Iniciar sesión: Acceso

sextomolondevalon

Xoves, 28 de Maio de 2020

Bos días chic@s!

Déixovos aquí a plantilla para que cubrades coa receita que vos pedín que fixérades fai dúas semanas, recordades?

Podedes facela imprimindo o documento ou escribindo sobre el.

Se o facedes imprimindo, a ser posible facédeo a cor. Se non podedes, decídemo e solucionamos.

Cando o teñades, sacádeslle unha foto ben encuadradiña e comprobades que se le sen problema.É un traballo para a revista do cole, intentade que sexa curioso. Logo enviádesmo ao correo.

Se escribides sobre el e xa lle poñedes a foto ou debuxo, enviádesmo así ao correo.

Se algún ten algunha dúbida, non vos preocupedes en preguntar!

Bicos!

Lidia

MÉRCORES, 27 DE MAIO DE 2020

Bos días chic@s!

Como levades a faceta de escritor? Espero que lle esteades adicando algo de tempo ao traballo de igualdade que vos propuxemos o luns, xa que é dos últimos traballos que teredes que entregar. É  ese último esforzo antes de chegar a meta!

Recordade entregalo como data límite este venres.

Como quedamos, póñovos as solucións aos deberes de Mate. Vai un erro polo medio, descubrídeo e enviádeme unha mensaxe a través de Hangouts como a semana pasada.

Problema 7..25 alumnos

Problema 8..Sergio 142 cm, Álvaro 151 cm y Mario 158 cm

Problema 9..Ha crecido 11 cm

Problema 10..El viaje dura 1 hora y 20 minutos

Problema 11..Reparte 6 canicas a cada uno

Problema 12..La play cuesta 184€

Déixovos agora uns enlaces a xogos para repasar contidos xa traballados.

CIENCIAS

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/cplosangeles.juntaextremadura.net/web/curso_3/naturales_3/dieta_3/dieta_3.html

http://ceiploreto.es/sugerencias/agrega_cono/El_descanso_de_Raul/contenido/escenario.html

LENGUA

https://view.genial.ly/5e96085627cb3a0e10790406

Ata aquí por hoxe. Recordade enviarme hoxe o erro dos problemas de Mate!

Mil bicos molones!

Vémonos pronto!

Lidia

LUNS, 25 DE MAIO DE 2020

Bos e calurosos días chic@s!

Preparados para arrancar a última semana de Maio?

Xa vos adiantei o venres, que esta semana imos facer un traballo que nos propón o Club de Letras. Trátase de darlle un volta a un conto tradicional buscando un cambio de roles que se adapte máis a realidade actual.

Tédelo explicado no adxunto que atopades máis abaixo.

O traballo podedes facelo por escrito ou co ordenador e tedes que entregalo antes do venres 29 de Maio a través do correo electrónico.

Se o facedes a man, revisade a foto que lle saquedes para que se vexa ben a letra.

Déixovos unhas recomendacións para que teñades en conta antes de poñervos a escribir:

1º Escribir todas asideasque atopes ou che veñan á cabeza, A SUCIO

2º Organiza esas ideas na orde en que queres que aparezan.

3º Faun borrador.

4º  Revisa e corrixe( ortografía, puntuación...)con calma o borrador

5º Pásaa a limpo coa mellor letra e presentación posible.

En canto a MATEMÁTICAS, imos facer os problemas 7, 8 , 9, 10, 11 e 12 do caderniño de problemas que vos din o luns pasado e que vos volvo a deixar aquí. Son para mércores, día no que vos poño as solucións con un erro que tedes que atopar e comunicarme.

Quédavos traballiño, non moito....non  vos queixedes!

Recordade preguntar tódalas dúbidas que teñades!

Ánimo que xa queda pouco!

Mil bicos molones!

Estámolo conseguindo!

Lidia.-

MÉRCORES, 20 DE MAIO DE 2020

Bos días chic@s!

Menudos días de veranito temos! A ver se pronto nos deixan ir ata as praias a bañarnos....eu estouno desexando!

Esta semana tedes que facer o traballo das Pioneiras, xa sabedes. Buscade a información en internet e logo entregades o traballo no cole ou o enviades por correo electrónico ao cole ou titoras.

Eu vou a deixarvos uns xogos de repaso :

LENGUA

http://www.xtec.cat/~jgenover/sinonimia0.htm

http://www.genmagic.net/sopasdeletras/antonimos.swf

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/cplosangeles.juntaextremadura.net/web/curso_3/vocabulario_3/polisemia_3/polisemicas01.htm

CIENCIAS

https://cplosangeles.educarex.es/web/cmedio3/nuestrocuerpo/indice.htm

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/cplosangeles.juntaextremadura.net/web/curso_3/naturales_3/etapas_vida_3/etapas_vida_3.html

O venres temos videochamada, propóñovos un xogo. Tedes que facer unha breve descrición de un compañeiro de clase ou dunha profe, lédela e o resto intentamos averiguar de quen se trata.

Recordade ir dando datos máis globais ao principio para logo ir concretando cousas...por exemplo...é unha persona (non digo se neno ou nena) moi simpática (por agora pode ser calquera). Gústalle moito ler libros de fútbol (todavía non concretei). Mide máis ou menos como eu (xa vou concretando), entendedes?

Podedes empezar dando datos de gustos e forma de ser e logo ir dando datos físicos.

Recórdovos que sodes varios os que aínda non me enviástedes donde estaba o erro nas correccións dos deberes. Xa vos dixen, que cada un ten que buscar o horario que mellor lle veña, pero intentade levar os deberes ao día. É moito máis satisfactorio para un mesmo ter o traballo feito!

O venres vémonos!

Mil bicos molones!

Estádelo facendo moi ben!

Lidia

MARTES, 19 DE MAIO DE 2020

Ola chic@s! Como vos dixen onte, aquí tedes o vídeo para correxir o caderiniño de Ricardo Carvalho Calero. Espero que vos guste!

Moitas grazas aos que participástedes!

Correcciones de Matemáticas:

Problema 1--Julia 10, Juan 18 e Tomás 21

Prooblema 2--12 verdes, 8 rojas, 17 amarillas

Problema 3--rotuladores 12, lápices 36

Problema 4--Adrián tiene 16 euros

Problema 5--105 minutos, o lo que es lo mismo, 1 hora y 45 minutos

Problema 6--Mateo 42, Lucas 34 y Santi23

ATENCIÓN---HAY UN ERROR EN LAS CORRECCIONES.

CUANDO SEPAS CUAL ES PORQUE NO COINCIDE CON TU RESULTADO Y ESTÁS SEGURO QUE A TI TE VA BIEN....ESCRÍBEME UN MENSAJE PRIVADO POR HANGOUTS PARA DECÍRMELO.

PON EL NÚMERO DEL PROBLEMA Y EL VERDADERO RESULTADO.

Mil bicos chic@s!

Distribuir contido