MÉRCORES, 1 DE ABRIL DE 2020
Bos días chic@s! Como vai iso?
Novo mes! Hoxe empeza Abril, o mes das “augas mil”...e pensando niso, decidín que hoxe a clase ía ser adicada con refráns e trabalinguas , que vos parece? Pero iso será ao final de todo.
Primeiro imos correxir o traballo de onte, de C. Naturais en primeiro lugar.
Páxina 62 exercicio 3
-Reprodución sexual.
-Para respirar, xa que respiran mediante pulmóns e necesitan sair a superficie para coller osíxeno.
-Porque respiran por branquias o osíxeno que está disolto na auga.
-Non teñen patas, teñen aletas. E non teñen escamas porque son mamíferos.
De LINGUA GALEGA tiñades que escoitar o conto e anotar os animais que saían. Eran a raposa, o oso, o gato, o mono , o porco e finalmente o moucho.
O traballo de hoxe é o seguinte:
Facedes dúas páxinas do repaso do primeiro trimestre.
De Matemáticas
Páxina 121 exercicios 9 e 10.
Páxina 122 exercicio 2 (tedes que copiar ese gráfico na libreta e subir as barras ata a cantidade que marca. A cor azul é para as pesas, e o amarelo para as bicis).
ATENCIÓN Cando fagades este último exercicio, lle sacades unha foto e a enviades ao meu correo electrónico cartamil8@gmail.com. En asunto poñedes “exercicio mate” e soamente adxuntades a foto. Intentade facelo vós solos, para ir practicando, porque despois de Semana Santa, mandarei de forma máis frecuente enviarme tarefas.
De Lengua Castellana
Página 105 ejercicio 10
Tedes ahora un enlace de un xoguiño para practicar un pouco (facedes o de la oración: las partes)
Fai tempo que non vos recomendo unha aplicación, pois hoxe é o día "SMILE AND LEARN" é un app moi divertida na que podedes repasar contidos de un montón de áreas. Aprender xogando, que é o que nos gusta no terceiromolondevalon!
E hoxe a clase está adicada a ....SARA E EMILIO! Como vos dixen ao comezar a clase, hoxe vai de trabalingüas e refráns, deixovos un video con varios deles moi graciosos. O mérito está en memorizalos e decilos moi rápido.
Pero se vos apetece eu propóñovos tamén que intentedes decir tres veces moi rápido:
CAFE JAPÓN
A min cóstame moitísimo! Sería xenial que vos deixasen facer unha videochamada ou enviar un audio decíndoo ao grupo que tedes de wathsapp.
MIL BICOS !
ÁNIMO! QUEDADE NA CASA!
LIDIA