Iniciar sesión: Acceso

Xoves, 28 de Maio de 2020

Bos días chic@s!

Déixovos aquí a plantilla para que cubrades coa receita que vos pedín que fixérades fai dúas semanas, recordades?

Podedes facela imprimindo o documento ou escribindo sobre el.

Se o facedes imprimindo, a ser posible facédeo a cor. Se non podedes, decídemo e solucionamos.

Cando o teñades, sacádeslle unha foto ben encuadradiña e comprobades que se le sen problema.É un traballo para a revista do cole, intentade que sexa curioso. Logo enviádesmo ao correo.

Se escribides sobre el e xa lle poñedes a foto ou debuxo, enviádesmo así ao correo.

Se algún ten algunha dúbida, non vos preocupedes en preguntar!

Bicos!

Lidia

AdxuntoTamaño
ficha recetario_Mesa de trabajo 1.jpg757.16 KB
ficha recetario_Mesa de trabajo 1.jpg757.16 KB