Iniciar sesión: Acceso

sextomolondevalon

GALICIENCIA 2020

Este ano o alumnado de 5º e 6º de Primaria, participamos na edición de Galiciencia 2020.

Dende o Parque Tecnolóxico de Galicia , participamos en dúas sesións on line.

Na primeira parte faláronnos da importancia da ciencia na vida e máis na saúde dado o momento que estamos a vivir. Gustounos moito a parte de Intelixencia Artificial, donde nos deron algunhas recomendacións para experimentar na casa (todas son de sinxelo acceso dende o buscador Google):

- Teachable machine (proxecto imaxe de IA)

-Lipsyne Youtube. Programa no que fas un playback e fai unha valoración do ben que cantas.

-Freddie Meter. A través do mítico grupo Queen, este programa pode valorar o ben que cantamos.

-Have i been pwned? Pregunta que lle podemos facer a Google para saber se a nosa conta de correo electrónico foi pirateada algunha vez.

-Phishing quiz Google. Test para averiguar se somos avispados gardando a seguridade dos nosos datos na rede.

No segundo día de Galiciencia puidemos seguir unha clase de electricidade gracias a uns materiais que nos mandaran previamente.

Conectamos cables, falamos de carga eléctrica, de polos opostos...emocionados quedamos e con ganas de máis!

Encantou nos esta edición e seguro que repetiremos!

PRINCIPIO DE CURSO

Empezamos un novo curso cheo de novos compañeiros, dúbidas, ganas...e un lote de novas sensacións que co paso dos días se foron transformando e adaptando a nova realidade do cole.

Dentro de todo o protocolo que temos que cumprir por un ben común, intentaremos ter unhas clases divertidas e amenas, nas que xogaremos, superaremos retos, aprenderemos e medraremos nun entorno o máis respetuoso posible.

Imos aló!

 

MÉRCORES, 17 DE XUÑO DE 2020

Bos días chic@s!

Agora si que empeza a conta atrás para as vacacións deste curso tan raro que nos tocou vivir.

Non quería deixar de agradecervos estes dous anos que estiven con vós traballando, experimentando, rindo, xogando, paseando, lendo, aprendendo...soamente podo recordar bos momentos nos que vos vexo xuntos, axudándovos uns aos outros, acompañándovos e entusiasmados con cada nova proposta (sobretodo se tiña recompensa!Guiño)

Sodes un grupo xenial e esta tempada penso que vos comportástedes como verdadeiros campións.

Nesta batalla contra o COVID fóstedes uns dos que más perdéstedes. Tivéstedes que renunciar ao cole, aos amigos, as actividades , ao voso ocio, a ver a familia....e todo iso sen entender moi ben o que pasaba ao voso redor. Adaptástesvos a unha nova situación para todos de teletraballo, no que tivéstedes unha resposta estupenda. Entendo que agora xa ides algo cansos e non apetecía tanto traballar, pero aínda así, déstedes o que se vos pediu en cada momento.

Se teño que escoller una imaxe de todo este tempo, sen dúbida quédome con esta. Cada un coa súa personalidade, aportando ao grupo cousas diferentes pero igual de valiosas.

Xogade moito ao aire libre, gozade coa familia, seguide practicando esas cousas que aprendéstedes durante o confinamento (cociña, experimentos, bici, construccións...), experimentade, poñédevos un reloxo na man, pagade no súper, calculade pesos...aprendede xogando!

Lede un bo libro, seguro que pola casa tedes algún que aínda non empezástedes. Se pode ser en galego mellor, así collemos un pouco de vocabulario.

Se eu algo aprendín nesta experiencia, foi a valorar o que teño preto, os momentos e a familia e amigos. Que non nos falte eso nunca!

Quérovos moito! A coller forzas este verán para en Setembro recuperar o tempo perdido!

Déixovos uns materiais por si en verán vos apetece traballar un pouquiño! Nas librerías e areas comerciais tamén tedes un montón de cuaderniños de verán moi divertidos.

Vémonos mañá!Guay

MULTIPLICAMOS

https://view.genial.ly/5ee0bfd27da86f0d8c910741/game-juego-de-las-multiplicaciones?fbclid=IwAR02xuHy3s6Mbo28jSdOzpK-auec9znA13yvv-HTISmCNHTqipIhMEg6Yh4

REPASO DE LENGUA

https://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/TERCERO/datos/02_Lengua/datos/rdi/menu_general.htm

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Boecillo/lengua/Cofre2/index.htm

REPASO MATE

https://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/TERCERO/Programa/mates_rdi.htm

https://www.arcademics.com/

REPASO CIENCIAS

https://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/TERCERO/Programa/cono/02recursos.htm

http://www.eresuncientificosabio.csic.es/index.php

MÉRCORES, 3 DE XUÑO DE 2020

Bos días chic@s!

Aquí tedes as solucións aos problemas de Mate. Xa sabedes que vai un erro, mandádeme unha mensaxe cando o atopedes.

PROBLEMA13--tienen 48 rotuladores.

PROBLEMA14--tiene que crecer 16 cm.

PROBLEMA15--84 botellas.

PROBLEMA16--hay varias opciones, pero por ejemplo:

-dos billetes, uno de 50 y otro de 10 , y tres monedas de 1

-3 billetes de 20 , una moneda de 2 y otra de 1

-6 billetes de 10 y tres monedas de 1

Deberíades estar traballando co proxecto de Magallanes, polo menos esta semana ir facendo a primeira parte. A segunda parte é máis de investigación, na que tedes que cubrir o caderno de bitácora.

O venres na videochamada imos correxir ata a páxina 21 aproximadamente, a primeira parte de actividades. Tedes  que telo con vós para correxilo entre todos.

Falamos como sempre ás 11:30!

Mil bicos molones!

Vémonos o venres!

Lidia.-

LUNS, 1 DE XUÑO DE 2020

Bos días chic@s!

Chegamos a Xuño! A recta final deste curso medio raro.

Temos unha proposta de traballo final moi chula. Tédelo todo explicado na páxina principal da web do cole. É un proxecto sobre Magallanes, o noso fío conductor este curso.

O proxecto ten varias actividades con diferentes niveis, a idea é que fagades as que se adapten ao voso nivel. Xa veredes que algunhas son moi sencilliñas para infantil.

Contade que tedes como dúas semanas para facelo. É moi completo, adicádelle tempo a actividade final para facer un traballo xa case de nivel de cuarto!

Teredes que imprimilo, polo que, quen o necesite que mo faga saber  para poder ir ao cole a buscar unha copia.

Déixovos un traballo complementario de Mate. Imos rematar o caderniño de problemas para o mércores. Como sempre, poñereivos as solucións con algún erro que tedes que descubrir.

Quédavos outra vez en documentos adxuntos.

Se tedes algunha dúbida preguntádeme sen problema!

Mil bicos chic@s!

Xa case o conseguimos!

LIDIA.-Guay

Distribuir contido