos recomendo unha aplicación, pois hoxe é o día "SMILE AND LEARN" é un app moi divertida na que podedes repasar contidos de un montón de áreas. Aprender xogando, que é o que nos gusta no terceiromolondevalon!

E hoxe a clase está adicada a ....SARA E EMILIO! Como vos dixen ao comezar a clase, hoxe vai de trabalingüas e refráns, deixovos un video con varios deles moi graciosos. O mérito está en memorizalos e decilos moi rápido.

Pero se vos apetece eu propóñovos tamén que intentedes decir tres veces moi rápido:

CAFE JAPÓN

A min cóstame moitísimo! Sería xenial que vos deixasen facer unha videochamada ou enviar un audio decíndoo ao grupo que tedes de wathsapp.

MIL BICOS !

ÁNIMO! QUEDADE NA CASA!

LIDIA

ENGLISH IN ACTION

Good afternoon! Por fín cambiamos o saúdo! Déixovos aquí dúas actividades para repasar as accións en inglés. Non chega con darse conta do que é cada cousa, e se o tivérades que dicir? Saberiades? Agardo que á volta teña unha resposta afirmativa!

E antes escoitade unha cancionciña moi infantil que a mín me molou e xa lla enviei aos de 1º e 2º, chámase Bye, Bye virus!

Cantádea ben alto a ver si funciona!

E despois practicade ACTIONS!!!!!!

Distribuir contido